CD As Pontes Feminino

COPA DO MUNDO DE SHANGHAI

Disputouse esta semana na localidade chinesa

Esta semana levouse a cabo a segunda cita da Copa do Mundo de Tiro con Arco na localidade chinesa de Shangai. Nas tiradas previas, Miguel Alvariño foi 14º con 665 puntos e Pablo Acha 15º con 664. Xa máis atrás, Dani Castro foi 50º con 649 e Miguel Ángel Pifarre 61º con 643.

Nas roldas eliminatorias, Alvariño venceu a Didier Gras (7-1), de Tahití, ao alemán Camilo Mayr (6-0), caendo ante o ruso Galsan Bazarzhapov (2-6) en dezaseisavos. Pola súa banda Dani gañou na dobre frecha de desempate 6-5 ao belga Jarno De Smedt, caendo despois co seu compañeiro Pablo Acha 4-6.

Na competición por equipos masculinos, Alvariño, Acha e Castro caeron en oitavos 2-6 ante Xapón, e por equipos mixtos, Alvariño e Elía Canales, gañaron 6-0 a Dinamarca e Kazajistán, caendo en cuartos ante a gran potencia Corea do Sur 2-6.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: CFS ZAMORA-O ESTEO FS (2-2)

O Esteo rescata un punto en Zamora

O Esteo pontés de fútbol sala trouxo un empate da súa visita a Zamora, nun encontro que marchou ao descanso con empate a 1-1, xa que preto do final marcou Bruno pero pronto igualaban os locais.

No comezo do segundo acto poñíanse por diante os zamoranos ata que a pouco do remate Ayala rescataba un punto para un Esteo no que xogaba os seus minutos o porteiro xuvenil Sergio Cal.

O Esteo é setimo con 45 puntos. A vindeira semana sumará outros tres co 7-0 ante o Prone de Lugo e pechará á liga visitando ao oitavo Boal asturiano.

FICHA TÉCNICA:

CFS ZAMORA: Santos, Nacho, Álvaro, Eric, Guille – cinco inicial – Pablo, Nacor, Jose, Ribeiro.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Rober Paz – cinco inicial – Bruno, Dani, Ayala, Sergio Cal.

GOLES: 0-1, Bruno (17´), 1-1, Nacor (18´). 2-1, Nacho (22´), 2-2, Ayala (38´).

ÁRBITROS: Merino González, Moreno de Santos, Arias Carrera (Segovia-Zamora). Amarelas a Pablo, Álvaro, Guille, Javichu, Cokito, Alex, Rober.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal Ángel Nieto. Uns 100 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

RESULTADOS CD AS PONTES 10-11-12 MAIO

O As Pontes perde na Pobra. Brillante triunfo do Benxamín A no Torneo de Convivencia

PREFERENTE NORTE

POBRA CF-CD AS PONTES (2-0)

Derrota do As Pontes na súa visita á Pobra onde os locais gañaron tras anotar un tanto Nacho no final do primeiro período e outro Álvaro no inicio do segundo.

Xa co 2-0 e coa expulsión de Toni o encontro puxose moi costa arriba para os de Marco Roca. Debutaron os dous irmáns Pajaro, Dani e David, e tamén participou o central xuvenil Breijo, que xa xogara en Boimorto.

O As Pontes, con dous partidos pendentes, como moito poderá igualar o récord de só tres derrotas da 1983-84 e 1985-86. Iso si, na vindeira xornada poderá optar ao pleno de 19 triunfos en casa de 19 si vence ao compricado Dubra.

Xogaron Pelayo, Ramos (Breijo 73´), Alex, Martín, Sánchez, Dani, Toni, Bossa (David Pajaro 73´), Erni, Quique e Josiño (Dani Pajaro 45´).

FEMININO

CD AS PONTES-CULTURAL MANIÑOS SD (0-3)

O Feminino pontés dixo adeus á Copa tras caer 0-3 ante o potente equipo do Maniños. Pasan a semifinais este equipo con 12 puntos, Rosalía con 10, e queda o As Pontes terceiro con 9.

Noelia e Paula Castro con 3 tantos cada unha, e Nuria, Carlota e Xeila con un foron as goleadoras azuis neste torneo. As semifinais cruzan aos dous favoritos, Maniños contra Caranza, e as dúas sorpresas, A Capela contra Rosalía.

XUVENIL A

CD AS PONTES-CD BOIRO (1-2, Iván)

A pesar de adiantarse no marcador os de Iván Rodríguez, remontaron os visitantes antes do descanso. Xa salvados dende a semana pasada rematan a campaña co derbi en Caranza.

XUVENIL B

NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES B (7-2, Santi, Joan).

Segunda derrota do xuvenil pontés no Torneo, tras perder a semana pasada co Mugardos.

INFANTIL

SD O VAL B-CD AS PONTES (1-4, Ángel Purriños 2, Anxo Blanco, Antón Varela)

O infantil pontés logrou unha importante vitoria no Val, polo que, segundo con 12 puntos, se xogará o primeiro posto a vindeira semana recibindo ó Animas, primeiro con 13.

ALEVÍN

CD AS PONTES A-CD AS PONTES B (8-2, Andrea 2, Nico, Miguel, Iago, Destaw, Sergio, Ánxo/ Adrián, Alejandro)

Vitoria do Equipo A 8-2 ante o B. O A, cuarto con 40 puntos, visita ó Eume B, sétimo, e o B recibe ao Eume A, terceiro.

BENXAMÍN-PREBENXAMÍN

Esta fin de semana disputaronse os trofeos de convivencia. Nun torneo que acabou moito antes de tempo, brillante o Benxamín A que se fixo co título. O resto de equipos, Benxamín B, Prebenxamíns A e B, caeron en oitavos de final.

Foto cortesía de Guille. Nova cortesía Xose Ferreiro

COPA GALEGA INFANTIL DE FÚTBOL SALA

O Parrulo logra o título en As Pontes

Este sábado xogouse no Pavillón de A Fraga a Copa de Galicia Infantil de Fútbol Sala, cos mesmos protagonistas e idénticos cruces que nos maiores, cos que sen embargo este ano non puideron coincidir en fechas os cativos como soe ser habitual, dado que o luns e martes eran días lectivos.

Nas semfinais, O Parrulo vencía 8-1 ao Noia, mentres o Santiago Futsal facía o propio co Burela 7-1. Xa na final foi moi superior o cadro ferrolán que gañou por 6-2 aos santiagueses revalidando o título conquistado a pasada campaña, e conseguindo o doblete despois do triunfo do equipo senior 4-3 ante o Burela.

Foto cortesía O Parrulo FS. Nova cortesía Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s