CD As Pontes Feminino

COPA DO MUNDO DE MEDELLÍN

Un gran Dani Castro alcanza os cuartos de final

Os arqueiros ponteses do Clube Silex, Miguel Alvariño e Daniel Castro desprazaronse esta semana á cidade colombiana de Medellín para a disputa da primeira proba da Copa do Mundo.

Nas tiradas previas o mellor español foi Pablo Acha, 13º con 677 puntos, seguido de Miguel Ángel Pifarre, 17º con 669, Dani 21º con 666, e Maikel, 45º con 651 puntos.

Nas roldas eliminatorias o que mellor actuación tivo foi Dani, que venceu sucesivamente aos canadianses Nguyen (6-2), e Peters (7-3), ao doble campión olímpico Marco Galiazzo 6-5 na frecha de desempate, perdendo en cuartos de final co holandés Sjef Van den Berg, cuarto en Río, por un axustado 4-6.

Pola súa banda Alvariño venceu ao arxentino Sabado (6-0) e ao subcampión olímpico galo Valladont (6-4), perdendo nos dezaseisavos nun duelo fratircida ante Pablo Acha por 2-6. Tanto Pablo como Pifarre alcanzaron os oitavos de final.

Na competición por equipos un moi xove equipo español formado por Pablo, Miguel Ángel e Dani sucumbiu na primeira rolda 1-5 ante o sorprendente combinado de Cuba.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS-O ESTEO FS (7-6)

O Esteo cae pola mínima ante o cuarto clasificado

O Esteo pontés de fútbol sala perdeu este sábado na súa visita a Ourense por 7-6. Prantou cara e puxose ata tres veces por diante ata que os locais se marcharon 4-3 ao descanso.

A partires de aí foron sempre a remolque ante un dos grandes da categoría e pese a tentalo ata os últimos instantes non puideron puntuar.

Sétimos con 41 puntos, reciben entre semana ao Leis de Pontevedra, duodécimo, no que será derradeiro encontro na casa, pois o penúltimo de Liga co Prone quedará co resultado de 7-0.

Por outra banda, Jacobo xa suma 27 goles, os mesmos que Pana o ano pasado, a un do récord de 28 de Martín.

FICHA TÉCNICA:

PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS FS: Vedo, Dilín, Bruno, David, Bencho – cinco inicial – Javi, Durán, Corzo, Kiko, Juanma.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Pana, Rober, Bruno, Troncho, Dani.

GOLES: 0-1, Jacobo (4´), 1-1, Bruno (7´), 1-2, Rober Paz (8´), 2-2, David (10´), 2-3, Jacobo (13´), 3-3, Bencho (17´), 4-3, Bruno (19´). 5-3, Durán (22´), 6-3, David (23´), 6-4, propia meta (24´), 6-5, Bruno (25´), 7-5, Juanma (28´), 7-6, Jacobo (32´).

ÁRBITROS: Cabo Martínez, Vanegas Betancourt, Fernández Rodríguez (Asturias). Amarelas Vedo, Bencho, Javichu e Pana.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de Calabagueiros (O Barco de Valdeorras). Uns 150 espectadores.

Nova cortesía Moisés Fernández e Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. RIBADEO FC 4 – CD AS PONTES 3

Merecido triunfo do Ribadeo ante un As Pontes que maquillou o marcador no tramo final

O As Pontes sufriu este domingo á tarde en Ribadeo a súa segunda derrota da tempada. Os hoxe verdinegros comezaron ben o partido, con dúas boas ocasións para Dani, nunha chegalle o balón de costas e non consigue orientalo ben cando se pranta so ante o porteiro (13´), e logo tras recibir un pase de Josiño remata por alto na área pequena (20´).

Ata que tras unha falta ó borde da área o Mago de Viveiro Bossa sacou a súa luva e colou o balón por baixo pegado ao pau, e a pesares da estirada Prieto non consigue atallalo (23´). Incluso despois Erni pica o balón, e despexa como pode o porteiro casi conseguindo o segundo (25´).

Pero aí desapareceu o As Pontes. Con algo de vento a favor os locais dominaron o último tramo, anotando antes do descanso nunha xogada na que tras varios rexeites lle cae o balón a Brais e completamente so bate de tiro cruzado a Pelayo (36´).

