CD As Pontes Feminino

AMIGABLE. CD AS PONTES 2 – UD SOMOZAS 2

Tablas no derbi, con un período para cada equipo

As Pontes e Somozas víronse as caras este sábado nun derbi amigable de pretemporada. Ambos equipos serán os representantes da comarca esta campaña na Terceira División.

Cruzaranse no Manuel Candocia no primeiro encontro do ano 2020, víspora de Reis, e no Poboado na penúltima xornada, agardemos, sen apuros en ningún dos dous equipos nunha liga tan complicada.

No encontro deste sábado dominou máis o As Pontes nos primeiros 45 minutos, de inicio co seu mellor equipo de gala, e anotou por medio de Dani tras saque de esquina, e Carlos, que transformou un claro penalti cometido sobre el mesmo ao fío do descanso enganando ao ex internacional español sub17 David Gómez.

No segundo período, como acontecera contra o Polvorín, co paso dos minutos, coa paulatina entrada duns recambios moito máis novos ante un máis experimentado cadro de Somozas, dirixido por un vello coñecido como Manolo García, os visitantes acabaron igualando ata o 2-2 definitivo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

FOTOS. CD SANTABALLÉS-CD XERMADE

Partido disputado este venres á noite en Santaballa

Partido de caracter amigable o disputado este venres á noite entre os equipos veciños de Santaballés e Xermade, con vellos coñecidos do fútbol pontes coma Toni, Brais Blanco, Gonza, Chungui, Lucho, Nahum, Diego Pellón, Borja Pereira, Rebolo, Iago Castro, Jandro, David Otero ou Josiño.
Adiantaronse os locais no primeiro tempo por medio de Jandro tras aproveitar un mal despexe do porteiro, pero no segundo período, primeiro Pellón, que transformou un penalti cometido sobre Borja, e logo Pedro, que culminou unha contra, deronlle a volta ao marcador. Preto do final Vérez conseguía pra os locais o 2-2 definitivo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s