CD As Pontes Feminino

LIGA VETERANOS 2019-20

Muebles Eume, Estanco Mari Carmen, e La Bamba, con sufrimento, seguen no liderato.

XORNADA 6

LA GALAXIA-BAR ENCANTO LECAR 712 (2-1)
LA BAMBA-ELECTRICIDAD J&O (4-3)
ESTANCO MARI CARMEN-FARMAVIDA (3-1)
MUEBLES EUME-MMYPEM (5-1)
A CEPA-AS PONTES 74 (adiado)
DESCANSA JEYCAR

CLASIFICACIÓN

1º MUEBLES EUME (15+19)
2º ESTANCO MARI CARMEN (15+10)
3º LA BAMBA (15+7)
4º LA GALAXIA (12+17)
5º ELECTRICIDAD J&O (7-10)
6º BAR ENCANTO LECAR 712 (6-2)
7º FARMAVIDA (4-3)
8º MMYPEM (4-7)
9º AS PONTES 74 (4-18)
10º A CEPA (1-5)
11º JEYCAR (1-8)

XORNADA 7

A CEPA-ELECTRICIDAD J&O
MUEBLES EUME-BAR ENCANTO LECAR 712
ESTANCO MARI CARMEN-JEYCAR
FARMAVIDA-AS PONTES 74
LA BAMBA-LA GALAXIA
DESCANSA MMYPEM

Nova cortesía T.F.

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 – BERGANTIÑOS CF 0

O As Pontes logra a súa primeira vitoria en casa e súmase á loita pola salvación.

O As Pontes logrou este domingo a súa primeira vitoria en casa e meteuse na pelexa pola salvación tras gañar por 2-0 ao potente Bergantiños.

Despois dun disparo nunha internada de Aaron que despexa Paco (13´), os azuis adiantáronse tras unha rocambolesca acción, na que remata Carlos dentro da área, despexa o porteiro, controla o balón Quique, envíao ao traveseiro, volve rematar outra vez Carlos, e finalmente é Cambón quen cun golpeo na área pequena mándaa ao fondo das mallas (18´).

Antes do descanso puideron igualar os visitantes, nunha xogada na que Rubén Rivera encara libre de marca pero saca o balón Paco co corpo (29´), e noutra contra é Diego quen avanza só, centra á área pero acaba desbaratando o perigo un xogador local baixo paus (34´).

No segundo período os visitantes foron a polo empate, pero o encontro discorreu con moita choiva e poucas ocasións. Co xogo desde atrás dos locais, complicouse a vida cun balón Caridad pero estivo atento ao cruce Dani (57´).

Posteriormente era Alex quen avanzaba por banda esquerda ata liña de fondo, centrando con perigo, pero despexando un defensor a córner (65´). O propio lateral realizou un forte disparo que atallou Canedo (67´). Nun balón que se lle vai nun despexe a David, propicia unha contra cinco contra tres que volve desbaratar Dani (82´).

Foi ao borde do final, que Quique queda só ante Canedo, pícalle o balón, e este acaba entrando con suspense ao fondo das mallas asinando a sentenza (85´). Colle algo de aire o equipo local, agora un pouco máis serio en defensa, antepenúltimo con 10 puntos, antes da complicada visita ao Fabril. Métese en zona de descenso o Bergantiños, cuarto pola cola con 12.

Décimo quinta vitoria local en O Poboado ante o cadro de Carballo, por dez empates e dous triunfos visitantes, na 2008-09 e a 2014-15.

CD As Pontes. Paco, Berto, Alex, Caridad, David García, Dani, Quique, Gonzalo (Dani Pajaro 89´), Carlos, Cambón (Fidi 74´), Pardo (Sánchez 45´).

Bergantiños CF. Canedo, Bilal (Remeseiro 67´), Aaron, Iago, Marcos, Granada (Cano 72´), Duque, Agulló, Rivera, Diego, Toni (Dieguez 80´).

Goles: 1-0, Cambón (18´), 2-0, Quique (85´).

Árbitro: Zulema González González (Ourense). Auxiliada por Rodicio González e García Vázquez. Amarelas a Gonzalo, Diego, Bilal, Aarón, Marcos, Duque.

Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde moi chuviosa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA B. O ESTEO FS-PRONE LUGO FS (9-4)

Goleada do Esteo ante o equipo lucense

Gran vitoria do Esteo 9-4 ante un histórico en horas baixas como é o Prone de Lugo, antigo Azkar, gañador da Recopa de Europa en 2005. Nun partido cun inicio estrano, adiantábanse aos poucos segundos os locais cun tanto de Cokito, pero os visitantes remontaban ata o 1-3.