No inicio do segundo tempo e co vento que hoxe daba por momentos no Pepe Barrera correndo a favor dos visitantes foron os locais os que prolongaron o dominio anterior ao descanso. Avisaron cun lanzamento de Santi, no que Pelayo fai un paradón, e despois do rexeite envía o balón fora Luqui (54´).

Pero pouco despois Javicho gañalle as costas á defensa e bate a Pelayo marcando de tiro cruzado (56´). A pesar de que respondeu o As Pontes pronto, cun tiro de Erni que sacan entre o longueiro e o porteiro (57´) e unha internada de Pardo na que casi introducen no despexe o balón na súa porta (58´), os locais voltaron a ter dúas ocasións moi claras nas que o balón se pasea pola área pontesa, coa porta baleira, sen atopar rematador.

Ata que Luqui lle gaña a partida a Alex, vaise completamente so por banda, regatea a Pelayo e marca a porta baleira (69´), e noutra contra visitante, dispara libre de marca Criss, despexa como pode Pelayo, e marca Aitor a porta baleira chegando completamente so o 4-1 (82´).

Buscou o gol á desesperada o As Pontes no tramo final, e nunha xogada na que controla o balón Carlos na área, fai un quiebro e marca moi axustado ó primeiro pau (86´), poñendo o 4-2 co seu 23º tanto da Liga. Pero pouco despois puido sentenciar o cadro da Mariña pois noutra xogada na que volve a quedar so outro xogador, tivo que voltar a salvar Pelayo con outro paradón a Dani Prieto (87´).

Xa no desconto, tras un pase de banda, deixa pasar o balón Fidi, e cun remate dende o borde da área axustado ao pau o Mago de Viveiro Bossa facía o 4-3, no seu décimo tanto da campaña e o número 80 co As Pontes en Liga, pero sen tempo para máis (91´). Debutou o xuvenil Alberto Rodríguez.

Ribadeo FC. Prieto, Mario, Roi, Luki (Criss 70´), Fernando (Dani Prieto 76´), Santi, Mauro, Javicho (Aitor 74´), Brais, Isma (Juanma 67´), Samu.

CD As Pontes. Pelayo, Adrián, Alex, Martín (Sánchez 60´), Rivas, Dani, Josiño (Quique 60´), Bossa, Erni (Alberto 74´), Fidi, Pardo (Carlos 60´).

Goles: 0-1, Bossa (23´), 1-1, Brais (36´). 2-1, Javicho (56´), 3-1, Luqui (69´), 4-1, Aitor (82´), 4-2, Carlos (86´), 4-3, Bossa (91´).

Árbitro: Martín García Gómez (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Crespo Rodríguez e Ballester Martínez. Amarela a Javicho, Samu, Fernando e Traba.

Campo e incidencias. Pepe Barrera, uns 150 espectadores en tarde soleada e con moito vento por momentos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 26-27-28 ABRIL

O BENXAMÍN A E O PREBENXAMÍN B CAMPIÓNS DE LIGA. 75 TÍTULOS COMARCAIS PARA O CLUBE

FEMININO

CD ROSALÍA-CD AS PONTES (2-1, Paula Castro)

Derrota do feminino 2-1 ante o Rosalía de Vilaboa, a pesar de adiantarse no marcador no primeiro tempo, que lle complica o pase á seguinte rolda dado que ten que visitar ó Perlío e recibir ó complicado Maniños. Terceiras con 6 puntos.

XUVENIL A

CD AS PONTES A-URAL CF B (0-2)

Incapaz o Xuvenil, no día do retorno de David Pájaro, nun partido que xa encarrilaron os visitantes antes do descanso cos tantos de Santiago. Cuartos pola cola con 27 puntos antes de visitar ó quinto Compostela.

CADETE

AD MIÑO-CD AS PONTES (1-4, Xoel Purriños 3, Adrián Bellas)

Vitoria do Cadete a domicilio con hat trick de Xoel. Xa confirmado que acabarán de terceiros na liga dos mellores, e sobre todo terán o premio de xogar o play off de ascenso. Con 44 puntos reciben ó líder e xa campión Caranza B na derradeira xornada.

