CD As Pontes Feminino

ALVARIÑO CONSIGUE O OURO POR EQUIPOS MIXTOS EN TURQUÍA

Xunto á súa compañeira Elía Canales

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García logrou este domingo día das eleccións locais escribir outra páxina de ouro na historia do deporte pontés ao lograr, xunto á súa compañeira, a tarraconense Elía Canales, a medalla de ouro por equipos mixtos en Antalya.

E fixerono tras bater a Rusia, Osipova e Irdyneev, terceira marca da previa, por 5-3 na gran final.  E iso que comezaron atrás tralo 35-36 e 37-37 dos dous primeiros sets que poñían o 1-3 para os rusos, pero un 38-37 no terceiro set e un meritorio 39-37 no cuarto deron o ouro e o 5-3 definitivo.

Con este metal dourado na Copa do Mundo Turquía 2019, Alvariño suma o seu terceiro ouro internacional de prestixio, tralo da final da Copa do Mundo México 2015, e o individual nos Xogos Europeos de Bakú 2015.

En Bakú tamén fora prata por equipos, tras perder con Ucraina, e tamén prata na Copa do Mundo de Medellín 2016 tras caer na final co gran Brady Ellison, máis experimentado. No Mundial Junior China 2013 tamén fora prata en equipos mixtos, neste caso coa vasca Mirene Etxeberria.

Un prestixiosísimo bronce por equipos, ademáis, vencendo na loita polo bronce ao equipo italiano Campión do Mundo, se logrou nos Xogos do Mediterráneo Tarragona 2018, o segundo evento de maior repercusión tralos Xogos Olímpicos, e no que o gran Borja Prieto fora cuarto en Almería 2005 e sexto en Pescara 2009. Tamén lograra Alvariño o bronce por equipos xunto a Rodríguez e Pifarre nesa Copa do Mundo de Medellín en 2016.

En total, ao marxe doutros éxitos nada desdeñables, oitava medalla internacional de prestixio de Maikel, tres ouros, tres pratas e dous bronces.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía RFETA. 

COPA DO MUNDO EN ANTALYA (TURQUÍA)

Alvariño e Canales disputarán a final mixta contra Rusia

Esta semana estase a disputar en Antalya (Turquía) a terceira proba da Copa do Mundo de Tiro con Arco, tralas de Colombia e China.

Cara ao país otomano desprazaronse os dous arqueiros do Silex, e Miguel Alvariño estivo moi atinado nas tiradas previas xa que foi 11º con 675 puntos, os mesmos que o seu compañeiro de selección Pablo Acha que quedou 13º, xa que fixo menos deces. Xa máis lonxe Dani Castro foi 43º con 662 puntos e Miguel Ángel Pifarre 74º con 651 puntos.

Nas eliminatorias, Dani caeu na primeira rolda ante o esloveno Habjan Malavasic por 0-6. Alvariño foi o mellor español xa que gañou ao suizo Thomas Rufer 7-3, ao italiano Federico Musolesi 6-2, ao verdugo esloveno de Dani por 7-3, caendo nos oitavos de final ante o holandés Sjef Van den Berg, cuarto en Río 2016, por 2-6, concluíndo noveno.

Por equipos masculinos, Alvariño, Acha e Dani, coa sexta marca da previa, venceron en oitavos de final a Kazajistán por 5-4 na frecha de desempate, caendo polo mesmo tanteo 4-5 ante o perigoso equipo de Estados Unidos liderado por Brady Ellison nos cuartos de final, concluindo quintos.

As mellores novas chegaban na proba por equipos mixtos para a que clasificaron os mellores tiradores da previa, masculino e feminino, de cada país, Miguel, empatado a puntos con Acha pero con máis deces, e a catalana Elía Canales.

