CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 3-4-5 MAIO

O As Pontes recibe o domingo ao Noia

O As Pontes recibe este domingo ao Noia, 17:30, arbitrado por Eduardo Rivera Gores (Vigo), nun duelo que resultará moi interesante, pois o equipo noiés se está a xogar o ascenso e ademais ten un dos mellores planteis da categoría.

A falta de catro xornadas o cadro de Noia está inmerso na loita pola segunda praza que agora mesmo encabeza o Arzúa (71), seguido por noieses e Viveiro (70), e a Sarriana (68).

Conxunto que so perdeu seis encontros no que vai de campaña, con bos rexistros a domicilio, con apenas tres derrotas, por cinco empates e nove triunfos.

O dianteiro de Celanova Adrián Quintairos, que xogara o Europeo Sub17 Israel 2000, ou no Madrid Castela e Celta B, é o seu máximo artilleiro con 27 goles, o segundo da categoría.  Nando leva 13 e Stefan 9.

Nos partidos no Poboado, nove triunfos locais, por tres empates e unha vitoria visitante 0-2 na 1982-83.

PREFERENTE NORTE

CD AS PONTES-CF NOIA (DOMINGO 5, 17:30)

FEMININO

CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (OS PINARES, DOMINGO 5, 11:30)

XUVENIL A

CD AS PONTES A-SD RESIDENCIA (SÁBADO 4, 18:00)

XUVENIL B

CD AS PONTES B-SDC GALICIA DE MUGARDOS (SÁBADO 4, 16:00)

CADETE

CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA B (SÁBADO 4, 12:00)

INFANTIL

SCDR GALICIA DE CARANZA C-CD AS PONTES (VENRES 3, 17:30)

ALEVÍN

SRD PORTUARIOS B-CD AS PONTES A (ANEIROS, VENRES 3, 19:00)
CD AS PONTES B-SRD PORTUARIOS (SÁBADO 4, 10:30)

BENXAMÍN

EF RACING DE FERROL-CD AS PONTES A (A MALATA 2, VENRES 3, 19:00)
CD AS PONTES B-MEIRÁS CF (SÁBADO 4, 12: 50)

PREBENXAMÍN

SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES A (SÁBADO 4, 12:00)
CD AS PONTES B-FC ORTIGUEIRA (SÁBADO 4, 11:40)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo recibe ao Leis no derradeiro partido na casa

O Esteo pontés de fútbol sala xogará este sábado o derradeiro partido como local nesta campaña 2018-19, recibindo ao Leis de Pontevedra, duodécimo clasificado.

Poñerá fin a esta xornada 27, pois o resto de encontros xogaronse este mércores festivo. Nos encontros na Fraga na Segunda B, catro triunfos locais, 6-2, 6-4, 5-3 e 3-2.

SEGUNDA DIVISIÓN B (27ª xornada)
O ESTEO FS-LEIS PONTEVEDRA FS 
Sábado 4 – Maio – 2019 (17:30)
Pavillón da Fraga

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s