CD As Pontes Feminino

RESULTADOS CD AS PONTES 18-19-20 OUTUBRO

Importante punto, cun xogador menos, nun campo difícil como o do Morrazo, dun As Pontes aínda moi necesitado. Brillante triunfo do Xuvenil, e tamén de Feminino, Cadete e Infantil

TERCEIRA DIVISIÓN
ALONDRAS CF-CD AS PONTES (1-1) (Carlos)
Javi Liz, Berto, Alex, Rivas, Iván, Dani, Quique (Sánchez 73´), David García (David Pájaro 85´), Carlos, Cambón (Gonzalo 85´), Pardo

VETERANOS
CAMBRE CF-CD AS PONTES (2-2) (Alberto Fernández, Juan Rodríguez)

FEMININO
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES (0-6) (Carlota2, CarolinaR, Nerea, PaulaB, Andrea)

XUVENIL
VICTORIA CF-CD AS PONTES (0-4) (Cristian2, Vilela, Iván)

CADETE
CD AS PONTES-SD O VAL B (3-2) (Eloy, SergioH, Luis)

INFANTIL
CD AS PONTES-CD NARÓN (7-3) (Antón2, Miguel, Anxo, Xandre, Borja, Andrea)

ALEVÍN
MEIRÁS CF B-CD AS PONTES (3-0)
CD AS PONTES B-SDC GALICIA DE MUGARDOS B (3-3)

BENXAMÍN
SDR NUMANCIA DE ARES-CD AS PONTES B (4-1)

PREBENXAMÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES (4-0)
CD ASPONTES B-CCRD PERLÍO (1-4)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

COPA DO REI DE FÚTBOL SALA. O ESTEO FS-CIDADE DE NARÓN (3-2)

Un gol de Cokito faltando 14 segundos da ao Esteo unha histórica clasificación tras remontar un 0-2

O Esteo pontés de fútbol sala conseguiu na noite deste martes unha histórica clasificación para a seguinte fase da Copa do Rei tras gañar ao Cidade de Narón por 3-2.

Debutaba históricamente o equipo pontés na décima edición deste torneo, gañado en seis ocasións polo FC Barcelona, dúas El Pozo de Murcia e unha Inter Movistar, os tres trasatlánticos, trala quinta praza lograda o ano pasado. Non confundir este evento coa Copa de España LNFS que xogan dende hai 30 edicións os oito primeiros clasificados da primeira volta da Primeira División.

Conseguiron ventaxa no marcador os naroneses por medio do ex xogador local Bertito ampliada cun golazo polo escuadro do pívot Iván, aínda que Troncho, tras rematar con suspense dentro da área unha deixada de cabeza de Cokito recurtaba distancias antes do descanso.

Ao pouco do reinicio, centra Rober e Cokito marca de cabeza, entrando o balón tras petar no longueiro. Transcorreu o segundo período con ocasións para ambos equipos aínda que levou máis o peso do encontro o cadro local.

Faltando 14 segundos, tras un pase dende o lateral de Jhony, empala o ex xogador do cadro naronés Cokito ao fondo das mallas case sen ángulo desatando a euforia dos preto de 300 afeccionados, e sen que houbera aepnas tempo para máis.

Na vindeira ronda o cadro local xogará en teoría contra un dos equipos galegos da Segunda División, o Santiago, Noia, ou incluso o Burela, xa que a pesar de militar en Primeira División, conseguiu o ascenso na campaña pasada.

O ESTEO FS. Javichu, Héctor, Rober, Jacobo, Cokito – Jhony, Matos, Troncho, Dani.

CIDADE DE NARÓN. Nico, Brais, Bertito, Diego, Mario – Chapu, Iván, Guille, Rubén, Niceto.

GOLES. 0-1, Bertito (10´), 0-2, Iván (12´), 1-2, Troncho (17´). 2-2, Cokito (24´), 3-2, Cokito (40´).

Tarxetas: Jacobo, Héctor, Rober, Cokito, Chapu, Guille, Iván, Diego, Albes.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 300 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA B. O ESTEO FS-CD UNIÓN ARROYO (8-5)

Goleada do Esteo con cinco tantos de Jacobo nun triunfo máis sufrido do que indica o marcador

O Esteo pontés de fútbol sala gañou este sábado á tarde no Pavillón de A Fraga ante o equipo vallisoletano de Arroyo de la Encomienda por 8 goles a 5.