Ambos, coa oitava marca da previa, venceron sucesivamente ao Estados Unidos do gran Brady Ellison nos oitavos de final por 6-2, a Moldavia en cuartos por 6-0, e xa na loita por entrar na gran final 5-1 a China. Disputarán o ouro o domingo co perigoso equipo de Rusia, e polo bronce, Turquía contra China.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: FS BOAL BELLEZA-O ESTEO FS (4-4)

O Esteo remata a Liga nunha magnífica quinta posición

O Esteo despediuse este sábado da competición e fíxoo pola porta grande co empate 4-4 en Boal, co que sumado á derrota do Ventorrillo en Pontevedra os ponteses rematan quintos con 49 puntos.

So quedan por diante dos de Óscar Vigo, Benavente, Guardo, Tres Cuñados e Cidade de Narón. No partido do sábado en terras asturianas o Esteo foi por diante en todo momento, 0-1, 1-2, e 2-4, con dobletes de Pana e Cokito, pero os locais empataron por tres veces.

De gañar os locais serían os asturianos os que acabarían quintos pero por sorte nos últimos minutos conservaron o marcador, rematando a Liga con 14 vitorias, por 7 empates e 9 derrotas, 130 goles a favor (14 foron virtuais contra o Prone), e 112 en contra.

Anotaron Jacobo, que non puido superar o récord de 28 goles de Martín, Cokito 19, Pana 16, Ayala 11, Alex 10, Rober e Bruno 9, Troncho 5, Héctor 4, Javichu 2, Dani 1 e dous en propia meta.

Mellor clasificación do Esteo na Segunda B, xa que desde que debutou na 2013-14 foi sucesivamente décimo, décimo, décimo terceiro, oitavo, oitavo, e agora quinto.

Rematan ademais como sétimo equipo de Galicia, só por detrás de O Parrulo, Burela, Santiago, Noia, Valdeorras e Narón.

Tamén clasifican directamente, e sen necesidade de invitación, para a Copa de Galicia por terceiro ano consecutivo, ao quedar entre os tres primeiros galegos da Segunda B.

FICHA TÉCNICA:

FS BOAL BELLEZA: Rodri, Fredy, Jonás, Santi, Adri – cinco inicial – Alonso, Jesús e Rubén.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Dani – cinco inicial – Bruno, Troncho, Pana, Rober, Jacobo, Cal.

GOLES: 0-1, Cokito (4´), 1-1, Jonás (5´), 1-2, Pana (15´), 2-2, Adri (16´). 2-3, Pana (28´), 2-4, Cokito (32´), 3-4, Adri (33´), 4-4, Jonás (34´).

ÁRBITROS: Sobaler Pesquera, Trueba Fraile, Sanromán Ibáñez (Santander). Amarelas a Alonso, Cokito, Pana. Expulsaron con dobre cartón a Jesús.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de Boal. Uns 100 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

RESULTADOS CD AS PONTES 24-25-26 MAIO

Derrota do As Pontes 5-4 en Sarria. Xuvenil e Infantil xogarán a final Afaco. O Cadete cae na fase de ascenso.

PREFERENTE NORTE

SD SARRIANA-CD AS PONTES (5-4)

Derrota dolorosa do As Pontes en Sarria nun encontro no que chegou a ir 0-2, 1-3 e 2-4, remontando os locais cun 5-4 a falta de quince minutos.

Anotaron Alex, Erni, Quique e Sánchez e xogaron Paco, Ramos, Alex, Martín (Toni 55´), Sánchez (Alberto 80´), Rivas, Quique (Josiño 85´), Bossa, Carlos, Fidi, Erni (Dani Pajaro 70´).

Co remate da Liga, e pensando xa na final da Preferente co Pontellas, xurden unha serie de récords que se perderon hoxe, coma o de derrotas, que queda en catro, como na 1986-87 e 2009-10, pero superadas polas só tres das campañas 1983-84 e 1985-86.

Tamén, sendo moi boas as once vitorias a domicilio, é un rexistro superado polas 12 da 1977-78 e do último ano do ascenso 2009-10, en que tamén se lograron doce.