INFANTIL

ÁNIMAS SCDR-CD AS PONTES (5-3, Anxo Blanco 2, Yeray)

Primeira derrota na fase de campións ante o Ánimas que toma o liderato cun punto de ventaxa. Os de Rivas inician a segunda volta segundos con seis puntos e visitan ó Caranza C, aínda sen puntuar.

ALEVÍN

CD AS PONTES A-MEIRÁS CF B (4-2, Andrea Cruz 2, Sergio Vázquez, Nico Meizoso)
ÁNIMAS SCDR -CD AS PONTES B (2-1, Diego Ortigosa)

Vitoria na casa e derrota pola mínima a domicilio dos Alevíns. O A, cuarto con 34 puntos visita ó Portuarios B, oitavo. O B recibe ó Portuarios, líder.

BENXAMÍN

CD AS PONTES A-RÁPIDO DE NEDA (4-1, Naúl Suárez, Alex Basanta, Felipe Riveira, Iván Rodríguez)
RÁPIDO DE NEDA B-CD AS PONTES B (5-1, Xoel Galego)

O Benxamín A logrou este sábado un fito histórico para o clube pois gañou a Liga dos mellores, tras vencer 4-1 ao Rápido de Neda, e a sorprendente derrota un par de horas despois do Narón O Freixo ante o Ortigueira B 3-5. Consiguen ser o mellor dos 40 equipos da comarca de Ferrolterra.Na vindeira semana visitarán ao Racing de Ferrol xa co título no peto con 43 puntos por 38 dos naroneses. Derrota 5-1 do Benxamín B pese a adiantarse no marcador. Sétimos con 23 puntos despiden a Liga recibindo ó quinto Meirás.

PREBENXAMÍN

CD AS PONTES A-CEDEIRA SD B (8-3, Matías Coello 2, Raúl Tojeiro, Yago Bouza, Xalo Franco, Pablo Mariño, Adrián Bouza, Sergio Jarel)
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES B (0-7, Daniel Peña 4, Alvaro Roca 2, Iván Sueiro)

Vitoria 8-3 do Prebenxamín A. Terceiros con 29 puntos rematan a Liga visitando ó Caranza B, sétimo.Brillante título de Liga do Prebenxamín B que gañou 0-7 en Ferrol e con 13 triunfos e so dous empates xa son campións con 41 puntos, por 35 do San Sadurniño. Proxima derradeira xornada reciben ó sétimo Ortigueira.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA DE VETERANOS 2018-19

La Bamba asalta o liderato tralo tropezo do Muebles Eume

Décimo sétima xornada da Liga pontesa de Veteranos na que o anterior líder, Muebles Eume, perdeu o mando da táboa, tras caer 1-2 ante o MMYPEM, que iso si, está a facer unha gran campaña que o leva ao terceiro posto da clasificación. Non desaproveitou a oportunidade La Bamba que gañou 6-1 ao Bar Encanto e sitúase líder.

Así as cousas, La Bamba lidera con 40 puntos, seguido de Muebles Eume con 38. Pola terceira praza pelexan MMYPEM con 28, La Galaxia e A Cepa con 26, Estanco Mari Carmen con 23, e algo máis descolgado Jeycar con 18. Por abaixo Electricidad J&O ten 12, Bar Encanto 10, Farmavida 9 e pecha o As Pontes 74 con oito puntos.

Este mércores festivo xogarase a 19ª xornada dado que non se poderá disputar na fin de semana do 11 ao 12 de Maio.

Os resultados da xornada foron os seguintes:

La Bamba 6 – Bar Encanto Lecar 712 1
La Galaxia 4 – Electricidad J&O 1
Estanco Mari Carmen 3 – Farmavida 1
MMYPEM 2 – Muebles Eume 1
A Cepa 5 – As Pontes 74 2
Descansa Jeycar

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 1. 9:00. La Bamba-Farmavida
Día 1. 10:00. Muebles Eume-Electricidad J&O
Día 1. 11:00. A Cepa-Estanco Mari Carmen
Día 1. 12:00. MMYPEM-Jeycar
Día 1. 13:00. La Galaxia-Bar Encanto Lecar 712
Descansa As Pontes 74

Nova cortesía Tomás Franco, Tino Prieto e Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s