CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 26-27-28 ABRIL

O As Pontes visita o domingo ao Ribadeo

Despois de asegurar o título e o ascenso, e tralo parón de Semana Santa, o As Pontes retoma a competición visitando o domingo o complicado Pepe Barrera, 16:30, en encontro arbitrado por Martín García Gómez (A Coruña).

O equipo da Mariña é sexto clasificado, o mellor dos que non forman parte do quinteto de cabeza, cunha gran segunda volta, na que suma nove triunfos, tres empates e só dúas derrotas.

O Pepe Barrera é un fortín e só o Arzúa conseguiu gañar aló, 1-2. Polo demáis, oito triunfos e sete empates do equipo local.

O gran Mauro Poratti con oito tantos é o máximo goleador. Si ben nos duelos no Poboado o As Pontes suma doce triunfos por unha soa derrota, máis igualados son os partidos no Pepe Barrera con cinco triunfos para cada equipo e dúas igualadas.

Que iso si, non gañan os azuis dende a 1983-84. Nas tres últimas visitas un empate e dúas derrotas.

PREFERENTE NORTE

RIBADEO FC-CD AS PONTES (PEPE BARRERA, DOMINGO 28, 16:30)

FEMININO

CD ROSALÍA-CD AS PONTES (O LAMEIRO, SÁBADO 27, 17:00)

XUVENIL A

CD AS PONTES A-URAL CF B (SÁBADO 27, 17:00)

CADETE

AD MIÑO-CD AS PONTES (GALLAMONDE, SÁBADO 27, 11:30)

INFANTIL

ÁNIMAS SCDR-CD AS PONTES (A GÁNDARA 1, VENRES 26, 19:30)

ALEVÍN

CD AS PONTES A-MEIRÁS CF B (VENRES 26, 17:30)
ÁNIMAS SCDR -CD AS PONTES B (A GÁNDARA 3, VENRES 26, 18:00)

BENXAMÍN

CD AS PONTES A-RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 27, 11:00)
RÁPIDO DE NEDA B-CD AS PONTES B (VENRES 26, 19:15)

PREBENXAMÍN

CD AS PONTES A-CEDEIRA SD B (SÁBADO 27, 12:00)
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES B (A GÁNDARA 4, VENRES 26, 18:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo viaxa ao Barco de Valdeorras

O Esteo pontés de fútbol sala visita este sábado ao equipo ourensán do Pizarras Los Tres Cuñados, cuarto clasificado con 46 puntos.

Complicada pista a ourensá onde o Esteo so foi quen de conseguir na Segunda B, dous empates, por tres derrotas, resumidos en 2-1, 5-5, 5-1, 3-3, e 5-1.

SEGUNDA DIVISIÓN B (26ª xornada)
PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS FS-O ESTEO FS 
Sábado 27 – Abril – 2019 (18:00)
Polideportivo de Calabagueiros
(O Barco de Valdeorras)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s