CD As Pontes Feminino

IVÁN PENA MARTÍNEZ, CAMPIÓN DO MUNDO EN CHINA

O deportista de As Pontes gañou en Master 40

O deportista pontés Iván Pena Martínez gañou na mañá deste sábado o ouro no Mundial de Stand Up Paddle, ou Paddlesurf, que se está a celebrar en China, en Qingdao, na categoría Master 40.

Iván venceu cun tempo de 59:77, por diante do israelí Eran Kanias (1:00:31), segundo, e do chino Hai Sun (1:00:86), terceiro, nun envento no que tamén participaron deportistas de Brasil, Corea do Sur, Rusia, Portugal, Eslovenia e Exipto.

Iván é un dos deportistas máis prolíficos, e sobre todo polifacéticos, o que máis, do deporte pontés, un auténtico todoterreno no mundo da auga.

Nos seus inicios no deporte, no piragüismo, entre outras cousas chegou a ser ouro nunha Copa de España Junior, en K2 500 xunto a Iago Crende Polo, en 1996.

Más adiante probou no mundo do Kaiak Polo, no que ademáis de ser Campión de Galicia e de España, chegou a xogar coa Selección Española no Mundial de Alemaña 2002 (sétimo) e nos World Master Games en Australia 2009 (cuarto).

Máis adiante, na modalidade de Waveski Surf, en Portugal, no ano 2016, foi cuarto clasificado individual e Campión Mundial por equipos coa Selección Española.

Nova cortesía XF. Fotos Iván Pena

DOUS XOGADORES DO CD AS PONTES COA SELECCIÓN GALEGA UEFA

Este mércores as 18:30 en A Estrada

Os futbolistas do CD As Pontes Francisco Fernández Pernas e Carlos López Vilasánchez foron convocados para uns adestramentos da Selección Galega Uefa.

A pesar do último posto do equipo na clasificación, ambos xogadores están a realizar unha gran campaña, o dianteiro aresán Carlos é o segundo máximo goleador da categoría con 8 tantos, so un por debaixo de Íker Hurtado, e o porteiro ferrolán Paco, cando menos nos encontros do Poboado evitou males maiores con soberbias actuacións.

Ambos seguen o camiño doutros ex xogadores azuis coma Jordi, Chicho, Cañizares ou Edi, entre outros. Os convocados son os seguintes:

Ourense CF: Juanma, Adri Castro, Martín Lamelas
Bergantiños CF: Aarón, Iago López, Diego
SD Compostela: Brais Abelenda, Samu
Arousa SC: Jorge Sáez, Rober
Alondras CF: Jesús Varela, Abel
CD Choco: Vitra, Mario
CD As Pontes: Paco, Carlos
UD Somozas: Diego Uzal
CD Arenteiro: Rui
UD Ourense: Marquitos
CD Barco: Omar
UD Paiosaco: Pablo
CSD Arzúa: Íker Hurtado

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 – SD COMPOSTELA 0

O As Pontes salva un punto ante a histórica Compostela

O As Pontes rescatou un punto no seu encontro desta tarde no Campo de O Poboado ante o segundo clasificado Compostela.

O partido non foi de moitas ocasións, e nunha primeira parte de dominio alterno, apenas cabe destacar o tramo final, no que tras un dubidoso gol anulado aos locais, víronse dúas boas intervencións de Liz, a disparo de Brais (39´), e un despexe a córner tras cabezazo de Antas (44´). Tamén Alex, e o xove Iván, moi ben hoxe, desbarataron dúas aproximacións.

Na segunda parte foi algo máis a pola vitoria o cadro da capital galega aínda que como ocasión máis clara apuntar unha internada de Sanmartín por banda esquerda e o seu remate desvíao a córner Liz saíndo o balón un palmo por encima do traveseiro (61´).

Pero o As Pontes, ao contrario doutros partidos, sen facer grandes florituras en ataque, estivo moito máis serio atrás, aguantou, e logrou salvar un meritorio empate ante un dos galos da categoría.

Sétimo punto para os azuis, segundo en casa, para un As Pontes que abandona o faroliño, en mans da Polvorín cos mesmos puntos, pero que, penalizado por sumar apenas unha vitoria, o que menos, ve como os seus rivais pola salvación afástanse xornada tras xornada.