E iso que xa pronto as cousas non comezaban moi ben xa que os visitantes se adiantaban con dous tantos, pero conseguía recurtar distancias Jacobo, que na tarde de hoxe anotou cinco.

Antes de chegar ao descanso deronlle a volta ao marcador os locais, cun tiro cruzado de Jhony, un disparo raso de Jacobo, e unha xogada persoal de Héctor.

Ao pouco da reanudación, nun intercambio de goles, anotaba un tanto Jacobo no que o balón entrou e despois saiu tras petar no lateral do poste. Recurtaban distancias os casteláns leoneses, Noé marcaba de falta tras un forte disparo, e voltaban a achegarse os de vermello poñendo o 6-4.

Jacobo cun trallazo dende fóra da área polo escuadro poñía un máis tranquilizador 7-4, e xa con porteiro xogador os vallisoletanos o propio Jacobo facía o quinto a porta baleira e preto do final o Arroyo maquillaba o marcador.

O Esteo era este sábado sexto con 10 puntos antes de visitar ao Albense, terceiro con 12.

O ESTEO FS. Javichu, Héctor, Troncho, Jacobo, Cokito – Noé, Matos, Jhony, Rober, Martín.

CD UNIÓN ARROYO. Edgar, Adri, Cabezas, Virgi, Cristóbal – Caballero, Escudero, Diego, Raúl.

GOLES. 0-1, Adri (1´), 0-2, Cabezas (2´), 1-2, Jacobo (3´), 2-2, Jhony (9´), 3-2, Jacobo (15´), 4-2, Héctor (16´). 5-2, Jacobo (22´), 5-3, Cabezas (23´), 6-3, Noé (24´), 6-4, Escudero (25´), 7-4, Jacobo (32´), 8-4, Jacobo (37´), 8-5, Escudero (39´).

Árbitros: Cueto Rodríguez, Rodríguez Rendal, Molinero Rodríguez. Amarelas a Diego, Cabezas, Edgar.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Máis de 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA GALEGA DE RUGBI. CR FENDETESTAS 7 – KALEIDO UNIVERSIDADE VIGO B 44

Derrota do cadro pontés no seu debut ligueiro na casa

O Fendetestas pontés de rugbi recibía na mañá deste domingo ao equipo vigués no campo artificial do Poboado no que era o debut nas Pontes, pois xa se estreara perdendo 50-12 en Pontevedra.

Os olívicos xa marchaban ao descanso cun claro marcador de 0-29 que maquillou un pouco o cadro local no segundo período cun ensaio de Javi e o lanzamento a paus de Antonio.

Os verdes aínda non conseguiron puntuar neste inicio ligueiro, na mesma situación que  Santiago, Mareantes e Barbanza, e complicado rival terán a vindeira xornada xa que visitan ao líder e gañador das tres últimas Ligas Galegas, o conxunto departamental.

Xogaron Anxo, Carlos, Antón, Lois, Cristian, Pablo, Toño, Ansumana, Antonio, Javier, Andrés, Miguel, Senen, Ramón e Asier, entrando no segundo tempo Brais, Gallardo, Xose e Roberto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA VETERANOS 2019-20

Muebles Eume e La Bamba xa lideran en solitario

 

3ª XORNADA

LA BAMBA-JEYCAR (2-1)

MUEBLES EUME-ELECTRICIDAD J&O (7-1)

AS PONTES 74-BAR ENCANTO LECAR 712 (1-0)

FARMAVIDA-MMYPEM (0-0)

ESTANCO MARI CARMEN-LA GALAXIA (3-2)

DESCANSA A CEPA

 

CLASIFICACIÓN

1º MUEBLES EUME (9+10)

2º LA BAMBA (9+5)

3º BAR ENCANTO LECAR 712 (6+2)

4º ESTANCO MARI CARMEN (6+1)

5º FARMAVIDA (4+1)

6º AS PONTES 74 (4-2)

7º LA GALAXIA (3+4)

8º MMYPEM (1-3)

9º ELECTRICIDAD J&O (1-11)

10º JEYCAR (0-3)

11º A CEPA (0-4)

Nova cortesía X.F, T.F e T.P.

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s