CD As Pontes Feminino

CINCO PONTESES NA FASE FINAL DO TORNEO DE SELECCIÓNS COMARCAIS

Disputouse este venres en Sinde

O campo de Sinde en O Val foi o escenario este venres da fase final do Torneo de Seleccións Comarcais Sub15 para as que clasificaron os dous equipos de Ferrol.

As rapazas perderon en semifinais 1-0 con Pontevedra, mentres os rapaces caeron 2-0 coa selección de Vigo.

No terceiro e cuarto posto o cadro masculino ferrolán caeu con Pontevedra 2-1 mentres o feminino perdeu nos penaltis con Vigo.

Na convocatoria feminina estaban, do CD As Pontes, Patricia Adega, e Andrea Cruz, e na masculina, Xoel Purriños, Jandro López e Luis Molina.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Fotos cortesía Futgal

RESULTADOS CD AS PONTES 18-19 MAIO

Resultados das diversas fases, Copa Afaco, e Liga Infantil e Alevín

CADETE

OLÍMPICO DE RUTIS CF-CD AS PONTES (1-0)

Non trouxo un mal resultado o Cadete do As Pontes na fase de ascenso, xa que perdeu 1-0 en Rutis, pero nun encontro no que tiña moitas baixas e tivo que afrontalo con varios xogadores do Infantil. A volta o sábado no Poboado.

INFANTIL

SD O VAL B-ÁNIMAS SCDR (2-0, Antón Varela, Anxo Blanco)

O Infantil pontés gañou 2-0 ao Ánimas e logrou quedar primeiro na fase final do grupo segundo con 15 puntos, por 13 do Ánimas,7 de O Val B e Caranza C sen puntuar.

ALEVÍN

EUME DEPORTIVO B-CD AS PONTES A (6-8, Diego Lozano 3, Miguel Dopico 2, Sergio Vázquez, Andrea Cruz, pp)

CD AS PONTES B-EUME DEPORTIVO A(3-8, Diego Ortigosa, Adrián Díaz, Almahdi Belhaj)

XUVENIL COPA AFACO

O Xuvenil pontés clasificou para as semifinais tras gañar en San Sadurniño ao equipo local (2-0), Amistade de Meirás (1-0) e Meirás (1-0). Coma deste grupo pasan dous e o As Pontes é o mellor primeiro dos tres grupos coinciden en semifinais outra vez As Pontes e Amistade de Meirás. Na outra Numancia de Ares contra Cultural Maniños.

INFANTIL COPA AFACO

O Infantil venceu en Miño 2-0 ao equipo local e tamén 2-0 ao Meirás e pasou a semis como gañador do grupo enfrontandose a domicilio co gañador do grupo de Mugardos, Perlío e Maniños. Na outra semifinal Cariño contra Neda.

BENXAMÍN A FASE FINAL

O Benxamín A pontés xogou a Fase Final Galega, gañando o Conxo, seguido de Montañeros, Xuventude de Oroso, Ural, Bertamiráns, Boiro, O Freixo e As Pontes.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA DE VETERANOS 2018-19

Un impoñente La Bamba queda a dous pasos do título

O equipo de La Bamba quedou esta fin de semana moi preto do título ligueiro tras golear por un rotundo 7-0 ao que era o terceiro clasificado, MMYPEM, despois de que o Muebles Eume lle metera presión no partido anterior tras gañar 4-0 a Estanco Mari Carmen.

Quedan dúas xornadas para a fin, e ao líder restalle xogar co complicado La Galaxia e algo máis asequible As Pontes 74, namentres que ao Muebles Eume agardanlle dous rivais da zona baixa, Bar Encanto e Farmavida.

Lidera La Bamba con 49 puntos, por 47 de Muebles Eume. Por detrás La Galaxia e A Cepa suman 33, e MMYPEM 31. Estanco Mari Carmen ten 23, Jeycar 18, e por abaixo Bar Encanto suma 14, Electricidad J&O 13, As Pontes 74 abandona o farolillo e situase con 11, e pecha Farmavida con 9.

Dato curioso que os dous equipos que ocupan as dúas últimas prazas suman tres Copas de Veteranos, sendo os únicos que se puideron colar no palmarés xunto co Muebles Eume, que suma seis.

Os resultados da xornada 20 foron os seguintes:

La Galaxia 6 – Farmavida 1
Muebles Eume 4- Estanco Mari Carmen 0

As Pontes 74 4 – Jeycar 1
La Bamba 7 – MMYPEM 0
A Cepa 3 – Bar Encanto Lecar 712 0
Descansa Electricidad J&O

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 25. 19:30. Jeycar-Electricidad J&O
Día 25. 20:30. Muebles Eume-Bar Encanto Lecar 712
Día 26. 10:00. La Bamba-La Galaxia
Día 26. 11:00. MMYPEM-As Pontes 74
Día 26. 12:00. A Cepa-Farmavida
Descansa Estanco Mari Carmen

Nova cortesía Xose Ferreiro e Tomás Franco

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 2 – SD DUBRA 2

O As Pontes queda a un paso do récord de 19 de 19 na casa

O As Pontes quedou a un paso de conseguir un récord que sería inigualable no tempo, o de 19 de 19 victorias nunha mesma Liga no Poboado, nun encontro que non se gañou, máis que polo rival, por deméritos propios, con dous goles visitantes por erros defensivos, e algún par de ocasións moi claras non convertidas.