E o calendario nas próximas semanas non acompaña. Próxima visita ao complicado Barco de Valdeorras. Quinto empate de ambos os equipos en O Poboado, ademais de cinco triunfos locais e nove visitantes.

CD AS PONTES. Liz, Berto, Alex, Caridad (Sánchez 60´), Iván, Gonzalo (Fidi 68´), Quique, David García, Carlos, Cambón, Pardo.

SD COMPOSTELA. Pato, Saro, Mon, Álvaro (Queiruga 70´), Soto, Samu, Sanmartín (Josiño 81´), Baleato, Abelenda, Antas, Palmas (Miki 60´).

Árbitro: Jose Luis Dávila Fernández (Vigo). Auxiliado por Rodríguez Barreira e Rodríguez Covelo. Amarelas a Iván, Gonzalo, David García, Carlos, Cambón, Pardo, Fidi, Mon e Baleato.

Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Uns 250 espectadores. Partido retransmitido pola Tvg2.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES 25-26 OUTUBRO

Triunfos do Veterano, Feminino, Cadete, Infantil, Alevín A, Benxamín A e Prebenxamín A

VETERANOS
CD AS PONTES-RODÍS FC (10-0)
Alberto Fernández 3, Diego Soto 2, Juan Rodríguez, David Couso, Óscar Púas, Marcos Tojeiro, pp. Primeiro clasificado momentáneo (13+19). Próximo rival Aranga.

FEMININO
CD AS PONTES-CCRD PERLÍO (2-0)
Yoli, Paula Castro. Terceiro clasificado (7+6). Próximo rival Rosalía.

XUVENIL
CD AS PONTES-E. ESTRADA FB (1-1)
Vicente. Sétimo clasificado (14+1). Próximo rival Orillamar.

CADETE
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES (2-3)
Luis, Samuel, Eloy. Segundo clasificado (18+24). Próximo rival Numancia de Ares.

INFANTIL
CD AS PONTES-CMI CLUB DE CAMPO (5-1)
Anxo, Xandre, Diego, Xalo, Sergio. Primeiro clasificado (15+19). Próximo rival Racing San Pedro.

ALEVÍN
CD AS PONTES-SCDR GALICIA CARANZA DE (5-0)
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES B (4-2)

BENXAMÍN
CD AS PONTES-CD NARÓN (2-1)

NARÓN O FREIXO-CD ASPONTES B (3-3)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES-SRD PORTUARIOS (14-3)
NARÓN O FREIXO-CD ASPONTES B (8-0)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA VETERANOS 2019-20

La Bamba lidera en solitario polo descanso de Muebles Eume

4ª XORNADA

LA GALAXIA-MMYPEM (4-3)
ELECTRICIDAD J&O-BAR ENCANTO LECAR 712 (1-0)
A CEPA-JEYCAR (1-1)
ESTANCO MARI CARMEN-AS PONTES 74 (5-0)
LA BAMBA-FARMAVIDA (2-1)
DESCANSA MUEBLES EUME

CLASIFICACIÓN

1º LA BAMBA (12+6)
2º MUEBLES EUME (9+10)
3º ESTANCO MARI CARMEN (9+6)
4º LA GALAXIA (6+5)
5º BAR ENCANTO LECAR 712 (6+1)
6º FARMAVIDA (4)
7º AS PONTES 74 (4-7)
8º ELECTRICIDAD J&O (4-10)
9º JEYCAR (1-3)
10º MMYPEM (1-4)
11º A CEPA (1-4)

XORNADA 5

MUEBLES EUME-JEYCAR (DÍA 2, 20:00)
FARMAVIDA-ELECTRICIDAD J&O (DÍA 2, 21:00)
ESTANCO MARI CARMEN-BAR ENCANTO LECAR 712 (DÍA 3, 10:00)
LA GALAXIA-AS PONTES 74 (DÍA 3, 11:00)
A CEPA-MMYPEM (DÍA 3, 12:00)
DESCANSA LA BAMBA

Nova cortesía T.F. e T.P.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s