En cómputos globais, logrouse o maior número de vitorias en Liga, 29, polos 27 da 1977-78, e os estratosféricos 123 goles superan os 88 do terceiro mellor rexistro, sendo o segundo tralos 146 tantos da campaña 1976-77. Mentres, os 40 goles encaixados quedan lonxe dos 21 da 1986-87.

Foise líder de principio a fin e obtívose a mellor puntuación de sempre, 92, seis máis que na 1977-78 que serían 86 actualizando a vitoria a tres puntos.

XUVENIL

SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES (4-3, Dani Pajaro, Jandro, Chema)

Derrota do xuvenil pontés no derbi co Caranza. A pesar de igualar por dúas veces un 1-0 e un 3-1, un tanto dos locais no tempo de desconto, cun menos, deulles os tres puntos. Rematan a Liga decimoquintos con 29 puntos e primeiros dos salvados, descendendo Riveira, Betanzos e Arteixo.

CADETE

CD AS PONTES-OLÍMPICO DE RUTIS CF (1-3, Joan)

Pese a igualar pronto a eliminatoria os discípulos de Pardo e Alex, tres goles do equipo visitante antes do descanso sentenciaron o partido ante un cadete pontés que pon fin a unha moi boa temporada.

ALEVÍN

CD AS PONTES A-ORTIGUEIRA FC (10-1, Sergio Vázquez 3, Nico Meizoso 2, Alejandro Leal, Andrea Cruz, Diego Lozano, Andrés Pérez, Destaw Pellón)

CD CARIÑO-CD AS PONTES B (3-5, Sergio Barro, Alejandro Díaz, Adrián Díaz, Xoel Vigo, Almahdi Belhaj)

XUVENIL AFACO

O Xuvenil pontés venceu este venres á tarde por 7-3 ao Amistade de Meirás e xogarán a final contra o Numancia de Ares que gañou coma locatario ao Maniños por 3-2. Xa marcharon ao descanso cunha ventaxa de 5-2, e iso que tiraron dous tiros ao poste e Nesi tamén parou un penalti. Anotaron os goles Vicente 2, Mateo 2, Chema, Edgar, Jose.  

INFANTIL AFACO

O infantil pontés clasificou para a final da Copa Afaco tras vencer a domicilio por un  contundente 4-8 ó Maniños no Campo do Pote. Xogará a final contra Ortigueira ou Neda. Anotaron Anxo Blanco 3, Diego 2, Bilal, Iago e Antón.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2018-19

La Bamba queda a un triunfo do título

Non titubeou o líder La Bamba na xornada desta fin de semana e pese a enfrontarse contra un dos rivais máis complicados da Liga, La Galaxia, venceu por un rotundo 5-0. O Muebles Eume gañou 2-0 ao Bar Encanto e mantén o interese ata a derradeira xornada, pero parece complicado que o líder tropece ante o penúltimo clasificado.

Lidera La Bamba con 52 puntos, e con 50 está Muebles Eume, 36 ten a Cepa, 34 MMYPEM e 33 La Galaxia. Con 23 Estanco Mari Carmen, 19 Jeycar e por abaixo 14 para Bar Encanto e Electricidad J&O, 11 ten As Pontes 74 e pecha con 9 Farmavida.

Os resultados da xornada foron os seguintes:

Jeycar 3 – Electricidad J&O 3

Muebles Eume 2 – Bar Encanto-Lecar 712 0

La Bamba 5 – La Galaxia 0

MMYPEM 1 – As Pontes 74 0

A Cepa 9 – Farmavida 0

Descansa Estanco Mari Carmen

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 1. 19:30. La Bamba-As Pontes 74

Día 1. 20:30. MMYPEM-Electricidad J&O

Día 2. 10:00. A Cepa-La Galaxia

Día 2. 11:00. Estanco Mari Carmen-Jeycar

Día 2. 12:00. Muebles Eume-Farmavida

Descansa Bar Encanto-Lecar 712

Nova cortesía Tino Prieto, Tomás Franco e Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s