CD As Pontes Feminino

ACTUACIÓN PONTESA EN MINSK

Cuarto posto por equipos e bronce de Pablo Acha

A selección española de tiro con arco competiu estes días nos segundos Xogos europeos de Minsk (Bielorrusia) e fíxoo con catro arqueiros, dos que dous era do Clube Silex.

A competición por equipos foi a que mellor resultado deu aos tiradores ponteses, xa que coa terceira mellor marca da previa, España gañou a Rusia en cuartos de final, 6-2, desgraciadamente caendo despois 1-5 ante Holanda en semis e 2-6 con Italia na loita polo bronce, acabando cuartos.

Nas tiradas individuais Alvariño foi sétimo con 674 puntos, a so un de Pablo Acha, sexto, polo que foi este o representante por equipos mixto. Dani foi 18º con 660.

Nas rolda eliminatorias, Alvariño caeu no primeiro envite 7-3 ante o húngaro Banda, mentres que Dani superou ao eslovaco Hurban 6-4, ao austriaco Gstoettner 6-2, para caer ante o bielorruso Dalidovich, que competía en casa, por 2-6.

Moito mellor lle foi a Pablo Acha que alcanzou as semifinais e logrou o bronce ante o italiano Pasqualucci. Alicia Marín caeu na primeira rolda, e por equipos mixtos Pablo e Alicia perderon 2-6 ante Alemaña en oitavos de final.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

UNHA PONTESA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Esta pasada fin de semana en Castela León

A rugbier pontesa Irea Cendán Cadahía, do Fendetestas, xogou esta fin de semana o Campionato de España de Rugbi a 7 de Seleccións Sub16 coa Selección Galega en Valladolid.

O combinado galego perdeu na primeira fase 5-24 con Andalucía e un máis axustado 22-24 coa Comunidade Valenciana.

Xa no play off polo sétimo posto venceron 48-0 á selección de Asturias, e 19-15 á selección anfitriona de Castela León.

A pontesa de 14 anos e á que aínda lle resta un ano na categoría formou parte da selección irmandiña xunto a Alejandra Victoria (Ferrol), Soraya Alonso, Carmen Cabrera, Laura Fernández (Ourense), Nora Cagiao, Mencía Martínez (Crat), Lucía Del Campo, Lola Pérez (Vigo), Lola Rodino (Muralla), Lucía Fernández (Os Ingleses) e Carla Méndez (Ribadeo).

Fotos cortesía Xose Cendán. Nova cortesía XF.

FOTOS IV TORNEO FÚTBOL 8 VILA DE AS PONTES

Disputouse este sábado e domingo nos Campos do Poboado

Esta fin de semana celebrouse nos campos de fútbol de O Poboado o torneo de fútbol base Vila de As Pontes, coa presenza de 24 clubes e 55 equipos. En Infantil gañou o Betanzos, en Alevín e Benxamín o Deportivo da Coruña, namentres que no torneo Prebenxamín venceu o CD As Pontes A.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

I TORNEO STREET FUTSAL O ESTEO FS

Disputouse este sábado en As Pontes

Xornada de fútbol sala a que se viviu este sábado en As Pontes nas inmediacións do Parque e do Colexio Santa María.

Nun formato de catro contra catro, en pista con tamaño e tempo reducido, dende as dez da mañá ata pasadas as nove da noite, xogaron vinta e sete equipos, distribuidos en cinco categorías.

Tras un total de 77 partidos, o vencedor en Infantil foi o Narón O Freixo, que se impuxo por 4-1 ao As Pontes A. Nos alevíns, triunfo do Eume Deportivo 3-2 ante Narón O Freixo.

No duelo Benxamín que pechou a xornada impúxose As Pontes A 3-2 ao Esteo A, namentres que nos Prebenxamíns nunha final entre equipos do mesmo clube o Narón O Freixo A dirixido polo pontés Vilasuso, gañou 6-4 ao Narón O Freixo B.

Por último, na categoría dos máis novos, biberóns, o As Pontes venceu na quenda de penaltis ao Esteo C, tras rematar o encontro con empate a 4-4.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

VII CAMPUS DE FÚTBOL SALA O ESTEO FS

Rematou este xoves coa entrega de diplomas

Coma ven sendo habitual, un ano máis celebrouse o Campus de O Esteo de fútbol sala, que alcanzou a súa sétima edición.

De luns a xoves, de dez da mañá as seis da tarde, os rapaces recibiron charlas de adestradores, árbitros, e incluso practicaron outros deportes. Contaban entre outros cun vello coñecido do fútbol pontés, Alfredo Navarro “Fidi”.

Tiveron a visita do porteiro de Viveiro, Iago Barro, e da gran xogadora ferrolá Bea Seijas, que se retirou esta tempada aos 45 anos tras 28 tempadas ao máximo nivel.

No último día tamén contaron coa visita na Fraga do vilalbés Isma, do Santiago Futsal, e de Porto, do Burela FS, que ao remate do evento sortearon diversos agasallos entre os rapaces.

Tamén fixeron acto de presenza na entrega de diplomas o presidente do clube Fran Fernández, e o concelleiro Chicho Tembrás.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

DEPOR CAMPUS AS PONTES 2019

Tivo lugar estes días nos Campos do Poboado

Esta semana, de luns a venres polas mañás, de dez a dúas, máis de corenta rapaces disfrutaron nos Campos do Poboado do Campus do Deportivo da Coruña.

Estiveron a cargo de adestradores do equipo herculino que tentaron de ensinarlles aos cativos habilidades e conceptos, para o que puxeron en práctica circuitos, rondos, xogos e partidos.

Tamén tentaron de inculcar a filosofía do clube coruñés, basada no respeto, solidariedade, amizade, xogo limpo, integración, esforzo e felicidade.

Ao remate do evento entregou os diplomas aos participantes o Concelleiro Chicho Tembrás. Tamén houbo sorteo de agasallos, da man inocente de Juan Roca.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Resto de CAtegorias C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s