CD As Pontes Feminino

COPA DE GALICIA. O ESTEO FS 0 – O PARRULO FS 3

O equipo de Primeira División avanza a semifinais

O equipo ferrolán do Parrulo, de Primeira División, venceu este sábado á tarde nun Pavillón da Fraga que rexistraba unha gran entrada, e accede ás semifinais da Copa de Galicia.

O cadro departamental adiantabase na primera metade cun gol de Saura e  a pouco da reanudación con outro de Helder. Un tiro ao poste de Rober Paz puido haber apretado o marcador pero un golazo, o terceiro, de Hélder sentrenciou o partido para os de Héctor Souto.

FICHA TÉCNICA:

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Rober, Jhony, Jacobo – cinco inicial – Martín, Héctor, Matos, Troncho, Dani.

O PARRULO FS: Illi, Iago, Núñez, Rumbo, Miguel – cinco inicial – Hélder, Rahali, Saura, Adri, Raúl, Caeiro, Chis.

GOLES: 0-1, Cokito (4´). 0-2, Hélder (21´), 0-3, Hélder (33´).

ÁRBITROS: Corral Martínez, Figueroa Veiga, Martínez Ulla. Amarelas a Javichu e Jacobo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

CAMPUS DE BALONCESTO AS PONTES 2019

Tivo lugar durante esta semana

Esta semana, de luns a venres, tivo lugar o tradicional campus de Baloncesto As Pontes, no Pavillón de A Fraga. Rematou na xornada de onte coa entrega de diplomas e coa visita do Baxi Ferrol.

O equipo departamental por desgracia baixou á Segunda División a campaña pasada, pero é un dos grandes favoritos a voltar á máxima categoría, da man de Lino López, e con xogadoras como Natalia Rodríguez, Patri Cabrera, Marina Delgado ou Marta Tudanca, entre outras.

Tamén estiveron na entrega de diplomas o presidente do clube pontés, Juan Eladio Pico, e os concelleiros Chicho Tembrás, Vicente Roca e Lorena Tenreiro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

III CAMPUS DE RUGBI VILA DE AS PONTES 2019

Tivo lugar durante esta semana

Esta semana, de luns a venres, tivo lugar no Campo artificial do Poboado o Campus de Rugbi do CR Fendetestas.

O evento foi moi completo xa que os cativos, ademais de rugbi, puideron disfrutar de diversas actividades como acampada, cine, gymkana, obradoiros, tocata, rócodromo, karts e visita a Muimenta.

Ao remate do evento cada participante recibiu unha medalla de mans do Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás, e representantes de Alvac, Óptica Baamonde e Servicio Móvil Isa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s