CD As Pontes Feminino

O XUVENIL SERGIO CAZÁS ASCENDE A LIGA NACIONAL

Tralo triunfo desta xornada 4-0 ante o Atlético Arteixo

O xogador formado nas categorías inferiores do CD As Pontes, Sergio Cazás López, ascendeu este pasado sábado á Liga Nacional co seu equipo, SD O Val de Narón.

Sergio, dianteiro, xogou 25 partidos, e anotou seis tantos, ante Betanzos (xornada 10), Dumbría (12), dous ante Atlético Arteixo (17), o campión Lalín (24), e outra vez Dumbría (29).

Tamén xogou catro partidos co primeiro equipo, de Primeira Rexional. O Val quedou segundo clasificado da Liga Galega por detrás de Lalín, e por diante do Bergantiños, polo que ascende xunto ao conxunto da Comarca do Deza.

Non poderá disfrutar da experiencia na Liga Nacional porque remata ciclo xuvenil, pero deixa a categoría co ansiado ascenso do equipo de Sinde.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

FINAL COPA AFACO XUVENIL. SRD NUMANCIA DE ARES CF 1- CD AS PONTES 7

O Xuvenil pontés conquista a Copa Afaco en Ares

Brillante o Xuvenil pontés que logrou a Copa Afaco esta mañá en Ares tras gañar por un contundente 1-7 ao equipo local.

Nas terras do gran Marcelino, que algún tivo a honra de ver pola rúa, poñía terra do por medio o As Pontes no primeiro período marchando ao descanso con 1-3 con tantos de Vicente (2) e Pablo.

Xa no inicio do segundo tempo sentenciaban con outros dous tantos do cadete de primeiro ano Jandro, e un en propia meta. No desconto Miguel anotaba o sétimo culminando un gran partido.

Xogou o equipo de Iván Rodríguez con Nesi, Miguel, Antonio, Pablo, Santi, Vilela, Vicente, Edgar, Iván, Chema e Jandro, entrando no segundo período Brais, Xan, Jose, Elías e Nono.

Título número 79 para a canteira pontesa no ámbito comarcal, do ano pasado víñase con 73 mailos seis de este ano, Liga e Copa do Benxamín A, Liga Prebenxamín B e Infantil, e na mañá deste sábado Copa Afaco Xuvenil e Infantil.

En concreto, na Copa Afaco, terceiro título Xuvenil tralos de 2010 e 2017, máis cinco Infantís, unha copa Feminina e un título Alevín. En total dez.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

FINAL COPA AFACO INFANTIL. SD RÁPIDO DE NEDA 3 (5) – CD AS PONTES 3 (6).

O Infantil conquista en Neda a Copa Afaco na queda de penaltis

O Infantil pontés gañaba este sábado á maña, á mesma hora que o Xuvenil, a Copa Afaco, neste caso de maneira máis sufrida nos penaltis.

Triunfo de moito mérito do equipo de Rivas, xa que xogaba a domicilio na casa do rival, un equipo que xogou na primeira Liga e xa a principios de tempada vencera ao equipo azul por 5-4.

O equipo pontés, con tantos de Antón, Rey e Anxo Blanco logrou igualar a 3-3 preto do final,  e logo impúxose na quenda de penaltis cos tantos de Bilal, Rey, Diego, Anxo Blanco, Israel e Antón parando o sexto penalti Joel.

Quinta Copa Afaco para o infantil, que nun curioso idilio suma a metade dos títulos desta competición.

En 2013 vencíase 7-0 ó Narón, 2-1 ao Cedeira en 2014, 5-0 ao Cariño en 2015, e o ano pasado 3-1 ao Miño.

Nova cortesía Xose A. Blanco Bouza e XF

FINAL PREFERENTE. CD PONTELLAS 3 (3) – CD AS PONTES 3 (1)

O As Pontes perde na quenda de penaltis despois de 120 minutos de partido

Este domingo disputábase na capital galega o título de campións de Preferente. O equipo azul adiantábase tras un penalti cometido sobre Quique que se encargou de transformar Bossa (5´), pero pouco durou a ledicia pois na primeira aproximación visitante, dun centro dende banda, ningúen o despexa, e chegando só ao segundo pau marca Diego Blanco (7´).

Voltou a adiantarse o As Pontes tras un xogadón do Mago de Viveiro, merece unha rúa propia, no borde da área, no que dribla a dous ou tres defensas do equipo campión do sur facendo o pase da morte a área que empalou Dani ao fondo das mallas (18´).

Pero antes do descanso nunha xogada na que Paco lle gaña a partida no salto a Yago nun suposto penalti que so viu o colexiado, o experimentado xogador vigués facía o 2-2, e aínda houbo un poste de Carlos antes de encarar os vestiarios.

