CD As Pontes Feminino

MIGUEL ALVARIÑO CAMPIÓN DE ESPAÑA

Esta fin de semana en Ávila

O arqueiro pontés do Clube Silex Miguel Alvariño García proclamouse esta fin de semana en Ávila Campión de España de Tiro con Arco Recurvo.

Maikel foi cuarto nas tiradas previas con 647 puntos, e Dani Castro noveno con 634. Exento da primeira rolda, Alvariño gañou ao valenciano Carlos Ramón, 6-0, en dezaseisavos, para acabar vencendo a catro madrileños nas catro últimas roldas.

Despois caeron, Pau Ramírez, 7-3, en oitavos, Jose Manuel Solera, 6-2, en cuartos, Rubén de la Cuerda, 6-0en semifinais, e un rotundo 7-1 ante Ken Sánchez, mellor tirador da previa con 658 puntos, na gran final.

Dani Castro non tivo tanta sorte e pese a gañar a Javier Cuenca (6-0) e Jaime Ciudad (7-1), caeu en oitavos ante o propio Rubén de la Cuerda, 3-7, concluíndo noveno.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

NOÉ CALVO PARDO XOGARÁ EN ITALIA

Competirá na campaña 2019-2020 no Real Cefalú

O xogador pontés de fútbol sala Noé Calvo Pardo xogará a vindeira tempada 2019-2020 no fútbol sala italiano, coñecido popularmente como Calcio a 5.

Farao no Real Cefalú, localidade costeira de Sicilia, equipo que compite por ascender á Primeira División transalpina, quedando no play off de ascenso a campaña pasada.

Será o sétimo país que visita Noé, desde que marchara ao Operario Desportivo das Illas Azores (2012), para logo xogar no Fundao (2012-14), equipo co que gañou a Copa portuguesa.

Posteriormente estivo no Raba Eto de Hungría (2014-15), co que conseguiu o triplete maxiar, Liga, Copa e Supercopa, Bakú United inglés (2015-16), e novamente no Fundao (2016-17).

Neste derradeiro tramo, estivo no Voscuore Sendai xaponés (2017-18), no Hanoi Buffaloes de Vietnam (2018), equipo co que gañou a Liga, e a campaña pasada no Deva Autobergamo de Rumania (2018-19).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s