A primeira ocasión clarísima chegaba tras unha boa acción de Carlos por banda que lle serve o balón a Erni quen a un palmo de portería cabecea ás mans do porteiro (8´). Tras outro bo pase de Carlos, era Dani quen presionado polos defensas remataba mordido por fora (15´).

Pero foron os visitantes os que se adiantaron. Balón que deixa pasar Martín como último home en lugar de despexar de cabeza, queda só Pelayo que choca cun xogador visitante e co balón morto marca Gonzalo a pracer (17´).

Foi con gañas a polo empate o equipo azul e Fidi dispara por alto (18´), zapatazo de Carlos ao lateral da rede (20´), ata que noutra boa xogada de  Carlos vaise por banda e sirvelle a Fidi que marca chegando dende atrás (23´).

Das botas de Carlos, que centrou chegando á liña de fondo, saiu outra ocasión clarísima para Erni, que na área pequena en boca de gol rematou fora (25´). Ata que Fidi deu un pase maxistral a Dani quedando só ante Midón e bateuno por baixo poñendo o 2-1 antes de chegar ao descanso (30´).

Comezou apretando o As Pontes no reinicio, e tras pase de Carlos, remata Pardo por alto (50´), e logo é Alex o que dispara preto do escuadro (51´), ata que nunha mala saída de Martín, dalle o balón a un rival, e acaba marcando Manu de tiro cruzado dende o borde da área (56´).

Isto espoleou aos visitantes e nunha contra Gonzalo, só, regatea a Pelayo pero vaiselle o esférico por liña de fondo (66´), e o propio xogador realiza un forte disparo e o porteiro un paradón despexando o balón (74´).

Pero foi Carlos, o mellor xogador no día de hoxe, o que estivo a piques de marcar o gol da campaña, dende o seu campo probou a Midón, lixeiramente adiantado, e o balón marchou un palmo por riba do longueiro (75´).

No tramo final querían os locais a vitoria e o récord, e noutro centro de Carlos non chega Alex ao segundo pau (78´), e despois é o propio Alex o que sirve o balón e remata Pardo por alto (83´).

Cun xogador menos nos últimos cinco minutos ao resentirse Adrián, a máis clara chegou co tempo cumprido, e na área pequena Carlos remata, desvía un defensa, e logo é Alex o que mete a perna, e saca outro defensa na mesma liña de gol (90´).

Pero esa pizca de sorte que houbo contra o Sofán, Xallas ou Ordes, non a houbo hoxe e o partido acabou coas táboas no marcador, no día menos axeitado para que o Dubra sumara o seu segundo empate no Poboado por cinco vitorias locais.

CD As Pontes. Pelayo, Berto (David Pajaro 46´), Alex, Martín, Sánchez (Dani Pajaro 46´), Dani (Adrián 70´), Rivas, Bossa (Josiño 79´), Carlos, Fidi, Erni (Pardo 46´).

SD Dubra. Brais Midón, Pablo (Cornes 77´), Anxo, Leites, Facal, Vieites, Brais López, Gonzalo, Munín (Gesto 57´), Manu (Parama 65´), Xabi (Lucas 77´).

Goles: 0-1, Gonzalo (17´), 1-1, Fidi (23´), 2-1, Dani (30´). 2-2, Manu (56´).

Árbitro: Adam Rodríguez Delgado (Ourense). Auxiliado por Pérez Dapia e Rodríguez Estevez. Amarelas a Gonzalo e Vieites.

Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

COPA XUNTA DE RUGBI AS PONTES 2019

Este sábado disputaronse nos Campos do Poboado os títulos da Copa Galega en cinco categorías.

Este sábado, ao longo de todo o día, dende as dez da mañá ata as nove da noite que rematou a entrega de trofeos, disputouse nos Campos do Poboado a Copa Xunta 2019 de Rugbi Seven, en cinco categorías.

Destacou a vitoria do Campus Universitario Ourense en homes e do Crat A Coruña nas mulleres. Nas categorías inferiores, en Sub18 mixto tamén gañou o Crat herculino namentres que en Sub16 mixto e Sub14 mixto o triunfo foi para o Kaleido de Vigo.

Ao remate do evento, coa presencia do Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás, entregaronse os trofeos a campión e subcampión de cada categoría.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s