CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 10-11-12 MAIO

O As Pontes visita este domingo ao Pobra

O As Pontes visita este domingo por primeira vez en partido oficial ao Pobra, no campo da Alta, 18:00, en encontro arbitrado por Iván Morlán García (A Coruña), na saída máis lonxana da campaña, á Pobra do Caramiñal.

O equipo da costa está a realizar unha gran campaña tralo ascenso, duodécimo con 45 puntos. Conta con boas vitorias, ante o Noia (1-0), ou empates ante o Viveiro (1-1), Arzúa (1-1), en Sarria (1-1), ou triunfos a domicilio en Arteixo (1-3), Montañeros (1-2), e Xallas (0-2).

O senegalés Pap é o seu máximo goleador con 13 tantos, e 5 suman Viturro, Espi e Manoliño. O único antecedente entre ambos equipos é o 6-0 da primeira volta, no que os visitantes tiraron un penalti ao poste co 0-0 no marcador.

PREFERENTE NORTE

POBRA CF-CD AS PONTES (CAMPO DA ALTA, DOMINGO 12, 18:00)

FEMININO

CD AS PONTES-CULTURAL MANIÑOS SD (VENRES 10, 20:30)

XUVENIL A

CD AS PONTES-CD BOIRO (VENRES 10, 19:00)

XUVENIL B

NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES B (PRADOS VELLOS, VENRES 10, 17:45)

INFANTIL

SD O VAL B-CD AS PONTES (VENRES 10, 17:00)

ALEVÍN

CD AS PONTES A-CD AS PONTES B (XOVES 9, 18:15)

BENXAMÍN-PREBENXAMÍN

COPAS DE FERROL (DÍAS 11 E 12)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo visita ao Zamora no seu penúltimo partido

O Esteo pontés de fútbol sala xogará este sábado o penúltimo partido de Liga nun lugar inmellorable, como é o Pavillón Ángel Nieto de Zamora.

O equipo local é un caso curioso, xa que a pesar de non lograr o ascenso, o ano pasado quedou campión con 16 puntos de ventaxa, e sen embargo nesta campaña e penúltimo con 23 puntos, pero a só un da salvación.

Polo que neste encontro sairá a por todas. Nos precedentes en Zamora, 3-3, 5-1, e 8-1 a campaña pasada.

SEGUNDA DIVISIÓN B (28ª xornada)
FS ZAMORA-O ESTEO FS 
Sábado 11 – Maio – 2019 (17:00)
Pavillón Ángel Nieto

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s