CD As Pontes Feminino

ALEX MONTERO COA SELECCIÓN GALEGA SUB16

Este mércores na Estrada

O futbolista pontés do Deportivo de A Coruña, que milita no San Tirso Cadete (polo convenio de colaboración entre ambos clubes), Alejandro Montero Peteira, adestra este mércores ás 17:00 na Estrada, no Campo Manuel Regueiro, coa Selección Galega Sub16.

Os 22 xogadores convocados son os seguintes:

RC Deportivo de A Coruña: Alejandro González, Cristian Canales, David Mella, Diego Gómez, Hugo Lemos, Martín Ochoa, Seydiba Mendes
RC Celta de Vigo: Alejandro De Francisco, Alex Comparada, Robert Carril, Stefan Bajcetic, Yoel Lago
San Tirso SD: Alejandro Martínez, Kevin Sánchez, Manuel Berrocal, Alejandro Montero
CD Lugo: Víctor Arosa
Ural CF: Diego Rodríguez
Bergantiños CF: Daniel Estramil
ED Val Miñor: Hugo Soto
CD Lérez: Jacobo López
ED Xuventude de Oroso: Rubén Casas

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 – CLUB RÁPIDO DE BOUZAS 1

Nun duelo de equipos necesitados, o As Pontes metese na loita pola permanencia tralo décimo tanto de Carlos que deu un triunfo vital a falta de cinco minutos

O As Pontes conseguiu na tarde noite deste domingo un triunfo vital ante un rival directo, co que escala posicións e sitúase a dous puntos da salvación.

Chegaba a As Pontes o Rápido de Bouzas, equipo olívico a campaña pasada en Segunda B, e cun dos mellores planteis da Terceira, Carnero, Yahvé, Pereira, Mouriño, Rey ou Lorenzo, entre outros, e dirixidos por Milo Abelleira, que adestrara ao As Pontes na tempada 1998-99, e pai de Teresa, Campioa de Europa sub19 con Malena, e xogadora do Deportivo.

O conxunto local puido gañar tras unha sufrida remontada, i é que comezou o encontro con moi mal pé, xa que na primeira aproximación visitante o habilidoso Carlos Pereira chega moi fácil ao borde da área e bate a Paco de forte disparo por alto (7´).

Tivo as súas ocasións o cadro de Roca para empatar antes do descanso, unha moi clara, nunha xogada na que dentro da área dispara por dúas veces Cambón e logo Carlos, pero estivo moi acertado Lorenzo despexando a córner (24´), ou noutra chegada na que peitea o balón de cabeza Carlos e na área pequena Dani remata moi frouxo ás mans do cancerbeiro (41´). Tamén destacar unha falta perigosa botada por Gonzalo (28´).

O segundo período empezou cunha boa ocasión de Carnero que empala o balón por alto (50´), pero foi tras unha falta botada por Gonzalo que Cambón lograba o empate tras cabecear un balón á escuadra contraria (53´).

Seguiulle un bo remate de Fidi desde fóra da área buscando a escuadra (55´), e unha ocasión clarísima na que Pereira chega completamente só ao segundo pau pero volveu estar providencial Paco despexando o balón (58´).

Tras unha falta perigosa botada polo dez do conxunto olívico (80´), chegou o gol da vitoria local, tras un pase en profundidade de Cambón sobre Carlos, xogada na que o dianteiro de Ares encara ao porteiro e báteo de tiro cruzado logrando o seu décimo tanto da campaña (85´).

A raíz do tanto o equipo vigués buscou a igualada, pero foron os locais os que puideron sentenciar, nun disparo de Carlos que despexa Lorenzo cando se coaba pola escuadra (86´), tras un córner de David García que case acaba en gol olímpico (88´), e un disparo do propio Carlos que marcha por alto (92´).

Colle algo de aire o conxunto local que se sitúa cuarto pola cola con 13 puntos, e a semana que vén visitará ó Polvorín. Oitavo triunfo dos locais no Poboado, por cinco empates e unha única vitoria do equipo negro e amarelo, na 2015-16, 1-2 no tramo final.

CD As Pontes. Paco, Berto, Alex, Caridad, David García, Dani, Quique (Dani Pajaro 90´), Gonzalo (Sánchez 78´), Carlos, Fidi (Maroñas 82´), Cambón.

Club Rápido de Bouzas. Lorenzo, Juan, Ronald, Pablo, Areal, Yhavé, Iñaki (Firi 69´), Mouriño (Jesús 74´), Carnero, Pereira, Rey (Rubio 82´).

Árbitro: Jose Manuel Cives Enjo. Auxiliado por Belmonte Martell e Bermúdez Seoane. Amarelas a Fidi, Pablo, Mouriño, Carnero.

