CD As Pontes Feminino

SEGUNDA DIVISIÓN B FÚTBOL SALA. O ESTEO FS-SD XOVE FS-1-2

O equipo pontés perde ante a súa besta negra como local

O Esteo debutou este domingo como local ante o Xove, equipo da Mariña ao que nunca se gañou na Segunda B, pois en cinco encontros apenas arañou dous empates, 1-1, 4-4, e tres derrotas, 3-6, 2-4 e 1-2.

No primeiro período adiantaronse os visitantes por medio do goleador Manu Jiménez pero empataron os locais por medio do retornado Noé Yombo. Mediado o segundo tempo, nunha contra marcaba Cora de tiro cruzado dende fóra da área.

Tentarono os locais con porteiro xogador pero o marcador non se moveu. Dúas boas ocasións de Jacobo, nunha interviu o porteiro, e outra marchou fora. Tamén os da Mariña puideron sentenciar, pero Héctor sacou un balón baixo paus e noutra ocasión Bruno enviou o balón alto con todo a favor.

O Esteo FS. Javichu, Cokito, Rober, Jacobo, Jhony – Héctor, Martín, Matos, Noé, Troncho, Dani.

Xove FS. Fajardo, Cristian, Carlitos, Manu, Pancho – Mini, Cora, Chema, Souka, Bruno.

Goles. 0-1, Manu (3´), 1-1, Noé (7´). 1-2, Sergio Cora (29´).

Tarxetas: Dani, Héctor, Cokito, Jacobo, Noé, Cristian, Carlitos, Manu, Cora, Chema.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Unos 150 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 3 – AROUSA SC 4

O As Pontes perde no último segundo

Segunda derrota consecutiva do As Pontes nun Poboado que aínda non coñece o que é puntuar na casa  no retorno á Terceira División.

Tras unha gran acción de Pardo que se pranta só, pero salva Táboas (3´), nunha infracción a Cambón, marca Carlos de penalti (7´). Pero a raíz de aí o Arousa botouse cara arriba, amosando os seus galóns de equipo grande da Terceira,  embotellando ao As Pontes.

Tras un bo centro ao que non alcanza a despexar de cabeza no salto Dani, só dentro da área dispara Pedro Beda e empata de tiro cruzado (36´). Pouco despois nunha xogada de banda a banda acaba marcando só na área pequena Raúl (38´).

E gracias, porque antes do descanso, Raúl fai unha vaselina que se vai por pouco por riba do longueiro (42´), e sobre todo Beda vaise de David Pajaro, fai o pase da morte cara atrás e ata por dúas veces estivo salvador Paco ante Rober (43´).

No inicio do segundo período seguía a mesma tónica de dominio por parte dos de Vilagarcía. Polo hábito local de xogar tódolos balóns arriscando dende atrás, grave erro de Paco, que lle entrega o balón a Raúl, este cede a Pedro Beda que dispara con todo a favor, e Dani salvador saca baixo paus (57´). Nun balón morto dentro da area volta a despexar Paco a tiro de Beda (60´).

Non finiquitou o Arousa, e o As Pontes tivo boas aproximacións, chilena de Pardo (62´), volea de Carlos (64´), ata que nunha contra Alex fai un centro chut dende banda esquerda, despexa Táboas e atento está Carlos para cazar o balón e mandalo ao fondo da rede (69´).

Pero pouco durou a ledicia pois tras non despexar un balón que lle rouban a Fidi preto do bandeirín de córner, finaliza en centro do equipo visitante, que peitea de cabeza Manu, e acaba marcando de tiro cruzado Rober chegando só ao segundo pau (73´).

Foi o As Pontes a polo empate e nunha acción dentro da área Pardo recibe un puntapé, anotando Carlos o seu particular e desgraciadamente estéril hat trick dende o punto fatídico (81´), xogada na que ademáis era expulsado Pacheco por doble amonestación.

Aínda cun menos achegabanse os de Vilagarcía, e tras un disparo de Cisso de primeiras, saca Paco como pode con unha man (86´), ao que respostou Pardo cunha cabalgada e un remate que marcha lamendo o pau (90´).

Foi o cadro arlequinado o que máis buscou o gol no tempo de desconto, e tras un córner, na enésima ocasión na que un futbolista visitante chegaba só ao segundo pau por banda esquerda, volve a marcar Pedro Beda na acción que puxo fin ao partido (93´), quedando atónita a parroquia local.

Segunda xornada caseira consecutiva na que o cadro local non consigue puntuar xogando contra dez, e o Arousa logra a novena vitoria no Poboado, por sete empates e cinco derrotas. Partido clave contra un rival directo pola salvación e de ingrato recordo como é o Pontellas.

CD As Pontes.Paco, David Pajaro, Alex, Rivas, Cambón (Dani Pajaro 46´), Dani, Quique, Gonzalo, Carlos, Fidi, Pardo.

Arousa SC.Manu Táboas, Adrián, Coti, Pacheco, Trapero, Pedro, Otero (Julio 66´), Manu, Pedro Beda (Suso 94´), Rober (Cisso 77´), Raúl.

Goles:1-0, Carlos (7´), 1-1, Pedro Beda (36´), 1-2, Raúl (38´). 2-2, Carlos (69´), 2-3 Rober (73´), 3-3, Carlos (82´), 3-4, Pedro Beda (93´).

Árbitro:Bruno Méndez Castro. Auxiliado nas bandas  por Pérez Rellán e Vázquez Lema. Amarelas a Gonzalo, Fidi, Pardo, Pedro, Manu, Adrián, Trapero e Julio. Expulsado por doble amonestación Pacheco (81´), e o porteiro suplente local, Javi Liz.

Campo e incidencias:O Poboado. Máis de 200 espectadores en tarde soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s