CD As Pontes Feminino

ACTUACIÓN PONTESA NA COPA DO MUNDO DE BERLÍN

Esta semana disputouse a cuarta proba da Copa do Mundo

Esta semana disputouse a proba da Copa do Mundo de Tiro con Arco en Berlín, tralas de Colombia, China e Turquía, na que participaron os dous arqueiros ponteses do Silex.

Nas tiradas previas, Alvariño foi o mellor dos españois tras ser 14º con 638 puntos, Acha foi 43º con 621, Dani 62º con 606.

Xa nas roldas eliminatorias Dani vencía na frecha de desempate ao xaponés Kaisei Ito, 6-5 (9-7), enfrontándose despois a Maikel, exento da primeira eliminatorIa. Gañaba Alvariño tamén na frecha de desempate por 6-5 (9-8), perdendo despois 2-6 ante o belga De Smedt.

Por equipos, Alvariño, Acha e Castro, caían en oitavos de final 0-6 con Francia, equipo gañador do Xogos Europeos, e por equipos mixtos Alvariño e Mónica Galisteo vencían a Canadá na previa 6-0, a Francia en oitavos 5-3, caendo en cuartos 2-6 coa India concluindo sétimos.

Nova cortesía XF. Fotografía World Archery

X GALA DA ASOCIACIÓN DE CLUBES GALEGOS DE FÚTBOL

Premios para o CD As Pontes na temporada do seu retorno a Terceira

Este venres á noite celebrouse na capital galega, Santiago de Compostela, a décima gala do fútbol galego, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia.

Recibiron o trofeo “(Don) Luis Suárez” como mellor xogador da Preferente Norte o dianteiro aresán Carlos López, o trofeo “Miguel Ángel” como porteiro menos batido da Preferente Norte, o gardamallas Paco Fernández, o trofeo “Jose Luis Vara” como mellor adestrador da Preferente Norte, Marco Roca, e o trofeo ao colaborador para Suso Fernández.

O equipo tamén recolleu o trofeo á deportividade na Preferente Norte, e o trofeo de campión e ascendido a Terceira, recollidos polo capitán Dani Fernández e o delegado Pepe Pena.

Foto cortesía Belén Castro. Nova cortesía XF.

A SD O VAL ASCENDE Á PRIMEIRA DIVISIÓN DO FÚTBOL GALEGO

Fíxoo este sábado con dúas pontesas nas súas filas

A SD O Val de Narón conseguiu esta pasada fin de semana o ascenso á Primeira División do fútbol galego feminino. E fíxoo despois dunha longa campaña e tras un camiño nada doado. Acabaron quintas clasificadas no seu grupo segundo da Segunda División.

O gañador foi o Betanzos, con 64 puntos, equipo que logrou a primeira praza de ascenso tras vencer ao Friol B na promoción dos campións. Segundo quedou o Abellá con 56, CD Narón 55, Sporting Cambre 54, e O Val 52, con 17 vitorias, 6 derrotas, 1 empate, 85 goles a favor e 37 en contra.

Non comezaron con bo pé a eliminatoria de primeira rolda polo ascenso, xa que perderon en Sinde 2-4 co Chantada, conseguindo un sorprendente 2-5 na volta. Tamén superaron a segunda tras gañar na casa 4-0 ao Sporting Cambre, pese a perder despois a domicilio 3-2.

Na terceira eliminatoria caeron na casa 1-3 co Abellá, e pese a gañar na volta 2-3, faltoulles un gol máis e o conxunto que acabou conseguindo o ascenso foi o de Frades, xunto ao gañador da outra eliminatoria, o Friol B.

Do grupo Sur ascenderon o Tomiño como gañador da promoción de campións, mailo Atlántida Matamá B, e Valadares B nesta terceira rolda. Para a última praza houbo un play off de repesca pra os dous perdedores da terceira eliminatoria do grupo Norte e os dous do grupo Sur.

Na mesma, O Val gañou 4-1 ao Touro, e defrontou na final ao Concello de Boiro, que vencera 2-1 ao San Mateo de Ponteareas. Na gran final, xogada no Campo de As Cancelas en Santiago este sábado, venceu O Val ao Boiro por 2-1, logrando a última praza de ascenso en disputa.

No equipo valexo xogaron dúas pontesas, Andrea Montero, que disputou 22 encontros e o partido final completo, e Mireya Cabarcos, que non puido xogar en toda a campaña debido a unha lesión.

Fotos cortesía SD O Val. Nova cortesía Xose Ferreiro

IV SAMURAI XTREME RACE AS PONTES 2019

Disputouse a cuarta edición esta mañá de domingo no Lago pontés

Este domingo nunha mañá soleada celebrouse no lago de As Pontes a tradicional Samurai Xtreme Race. Comezando as 11:00, fíxose en tres tandas élite, cinco populares e unha última de voluntarios, nas que participaron preto de mil deportistas.

Na categoría élite Ocra resultaron vencedores Damián Espasandín e Paula Esteiro, secundados no podio por Cristian Zarta e Brais Otero, e Andrea Montero e Mariel Martínez, respectivamente.

Na proba élite non Ocra gañaron Moisés Bereijo e Olalla González, mentres que segundos e terceiros foron Enrique Suárez e Daniel Milego, e Paula Campo e Nuria Fernández, respectivamente.

Na proba popular os gañadores foron Daniel De La Torre e Arantxa Prado, namentres que por equipos, en élite gañou o OCR Team Comando norte, e nos populares fíxoo o Team Drako. Armando Maseda e Elena Losada foron os mellores ponteses clasificados.

Entregaron os diversos trofeos e diplomas os Concelleiros Chicho Tembrás, Elena López, Tania Pardo e Lorena Tenreiro, rematando o evento ás 15:30.

Nova cortesía de Xose Ferreiro   

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s