CD As Pontes Feminino

XXV TROFEO VILA DE AS PONTES. CD AS PONTES 1 (3) – RACING DE FERROL 1 (1)

Vitoria do As Pontes nos penaltis ante o todopoderoso Racing de Ferrol nun encontro no que foi por diante dende o primeiro minuto e lle empataron no desconto

O equipo local venceu na 25ª edición do Trofeo Vila de As Pontes a todo un Racing de Ferrol, 1-1 (3-1), que contaba con xogadores como Pablo Rey, Alex López, Dani Ábalo, Seoane, Diego Rivas ou o local Kike Fornos, entre outros moitos.

Nunha tarde soleada e ante máis de 500 espectadores suma o As Pontes o seu noveno entorchado, ante o equipo departamental, que gañara as edicións de 1977, 1978, 2005, e foi segundo en 1980, 1987, 2013, 2014 e 2019.

Pronto se adiantaron os locais no marcador, i é que no primeiro minuto Carlos anotou dende fora da área de forte disparo pegado ao pau ante o que Rivas nada puido facer. Buscou o empate o cadro de Larraz o resto do partido e foi no desconto que tras un disparo de Hassane, desvía o xusto un defensa local e acaba despistando a Javi Liz.

Nos penaltis anotaron polos locais Quique, Alex e Vilela, mentres que polos ferroláns apenas marcou o primeiro Tavares, e despois Garrido e Alex López lanzaron ao longueiro e Villarejo fora.

Xogaron polo As Pontes Paco (Liz 46´), Berto (David Pajaro 58´), Alex, Rivas (Otero 73´), Sánchez (Iván 46´), Dani (Caridad 58´), Gonzalo (Vilela 58´), Dani Pajaro (David García 46´), Carlos (Chema 73´), Fidi (Quique 46´), Pardo (Cambón 46´).

Polo Racing saíron de inicio Rivas, Seoane, Pita, Pau, Bruno, Rodellar, Armental, Beltrán, Juan Antonio, Pablo Rey, Marcos Álvarez, entrando despois Regueira, Fornos, Garrido, Villarejo, Borja, Alex López, Tavares, Ábalo, Luis, Sanmartín, Ebuka, Hassane y Chema.

Noveno título do As Pontes, por tres de Racing de Ferrol, Lugo e Viveiro, dous de Somozas, e un de Deportivo, Racing Vilalbés, Betanzos, Lemos e un combinado pontés.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PRESENTACIÓN CD AS PONTES 2019-2020

Tivo lugar este mércores á tarde

O CD As Pontes comezou este mércores a pretemporada no ano do seu regreso á máxima categoría do fútbol galego, a Terceira División, nun acto que contou coa presencia do presidente do clube, Xaime Castro, o Concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás, e o resto da directiva.

Categoría na que estivo en 1964-65, 1966-68, 1984-87, 1993-95, 1998-2002, e 2010-17, nun total de 19 tempadas cumprindo nesta a vixésima. Foi campión nos tempos do Endesa, na 1986-87 e na 1994-95.

Faino con doce xogadores da campaña pasada, o porteiro Paco, os defensas Alex, Sánchez, Rivas, os medios Dani, Fidi, Pardo, Quique, e o dianteiro Carlos.

Tamén continuan do derradeiro tramo da tempada pasada os ex xuvenís ponteses do Ural, cuarto clasificado de División de Honra, os irmáns Daniel e David Pájaro, e da mesma categoría viñera o lateral Alberto Rodríguez, do Racing. Suben do xuvenil pontés de Liga Galega os defensas Breijo e Otero.

O clube fixo neste verán seis fichaxes. Chegan os experimentados, defensa, Marcos Caridad, do Bergantiños, os medios, Gonzalo García, do Somozas, e David García, do Laracha, e tamén o porteiro Javi Liz, do filial do Lugo.

Tamén se contratou a dúas xoves promesas, como son o defensa Iván Pérez, da canteira racinguista, e o dianteiro Juan Cambón, tamén procedente do Ural. Farán a pretemporada co primeiro equipo os xuvenís, Brais, Chema, Vilela e Edgar.

O clube ten casi perfilado o seu plantel con estes 20 xogadores, aínda que non se descarta a incorporación dun extremo nas próximas semanas.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

MARATÓN DE FÚTBOL SALA FESTAS DO CARME 2019

Resultaron gañadores Muebles Eume en Masculino e Veteráns e Lecar 712 en Feminino

Nova cortesía Moisés Fernández e XF

XXIII TORNEO DE TENIS FESTAS DO CARME

Rematou este venres coas finais de cada categoría

Durante esta semana disputouse nas pistas de tenis pontesas o tradicional Torneo de Tenis Festas do Carme 2019, na súa vixésimo terceira edición.

Na categoría absoluta resultou vencedor Emilio Carballés, en Cadete Lydia Espiñeira, en Infantil a propia Lydia e Raúl Varela, e en Alevín Alejandra Vázquez e Tomás González. Entregou os trofeos aos diversos campións e subcampións Paulino Fernández Seoane.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s