CD As Pontes Feminino

ACTUACIÓN PONTESA EN HOLANDA

No Campionato Mundial que se está a disputar esta semana nos Países Baixos

Esta semana estase a levar a cabo o Mundial de Tiro Con Arco na localidade holandesa de ‘s-Hertogenbosch.

Non lle foi moi ben  ao combinado español de Miguel Alvariño e Dani Castro, que por equipos, xunto a Pablo Acha, obtiveron a 17ª mellor marca da previa e caeron na respesca ante Bangladesh, 16ª, por 5-3.

Incluso gañando esta eliminatoria defrontarían co mellor equipo, Corea do Sur, e terían moi complicado acceder a cuartos de final, o que lles houbese dado o pase a Tokyo 2020 de maneira directa, como así o conseguiron coreanos, chinos, indios, holandeses, australianos, kazajos, británicos e o combinado de Taipei.

De momento quedan fora da cita olímpica ilustres como Italia, Francia, EEUU, Ucraina, Turquía, Xapón, Rusia, Alemaña ou España.

Non foi moito mellor a competicón individual. Na previa, dos 200 participantes, Pablo Acha foi o mellor español, 47º con 667 puntos, Miguel 52º con 664, e Dani 68º con 659, caendo Alvariño ante o australiano Tyack por 2-6 e Castro na frecha de desempate 5-6 ante o mexicano Alvarado.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

BORJA PRIETO LOGRA TRES OUROS NO CAMPIONATO DE ASTURIAS

No evento disputado esta fin de semana en Trasona

Esta fin de semana disputouse en Avilés o Campionato de Asturies de Sprint, con moi bos resultados para o gran piragüista pontés Borja Prieto Valera, que acadou tres ouros, por dúas cuartas prazas e unha quinta.

O primeiro ouro chegou co seu compañeiro Juan Oriyés, no K2-200, cun tempo de 35:26, por diante de Ribadesella e Cangas Aventura.

Tamén gañou o Covadonga o K4-200, proba na que fora Borja cuarto no Mundial de Canadá hai dez anos, co propio Oriyés, Pablo González e Álvaro Gallinal, cun tempo de 34:42, por diante de Cangas Aventura e Jaire Los Rápidos.

Na innovadora proba de K2-500 mixta logrou o terceiro, coa súa compañeira Celia Remis, gañando cun tempo de 1:46:29, por diante de dúas embarcacións de Los Gorilas de Candás.

Quedou Borja cuarto clasificado no K1-200, no que venceu o seu compañeiro Campión Mundial Sub23 Juan Oriyés.

No K4-500, Borja, Gallinal, González e Gustavo Rodríguez foron cuartos, logrando o ouro Oviedo Kayak. E no K4-1000, cos mesmos integrantes, quedaron quintos, nunha proba gañada por El Sella.

Por si fora pouco o Real Grupo de Cultura Covadonga de Gijón gañou por equipos, con 1827 puntos, seguido moi de preto polos Gorilas de Candás, 1760, e con 838 puntos quedou Ensidesa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro. Fotos Borja Prieto

FOTOS. CHEGADA PRIMEIROS CLASIFICADOS NORTHWEST TRIMAN 2019

No evento disputado este domingo en As Pontes coa meta no Lago

Este domingo celebrouse a sexta edición da Northest Triman pontesa. Non se puido disputar o tramo de natación debido ás condicións climatolóxicas. Resultou gañador Fernando Aiello, cun tempo de 8:35:59, seguido de Axel Beci (8:42:26), e Juan José Foulquié (8:42:41).

O mellor pontés foi, coma non, Aitor Franco Bouza, que rematou na sexta praza (8:58:58), sendo os seis primeiros os únicos que baixaron das nove horas, e de feito, debido á peculiaridade deste ano, é a única vez que se baixa das nove horas neste evento, xa que o récord estaba en 9:17:10 do 2016.

Aiello sucede no palmarés a Jose Manuel Vieito (2014), Fernando Luíña (2015), Enrique Morán (2016), Rafael Delaunay (2018), e ao propio Foulquié (2017).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

FINAL COPA DE VETERANOS AS PONTES 2019

O Muebles Eume logra o seu oitavo título

Continuou o seu idilio o Muebles Eume de Basoa coa Copa pontesa de Veteranos logrando este domingo o seu oitavo título, o cuarto consecutivo, ademais de tres Ligas.

Tras desfacerse en cuartos de La Bamba, asumiu o seu papel de favorito e eliminou nas semifinais do sábado a La Galaxia por 3-1, e xa o domingo venceu na final a Bar Encanto Lecar 712 por 2-0, o outro equipo finalista con moito mérito, dado que foi o antepenúltimo clasificado de Liga, e que previamente eliminara na quenda de penaltis ao Electricidad J&O tras acabar o tempo regulamentario 1-1.

Ao remate do evento, o concelleiro Antonio Alonso Román entregou os diversos trofeos de Campión de Liga, La Bamba, e Copa, Muebles Eume, aos equipos que encaixaron menos goles, precisamente os dous conxuntos campións deste ano, ao máximo goleador, Óscar Barro “Púas”, de A Cepa, e o trofeo ao xogo limpo recaeu en Farmavida.

Semifinais

Muebles Eume – 3 Farmavida – 1

Bar Encanto Lecar 712 – 1 * Electricidad J&O – 1

Final

Muebles Eume – 2 Bar Encanto Lecar 712 – 0

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s