—
LIGA GALEGA. PONTEVEDRA RC-CR FENDETESTAS (50-12)
Derrota do Fendetestas no debut na cidade do Lérez
O Fendetestas pontés de rugbi estreouse este sábado en Liga no Campo de Monteporreiro, onde perdeu por 50-12 ante o Pontevedra. Ao descanso o resultado xa era de 29-0.
Trala reanudación os verdes maquillaron un pouco o marcador cos ensaios de Anxo e Antonio Gómez e o lanzamento a paus de Senen.
Xogaron Anxo, Carlos, Antón, Senen, Antonio Gómez, Ansumana, Antonio Franco, Iván, Javier, Miguel, Ramón, Asier, Cristian, Kevin, Toño Ferreiro, e despois Gallardo, Xose e Sergio.
Foto Pontevedra RC. Nova cortesía XF
—
SEGUNDA B. O ESTEO FS-CLUB ATLÉTICO BENAVENTE FS (4-2)
Partidazo do Esteo que gañou ao que era líder e campión da campaña pasada.
O Esteo pontés de fútbol sala venceu na maña deste domingo nun vibrante partido por 4-2 ao Benavente. Preto do final do primeiro tempo marcaba Héctor un golazo e antes do descanso Martín regatea ao porteiro e dispara fora e logo nunha xogada de estratexia é Cokito quen obriga a facer un paradón a Vara.
Na reanudación puido marcar Jacobo pero o seu disparo desviao o porteiro ao longueiro. Conforme pasaban os minutos os visitantes pasaron a facerse co control do balón, pero entre a defensa e Javichu solventaron as aproximacións visitantes. A máis destacada un riguroso penalti, que o porteiro lle parou fenomenalmente ao ex internacional español Charlie.
Preto do final anotaba Martín un bo tanto de tiro cruzado case sen ángulo e con porteiro xogador Jacobo facía o 3-0. Pero despois do gran partido dos locais, en dous despistes de Héctor recurtaron distancias os de Zamora.
Primeiro nun balón regalado a Malaguti dentro dá área, e despois por querer perder tempo, dende córner pase a Javichu ante o que está moi atento Charlie, e o ex de Lobelle, Ribera Navarra, Levante e Santa Coloma, regatea ao porteiro e a Rober e marca a pracer.
Pero faltando apenas 12 segundos nunha contra Rober sirvelle o balón a Jacobo que anotaba a sentencia, para un Esteo que é quinto con 7 puntos antes de visitar ao equipo asturiano do Boal, moi necesitado, pois aínda non puntuou.
O ESTEO FS. Javichu, Jhony, Troncho, Rober, Noé – Martín, Héctor, Matos, Cokito, Troncho, Dani.
ATLÉTICO BENAVENTE FS. Vara, Dilin, Charlie, Ángel, Malaguti – Sergio, Yayo, David, Alexander.
GOLES. 1-0, Héctor (15´). 2-0, Martín (34´), 3-0, Jacobo (35´), 3-1, Malaguti (37´), 3-2, Charlie (39´), 4-2, Jacobo (40´).
Tarxetas: Jhony, Jacobo, Javichu, Martín, Malaguti, Ángel, Yayo. Expulsados Noé, Tomy, Dilin.
Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 200 espectadores.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
RESULTADOS CD AS PONTES 4-5-6 OUTUBRO
Triunfos do Veterano, Cadete e Infantil
TERCEIRA DIVISIÓN
OURENSE CF-CD AS PONTES (2-1) (DaniP)
(Paco, Berto, Alex, Caridad, Rivas, Dani, Quique, Gonzalo (DaniP 63´), Carlos, Fidi (Sánchez 63´), Cambón (Pardo 62´))..
VETERANOS
CD AS PONTES-SAN MARTIÑO SD (1-0) (Juan Rodríguez)
FEMININO
SD LIBUNCA-CD AS PONTES (2-2) (Andrea, Paula Castro)
XUVENIL
VIVEIRO CF-CD AS PONTES (2-2) (Cristian 2)
CADETE
CD AS PONTES-CULTURAL MANIÑOS SD (8-1) (Sergio 4, Diego 2, Eloy, Adrián)
INFANTIL
CD AS PONTES-MEIRÁS CF (5-0) (Mateo, Antón, Yeray, Diego, pp)
ALEVÍN
SD LIBUNCA-CD AS PONTES B (3-2) (Lucas, Xabi)
BENXAMÍN
CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA B (1-5) (Íker)
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES B (5-1) (Brais)
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
LIGA VETERANOS 2019-20
La Galaxia é o primeiro líder
1ª XORNADA
LA GALAXIA-ELECTRICIDAD J&O (6-1)
MUEBLES EUME-AS PONTES 74 (4-1)
LA BAMBA-A CEPA (3-0)
BAR ENCANTO LECAR 712-JEYCAR (4-3)
ESTANCO MARI CARMEN-MMYPEM (2-1)
DESCANSA FARMAVIDA
CLASIFICACIÓN
1º LA GALAXIA (3+5)
2º MUEBLES EUME (3+3)
3º LA BAMBA (3+3)
4º BAR ENCANTO LECAR 712 (3+1)
5º ESTANCO MARI CARMEN (3+1)
6º FARMAVIDA (0-0)
7º JEYCAR (0-1)
8º MMYPEM (0-1)
9º AS PONTES 74 (0-3)
10º A CEPA (0-3)
11º ELECTRICIDAD J&0 (0-5)
—