CD As Pontes Feminino

SEGUNDA B. VENTORRILLO FS-O ESTEO FS (3-3)

O equipo pontés é sexto con 17 puntos

O Esteo pontés de fútbol sala empatou 3-3 na súa visita á Coruña, con tantos anotados por Martín, ante o seu ex equipo, Noé e Cokito.

Pese a adiantarse 0-2 e 1-3 non deixa de ser un bo resultado ante un conxunto apurado da zona baixa, na criba que marca a salvación, e nunha semana na que houbo que vencer ao Santiago Futsal o mércores.

Son sextos con 17 puntos. Un Esteo que se enfrontará ao Sala Ourense, oitavo con 13, e na Copa recibirá ao Burela.

VENTORRILLO FS. Óscar, Manu, Alex Ares, Andresín, Jhonny – Berto, Buxía, Vituco, Xavi, Kevin, Toca.

O ESTEO FS. Javichu, Martín, Héctor, Noé, Matos – Troncho, Cokito, Jacobo, Jhony, Faílde.

GOLES. 0-1, Martín (2´), 0-2, Noé (19´), 1-2, Buxía (20´). 1-3, Cokito (22´), 2-3, Buxía (27´), 3-3, Kevin (28´).

Tarxetas: Dacal Deza, Pinilla Boullosa, Núñez Mariño (Vigo). Amarelas a Jacobo, Héctor, Cokito.

Incidencias: Pavillón Municipal de Ventorrillo (A Coruña). Uns 100 espectadores.

Nova cortesía Moisés Fernández e XF

COPA DO REI. O ESTEO FS 1 – SANTIAGO FUTSAL 0

Un gol no último minuto da prórroga clasifica a un histórico Esteo, que xogará contra un Primeira División, entre os 30 mellores de España

O Esteo pontés de fútbol sala fixo outra vez historia ao derrotar ao Santiago Futsal, da Segunda División, por 1-0 na súa segunda eliminatoria copeira, antigo Lobelle, que fora campión da Recopa de Europa en 2007, da Copa de España en 2006 e da Supercopa en 2010.

Tras un primeiro período sen goles, o segundo comezaba con sendos disparos aos postes de Brian Niebla e Jacobo, e algunha que outra boa intervención de ambos porteiros.

Curiosamente foi nos seis minutos de prórroga que houbo máis ocasións que no resto do partido. Nos primeiros tres minutos, bo remate de Jacobo ante o que Recio fai un paradón, e logo máis clara de Noé dentro da área, pero o gardamallas que gañou o Europeo Sub19 con España hai apenas dous meses, 6-1 a Croacia, voltou a estar providencial.

Incluso sacou unha cabezada cara atrás de Cokito co tempo cumprido. Tamén houbo algunha aproximación visitante a cargo do internacional tailandés Peerapat, ben resolta por Javichu.

No segundo período, con porteiro xogador os visitantes recuperou un balón Matos, e tivo a súa opción a porta baleira, pero tamén Iván Beltrán, nunha xogada na que o futbolista que xogara en Primeira co Zaragoza enviou o balón ao poste.

Pero o último tramo foi o máis emocionante. Coa sexta falta dos visitantes Jacobo dispuxo dun doble penalti, que voltou a desbaratar Recio, pero pouco despois, faltando menos dun minuto pra o remate, asistiu ben dende banda esquerda Rober Paz, e remata Héctor ao fondo das mallas chegando so ao segundo pau.

Os 14 vencedores desta eliminatoria xogarán contra os 14 equipos de Primeira, exentos El Pozo Murcia e FC Barcelona por xogar competición europea. Por proximidade tocará O Parrulo ou Burela.

Nos 14 vencedores desta fase hai 9 de Segunda División, e cinco de Segunda B, Tenerife, Hospitalet, Pinatar, Peligros e O Esteo.

O ESTEO FS. Javichu, Héctor, Matos, Cokito, Troncho – Noé, Rober, Jacobo, Jhony, Martín.

SANTIAGO FUTSAL. Liñeira, Brian, Gambín, Beltrán, Montiel – Domingos, Isma, Blanco, Peerapat, Noel, Recio.

Goles: 1-0, Héctor (45´).

Tarxetas: Cokito, Noé, Jacobo, Montiel, Isma, Peerapat. Incidencias. Pavillón de A Fraga, con algunhas goteiras polo temporal. Uns 300 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES 15-16-17 NOVEMBRO

Triunfos do Veterano, Feminino, Cadete, Prebenxamín A e ambos Benxamíns

TERCEIRA DIVISIÓN

DEPORTIVO FABRIL-CD AS PONTES (2-1)

Penúltimo clasificado (10-3). Empatado a puntos co colista por peor saldo de goles Rápido de Bouzas, próximo rival.

VETERANO
CD AS PONTES-CD JUVENTUD LATINA (5-2)
Diego Soto, Óscar Púas, Narciso Vázquez, Juan Rodríguez, David Couso. Terceiro clasificado (19+26). Próximo rival Hércules.

FEMININO
CULTURAL MANIÑOS SD-CD AS PONTES (1-4)
Paula Castro, Carlota Pena, Andrea Ares, pp. Terceiro clasificado (14+11). Próximo rival San Sadurniño.

XUVENIL
ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF-CD AS PONTES (1-1)
Pablo Vázquez. Décimo clasificado (16). Próximo rival Dumbría.

CADETE
MEIRÁS CF-CD AS PONTES (0-7)
Luis Molina 3, Xose Paz 2, Mario Fraga, Diego Purriños. Segundo clasificado (25+34). Próximo rival Ánimas.

ALEVÍN
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES (2-2)

CD AS PONTES B-ORTIGUEIRA FC (1-4)

BENXAMÍN
MEIRÁS B CF-CD AS PONTES (0-2)
CD ASPONTES B-AD MIÑO (5-1)

PREBENXAMÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES (0-7)

CD AS PONTES B-SDC GALICIA DE MUGARDOS (2-10)

Resaltar a presenza no banquiño mugardés do mítico Manel González Bonome, que fora gran central do CD As Pontes na Preferente, entre as campañas 2003-2008 e tamén a temporada 2009-10, no ano do ascenso.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA VETERANOS 2019-20

Vibrante xornada trala que Estanco Mari Carmen lidera en solitario despois do empate de Muebles Eume ante Bar Encanto e a goleada sufrida por La Bamba ante La Galaxia.

XORNADA 7

ELECTRICIDAD J&O-A CEPA (0-0)
MUEBLES EUME-BAR ENCANTO LECAR 712 (2-2)
ESTANCO MARI CARMEN-JEYCAR (2-1)
FARMAVIDA-AS PONTES 74 (1-0)
LA GALAXIA-LA BAMBA (4-0)
DESCANSA MMYPEM

CLASIFICACIÓN

1º ESTANCO MARI CARMEN(18+11)
2º MUEBLES EUME (16+19)
3º LA GALAXIA (15+21)
4º LA BAMBA (15+3)
5º ELECTRICIDAD J&O (8-10)
6º BAR ENCANTO LECAR 712 (7-2)
7º FARMAVIDA (7-2)
8º MMYPEM (4-7)
9º AS PONTES 74 (4-19)
10º A CEPA (2-5)
11º JEYCAR (1-9)

XORNADA 8

FARMAVIDA-BAR ENCANTO LECAR 712
ELECTRICIDAD J&O-MMYPEM
ESTANCO MARI CARMEN-A CEPA
MUEBLES EUME-LA BAMBA
LA GALAXIA-JEYCAR
DESCANSA AS PONTES 74

Nova cortesía X.F. e T.F.

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s