Foi o Esteo cun vendaval que anotaba cinco tantos en poucos minutos redondeado co 7-3 que facía Rober Paz ao pouco do descanso deixando encarrilado o encontro. No segundo período reparto de goles para ambos equipos ata o 9-5 definitivo.

O Esteo é quinto con 16 puntos antes dunha complicada visita a un apurado Ventorrillo. Entremedias recibirá ao Santiago Futsal na Copa do Rei.

Segunda vez que os ponteses anotan nove goles nestas sete campañas na Segunda B. Na 2017-18 gañaraselle 9-4 ao Albense. Anteriormente, na Terceira División, o Esteo marcou nove ou máis goles en catorce ocasións.

Os ponteses anotaron doce goles ante, Melyde Eypar (12-2, 2012), Carballiño (4-12, 2012), Negreira Bar Arranca (6-12, 2009), e Automoción La Junquera (8-12, 2005).

Dez tantos lográronse ante Cidade de Viveiro (10-0, 2013), Redondela (2-10, 2009), e San Cristobo Arzúa (3-10, 2009).

Nove goles anotáronse ante Negreira Bar Arranca (9-0, 2008), Boqueixón (9-2, 2007), Irote Coton (9-3, 2006, e 4-9, 2005), Pazos de Borbén (9-4, 2012), Begasucegsa Fene (6-9, 2011) e Redondela (8-9, 2006).

O ESTEO FS. Failde, Jhony, Rober, Jacobo, Cokito – Noé, Héctor, Matos, Troncho.

PRONE LUGO FS. Ferreiro, Mohamed, Pablo, Quintela, Monterroso – Hugo, Manuel, Barja, Mejuto.

GOLES. 1-0, Cokito (1´), 1-1, Mohamed (4´), 1-2, Quintela (5´), 1-3, Matos, pp (6´), 2-3, Héctor (7´), 3-3, Matos (8´), 4-3, Noé (9´), 5-3, Matos (10´), 6-3, Cokito (11´), 7-3, Rober (14´). 8-3, Troncho (33´), 8-4, Hugo (35´), 9-4, Jacobo (38´), 9-5, Monterroso (39´).

Tarxetas: Monterroso. Expulsado Noé por doble amonestación (33´).

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA GALEGA DE RUGBI. CR FENDETESTAS-BARBANZA RC (5-8)

Derrota pola mínima do cadro pontés

O Fendetestas pontés de rugbi non puido vencer esta mañá chuviosa de domingo no campo artificial, tras perder 5-8 ante o equipo de Rianxo, que marchaba ao descanso con 0-3 gracias a un golpe de castigo transformado.

Mediado o segundo tempo situabanse os verdes por diante tras apuntarse Antonio Franco un ensaio pero pouco despois era o Barbanza o que facía o mesmo establecendo o 5-8 definitivo, nun encontro no que o máis positivo foi o bonus defensivo que supón o primeiro punto da tempada para un equipo que é penúltimo e descansa na vindeira xornada.

Xogaron Asier, Anxo, Ramón, Carlos, Cristian, Gallardo, Ansumana, Kevin, Toño, Iván, Antonio Gómez, Antonio Franco, Javier, Miguel, Senen, e despois Andrés, Xose, Brais, Beto e Lois.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES 8-9 NOVEMBRO

Triunfos do Veterano, Feminino, Cadete, Infantil, e Prebenxamín A

VETERANO
ADC ARANGA-CD AS PONTES (0-4)
Óscar Púas 2, Alberto Fernández, Juan Esteban. Segundo clasificado (16+23). Próximo rival Juventud Latina.

FEMININO
CD AS PONTES-SD O VAL B (3-1)
Carlota Pena 2, Paula Baamonde. Terceiro clasificado (11+8). Próximo rival Cultural Maniños.

XUVENIL
CD AS PONTES-CD CONXO SANTIAGO B (1-1)
Riobo. Décimo clasificado (15). Próximo rival Montañeros.

CADETE
SD RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (1-1)
Hugo Blanco. Segundo clasificado (22+27). Próximo rival Meirás.

INFANTIL
CD AS PONTES-SRD NUMANCIA DE ARES CF (3-2)
Diego Lozano, Nico Meizoso, Xandre Fernández. Terceiro clasificado (18+19).

ALEVÍN
SD O VAL-CD AS PONTES B (6-3)

BENXAMÍN
CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA C (2-3)
SCDR ÁNIMAS-CD ASPONTES B (8-2)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (11-0)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s