CD As Pontes Feminino

COPA DE GALICIA. ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA FS-O ESTEO FS (2-6)

O equipo pontés clasificase para oitavos de final

O Esteo estreouse este domingo en competición oficial na campaña 2019-20, e fíxoo na Copa de Galicia ante o Academia Red Blue 5 Coruña, gañando por 2-6, con tres tantos de Jacobo, e un de Matos, Pana e Dani.

Pero non foi un partido doado, a pesar do marcador, e de feito chegouse 0-0 ao descanso, e a pesar de poñerse 0-2, os locais chegaron a empatar, non resolvendose a eliminatoria ata os últimos cinco minutos.

Na seguinte fase enfrontarase ao Cidade de Narón, que gañou 1-3 en Outeiro de Rei, e o vencedor xogará co Parrulo en cuartos.

FICHA TÉCNICA:

Academia Red Blue 5 Coruña FS: Alfonso, Hermida, Chema, Guille, Pena – cinco inicial – Alex, Víctor, Fernando, Moscoso, Ramudo, Seijal, Carnota.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Héctor, Troncho, Matos – cinco inicial – Jacobo, Rober, Dani, Martín, Pana.

GOLES: 0-1, Jacobo (21´), 0-2, Matos (26´), 1-2, Chema (32´), 2-2, Moscoso (33´), 2-3, Jacobo (35´), 2-4, Jacobo (36´), 2-5, Pana (39´), 2-6, Dani (40´).

ÁRBITROS: Mella Brea, Castro Rodríguez, Piñeiro Rivas (A Coruña). Amarelas a Alfonso, Hermida, Cokito, Rober, Javichu. Expulsaron ao local Ramudo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. RACING CLUB VILALBÉS 0 – CD AS PONTES 0

Empate no derbi do As Pontes no seu debut en Liga no retorno a Terceira

Empate do As Pontes no derbi ante o Vilalbés no debut de Liga. Nunha localidade veciña en plena festa da Xira, e nunha área recreativa da Magdalena plagada de xente e sobre todo de coches, estrearonse os dous conxuntos nesta campaña 2019-20.

Puido adiantarse o As Pontes nos primeiros minutos, tras un gran tiro de Carlos que buscaba a escuadra e que desvía Javi Pita (3´), pero sobre todo nun gran pase en profundidade de Fidi, tralo que o xogador aresán regatea ao porteiro e o seu disparo sacao o Josito baixo paus (5´).

Pero a raíz de ahí o cadro local foise facendo co dominio do encontro e a piques estivo de chegar con ventaxa ao descanso tras un lanzamento ao longueiro de Maque no último suspiro (45´). No inicio do segundo período os lucenses continuaron apretando e Paco fixo un paradón a disparo de Aitor (51´).

Conforme pasaban os minutos os chairegos seguiron co dominio do balón sobre o céspede, sobre todo a través de moitos saques de esquina, pero cada vez con menos forzas. O As Pontes tamén tivo algunha aproximación, sobre todo nun disparo de Carlos que despexa un defensa (67´), e outro forte lanzamento do xogador aresán que chapa Pita en dous tempos (88´).

Ao final, punto de ouro a domicilio para un As Pontes sen Caridad, David García e Quique, que presentaba un banquiño de ex xogadores xuvenís, e que afrontou os 90 minutos con Dani Pajaro e Berto, que tivo unha gran actuación no lateral dereito, así como Alex Cabarcos que fixo un partidazo.

Igualada que é un reflexo dos partidos oficiais entre ambos equipos, xa que si en Vilalba hai sete triunfos para cada equipo por este quinto empate, os duelos en As Pontes resumense en sete triunfos locais, seis visitantes, e tamén cinco igualadas.

0 RACING CLUB VILALBÉS.Javi Pita, López, Buyo, Vérez, Josito, Javi Varela, Jose Varela, Make, Cuadrado (Aitor 34´), Sandá (Ángel 84´), Diego Rey (Sito 64´).

0 CD AS PONTES.Paco, Berto, Alex, Rivas, Sánchez, Dani, Dani Pajaro, Gonzalo, Carlos, Fidi, Pardo (Cambón 66´).

Árbitro.Rubén Extremadura Hernández. Auxiliado nas bandas por Rodríguez Barreira e Rey Simons. Amarelas ao Vérez, Josito e Sandá.

Campo e incidencias.A Magdalena. Unhas 250 persoas en tarde moi soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

FOTOS. CD XERMADE 3 – SDC CABREIROS 1

Nunha final con moitos futbolistas ponteses, o Xermade venceu 3-1 ao Cabreiros na tradicional Copa do Concello veciño, na que caeron en semifinais Roupar e Cazás.

Este domingo á tarde disputouse no Campo de Catro Ventos, en Cazás, a final da Copa do Concello veciño de Xermade, entre Cabreiros e Xermade. O equipo branquiazul eliminara nas semifinais ao Roupar na quenda de penaltis, namentes que o negro e vermello vencera máis folgadamente ao Cazás por 3-0.

Foi unha final con moita presenza de xogadores con pasado no fútbol pontés, sobre todo no campión Xermade, dirixido por Rebolo, con Iván Carballeira, Hugo Gegúndez, Toni, Gonza, Brais Blanco, Nahum Martínez, Diego Pellón, Chungui, Lucho, Fran García, David Rey e Borja Pereira. Namentres, no cadro de Cabreiros, Lino, Totti, Cristian, Adrián Vilasuso, Vicente Pardiño, Derick, e Marcos Novo.

Na primeira parte, tras un centro de Nahúm, chegando só ao segund pau, anotou Esteban. No segundo período marcou Borja Pereira tras rematar un centro na área pequena, e sentenciaba Chungui tras un gran lanzamento de falta pegado ao primeiro pau. Xa nas postrimerías, Pepe anotaba de penalti o tanto da honra polo Cabreiros, que tamén lanzou un tiro ó poste.

Ao remate do evento o Alcalde Roberto García, e as diversas autoridades, entregaron os trofeos a campión, subcampión, terceiro, Roupar, e cuarto Cazás.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s