CD As Pontes Feminino

PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 24-25-26 MAIO

O As Pontes pecha a Liga este domingo en Sarria

O As Pontes xoga este domingo en Sarria, 18:00, arbitrado por Daniel Vilar Álvarez (Pontevedra), o seu derradeiro encontro na Liga. Despois terá que disputar a final dos campións co Pontellas, gañador do grupo Sur.

A visita a terras lucenses antollase moi complicada para un equipo azul que ven arrastando nas derradeiras xornadas a dinámica de xa estar ascendido e non xogarse moito, mentres que os locais aínda poderían clasificarse para a promoción dos cuartos clasificados.

O equipo da Sarriana a pesar da espectacular campaña que está a realizar como recén ascendido, ten algún motivo para o disgusto, i é que nun caso curioso na Liga, perdeu cinco puntos ante o Estudiantil, equipo que sorprendentemente logrou catro dos seus únicos cinco puntos ligueiros ante o cadro de Alberto López.

Si a Sarriana, como fixeron o resto dos catro equipos da zona alta, gañara os seus dous compromisos ante o Estudiantil, xogaría este último partido coas opcións intactas de lograr o ascenso, pois tería os mesmos puntos que o Arzúa, iso si, co goal average perdido.

Ao marxe diso, espectacular campaña do cadro lucense. Na segunda volta, de 18 partidos so perderon un encontro ante o Ribadeo (2-0), e na casa lograron 12 vitorias, por catro empates, e dúas derrotas ante o Arzúa (0-2) e a sorprendente mencionada ante o Estudiantil (1-2).

Precisamente ata esa derrota co equipo de A Estrada na xornada 16 o equipo de A Ribela era o único que lle aguantaba o pulso ao espectacular inicio do As Pontes, a só catro puntos dos azuis.

Mauro Busi con 14 dianas e Omar Rodríguez con 12, son os seus máximos realizadores. Si ben nos duelos no Poboado o As Pontes lidera con nove triunfos, un empate e unha derrota, en terras lucenses gañan os locais, con cinco triunfos, un empate e catro derrotas.

PREFERENTE NORTE

SD SARRIANA-CD AS PONTES (A RIBELA, DOMINGO 26, 18:00)

XUVENIL

SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES (SÁBADO 25, 12:30)

CADETE

CD AS PONTES-OLÍMPICO DE RUTIS CF (SÁBADO 25, 17:00)

ALEVÍN

CD AS PONTES A-ORTIGUEIRA FC (SÁBADO 25, 12:00)
CD CARIÑO-CD AS PONTES B (SÁBADO 25, 12:00)

XUVENIL AFACO

CD AS PONTES-EFB AMISTADE DE MEIRÁS (VENRES 24, 19:00)

INFANTIL AFACO

CD AS PONTES (A DOMICILIO, SÁBADO 25)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

O ESTEO FUTBOL SALA

O Esteo visita ao Boal no derradeiro encontro de Liga

O Esteo pontés de fútbol sala xogará este sábado o derradeiro partido de Liga visitando ao Boal asturiano.

O equipo pontés é sexto con 48 puntos tralos tres puntos obtidos do 7-0 ante o Prone, pero xusto por detrás está o Boal, que ven de lograr unha magnífica vitoria 4-5 na casa do líder Benavente.

Nos encontros en Asturias 4-5 na 2015-16 e 2-6 na 2016-17.

SEGUNDA DIVISIÓN B (30ª xornada)
FS BOAL-O ESTEO FS
Sábado 25 – Maio – 2019 (19:30)
Polideportivo Municipal de Boal

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Calendario tempada 2008/09. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s