Goles: 0-1, Carlos Pereira (7´), 1-1, Cambón (53´), 2-1, Carlos (85´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Unhas 150 persoas en tarde noite moi chuviosa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA B. O ESTEO FS-SALA OURENSE (4-1)

O equipo pontés é quinto con 20 puntos

O Esteo pontés de fútbol sala gañou este sábado na Fraga por 4-1 ao Sala Ourense. Triunfo de mérito, pois contaba coas ausencias de dous fixos como Héctor e Rober, e durante o encontro foi expulsado Cokito, así que o cadro local disputou o encontro cos efectivos xustos.

Pero adiantouse ao pouco do comezo co tanto de Jhony cun remate a media altura que entra polo segundo pau, mediado o primeiro período era Cokito quen marcaba de tiro raso, e preto do descanso Noé aproveitaba un balón morto para marcar de forte disparo.

No segundo tempo, os locais aguantaron os dous minutos en inferioridade e posteriormente era Martín o que anotaba o cuarto de falta case sentenciando o encontro, pese a que os ourensáns o tentaron ata o último instante co porteiro xogador e Raúl anotou o da honra preto da bocina.

O Esteo é quinto con 20 puntos, antes de visitar ao Ribeira, penúltimo clasificado con nove, pero complicado rival, que conta co pontés Bruno e o ex Alex Durán.

O ESTEO FS. Javichu, Jhony, Jacobo, Cokito, Troncho – Noé, Matos, Martín.

SALA OURENSE. Rubén, Raúl, Ángel, Iván, Bermejo – Martín, Gustavo, Edgar, Arturo, Daniel.

GOLES. 1-0, Jhony (1´), 2-0, Cokito (11´), 3-0, Noé (16´). 4-0, Martín (32´), 4-1, Raúl (39´).

Tarxetas: Amarelas a Raúl, Martín, Bermejo, Gustavo, Arturo, Troncho. Expulsado Cokito con vermello directo (29´).

Incidencias: Pavillón Municipal de A Fraga. Uns 150 espectadores. Houbo que parar o xogo nalgún momento pola presenza de algunha goteira.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES 22-23-24 NOVEMBRO

Triunfos do Veterano, Feminino, Xuvenil, ambos Alevíns, Benxamín A e Prebenxamín A. Vitoria de mérito do Cadete de Pardo e Alex que pasa a semifinais de Copa

VETERANO

HÉRCULES SD-CD AS PONTES (1-6)
Diego Soto 2, Iván Ferreiro 2, Javi González, Narciso Vázquez. Terceiro clasificado (22+31). Próximo rival Carnoedo.

FEMININO

CD AS PONTES-CF SAN SADURNIÑO (3-1)
Andrea Ares 2, Paula Baamonde. Terceiro clasificado (17+13). Próximo rival Discalzas.

XUVENIL

CD AS PONTES-CF DUMBRÍA (1-0)
Jandro López. Sexto clasificado (19+1). Próximo rival Ural B.

CADETE

CD AS PONTES-ÁNIMAS SCDR (5-0)
Luis Molina 2, Samuel Seco 2, Juan Molina. Segundo clasificado (28+39). Clasificado a semifinais.

INFANTIL

CD AS PONTES-FC ORTIGUEIRA (3-5)
Antón Varela 2, Xandre Fernández. Próximo rival O Freixo C.

ALEVÍN

CD AS PONTES-CF SAN SADURNIÑO (12-0)
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES B (1-4)

BENXAMÍN

CD AS PONTES-CEDEIRA SD (5-4)
FC ORTIGUEIRA-CD ASPONTES B (1-1)

PREBENXAMÍN

CD AS PONTES-RACING SAN PEDRO (13-0)
CF SAN SADURNIÑO-CD AS PONTES B (4-3)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA VETERANOS 2019-20

Non fallan Estanco Mari Carmen e La Galaxia, e no duelo entre o Campión de Liga e o de Copa, Muebles Eume descolga a La Bamba

XORNADA 8

BAR ENCANTO LECAR 712-FARMAVIDA (2-1)
MMYPEM-ELECTRICIDAD J&O (3-0)
ESTANCO MARI CARMEN-A CEPA (4-3)
MUEBLES EUME-LA BAMBA (2-1)
LA GALAXIA-JEYCAR (1-0)
DESCANSA AS PONTES 74

CLASIFICACIÓN

1º ESTANCO MARI CARMEN(21+13)
2º MUEBLES EUME (19+20)
3º LA GALAXIA (18+22)
4º LA BAMBA (15+2)
5º BAR ENCANTO LECAR 712 (10-1)
6º ELECTRICIDAD J&O (8-13)
7º FARMAVIDA (7-3)
8º MMYPEM (7-4)
9º AS PONTES 74 (4-19)
10º A CEPA (2-7)
11º JEYCAR (1-10)

XORNADA 9

LA GALAXIA-FARMAVIDA

ESTANCO MARI CARMEN-MUEBLES EUME

JEYCAR-AS PONTES 74
LA BAMBA-MMYPEM
BAR ENCANTO LECAR 712-A CEPA
DESCANSA ELECTRICIDAD J&O

Nova cortesía T.P, T.F, X.F.

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s