No segundo período houbo moitas alternativas pero non se moveu o marcador e xa nos últimos minutos da prórroga, tras un tiro ao pau, recolle o rexeite Diego Blanco e poñía por diante aos porriñeses (110´). Pero volcado a polo empate o equipo azul, Alex quedou só, e de forte disparo facía o 3-3 definitivo.

Os penaltis, para esquecer, só conseguiu marcar Toni, ademáis con mestría e por partida doble, debido ao colexiado excesivamente quiquilloso cos azuis, e os pontevedreses pareceu como si tiveran a experiencia de haber xogado un Mundial, todo perfecto. Tocoulle chorar ao sufridor socio pontés.

CD PONTELLAS. Toni, Pablo, Chicho, Elías, Michael, Diego Blanco, Berto, Javi, Lucho (Serxio 81´ Díaz 106´), Yago (Nando 72´), Hugo Pintos (Pibe 100´).

CD AS PONTES. Paco, Ramos (Martín 70´), Alex, Rivas, Sánchez (Erni 113´), Dani, Adrián (Toni 86´), Bossa, Carlos, Fidi, Quique (Pardo 77´).

GOLES: 0-1, Bossa, de penalti (5´), 1-1, Diego Blanco (7´), 1-2, Dani (18´), 2-2, Yago, de penalti (39´), 3-2, Diego Blanco (110´), 3-3, Alex (116´). Dani falla, Javi marca, Fidi falla, Diego Blanco marca, Toni marca, Berto marca, Carlos falla.

ÁRBITRO: Sergio Míguens Santiago. Auxiliado por Maldonado González e Casal Barreiro. Amarelas a Paco, Carlos, Ramos, Dani, Fidi, Alex, Diego Blanco, Lucho.

CAMPO E INCIDENCIAS: Campo de Santa Isabel. Unhas 200 persoas, case todos orgullosos afeccionados do Pontellas.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA DE VETERANOS 2018-19

La Bamba, Campión de Liga

Esta fin de semana disputouse a derradeira xornada do campionato ligueiro pontés de veteranos e o maior interese recaía no primeiro partido da xornada, o sábado pola tarde, no que La Bamba podía cantar o alirón. E así foi, tras vencer por un rotundo 6-0 ó As Pontes 74, 4-0 ao descanso.

Fixo inútil o tamén 6-0 de Muebles Eume ante o Farmavida, i é que si ben o equipo de Basoa superou ao campión nos duelos particulares, 3-1 e empate 2-2, o gañador de Liga foi inmaculado co resto de rivais, xa que sumou pleno de 18 vitorias, mentres o segundo clasificado empatou coa Cepa 1-1 e sobre todo perdeu 1-2 con MMYPEM, o que lle acabou custando a Liga.

Remata o campionato cos 55 puntos de La Bamba, por 53 de Muebles Eume. Terceiro queda A Cepa con 37, por 34 de La Galaxia e MMYPEM, e sexto Estanco Mari Carmen con 26. Máis abaixo Jeycar 19, Electricidad J&O 17, 14 para Bar Encanto, 11 As Pontes 74 e pecha Farmavida con 9.

PALMARÉS LIGA

2009/10 CONSTRUCCIONES GUERREIRO
2010/11 SANTABALLÉS
2011/12 MUEBLES EUME
2012/13 SANTABALLÉS
2013/14 BAR JARDÍN
2014/15 MUEBLES EUME
2015/16 SANTABALLÉS
2016/17 FISIOTERAPIA DC-HIM&HER
2017/18 MAV ABOGADOS

2018-19 LA BAMBA

O Muebles Eume ten no seu torneo fetiche, a Copa, a oportunidade para resarcirse, coma o resto de equipos, pero nun sorteo moi atragantado os dous mellores conxuntos cruzaranse en cuartos de final, e tamén hai un La Galaxia-MMYPEM que tampouco se queda curto, e por si fora pouco veríanse en semis. A fortuna sorriulle á Cepa, pero non hai que dar nada por vendido.

Comeza a Copa esta fin de semana coa previa e cuartos e remata a vindeira semana coas semifinais e final.

Día 8. 18:30. Bar Encanto Lecar 712 – As Pontes 74 (Previa 1)
Día 8. 19:30. Jeycar – Electricidad J&O (Previa 2)
Día 8. 20:30. Estanco Mari Carmen – Farmavida (Previa 3)
Día 9. 9:30. A Cepa – Gañador Previa 2
Día 9. 10:30. La Galaxia-MMYPEM
Día 9. 11:30. La Bamba-Muebles Eume
Día 9. 12:30. Gañador Previa 1 – Gañador Previa 3

Nova cortesía Xose Ferreiro e Tomás Franco

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s