—
DOUS XOGADORES DO CD AS PONTES NA PRIMEIRA FASE DA COPA DAS REXIÓNS UEFA
Esta fin de semana na costa pontevedresa
Os xogadores do CD As Pontes, o ferrolán Paco Fernández e o aresán Carlos López, foron convocados para a primeira fase da 12ª Copa das Rexións Uefa, que se disputará en Galicia. Tamén acuden Diego Uzal, do Somozas, ou o ex xogador do equipo pontés, Iago López.
Galicia xogará o venres 6, ás 12:00, contra Castela A Mancha, en Baltar (Portonovo), e o domingo 8, á mesma hora, contra Ceuta, no Salvador Otero (Illa de Arousa). Concentraranse en Silgar (Sanxenxo) o xoves 5.
A nivel europeo esta competición foi gañada polo País Vasco en 2005 e Castela León en 2009. Foron subcampións, Madrid en 1999, e Cataluña en 2013. Os 18 convocados son os seguintes:
SD Compostela: Brais Abelenda, Samu Rodríguez, Josiño Filgueira
Bergantiños CF: Aarón Rama, Iago López, Diego Fernández
Ourense CF: Adri Castro, Martín Lamelas
Alondras CF: Jesús Varela, Abel Martínez
CD Choco: David Cortegoso, Diego Vitra
CD As Pontes: Francisco Fernández, Carlos López
UD Somozas: Diego Uzal
UD Ourense: Marquitos Alonso
Arousa SC: Adri Gómez
CSD Arzúa: Íker Hurtado
Nova cortesia de Xose Ferreiro
—
SEGUNDA B. RIBEIRA FS-O ESTEO FS (1-4)
O Esteo sube á cuarta praza antes de recibir ao Pontevedra
Gran vitoria do Esteo pontés de fútbol sala este domingo á mañá ante o Ribeira de Piquín de Bruno e Alex Durán.
No primeiro tempo Jhony abría o marcador pero os locais igualaban antes do descanso. No segundo período, tres tantos de Héctor, Noé e Jacobo daban tres valiosos puntos.
O Esteo é cuarto clasificado con 23 puntos, os mesmos que o Leis de Pontevedra, próximo visitante da Fraga.
RIBEIRA FS. Areñas, Paco, Marquitos, Lobe, Bruno – Regue, Corredoira, Quintela, Noel.
O ESTEO FS. Failde, Matos, Héctor, Noé, Jacobo – Jhony, Troncho, Javichu.
GOLES. 0-1, Jhony (5´), 1-1, Paco (15´). 1-2, Héctor (21´), 1-3, Noé (34´), 1-4, Jacobo (40´).
Tarxetas: Amarelas a Marquitos, Jacobo, Noé, Javichu. Expulsado Regue e Samu (porteiro suplente).
Incidencias: Pavillón Municipal de Lugo. Uns 100 espectadores.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
LIGA GALEGA DE RUGBI. CR FENDETESTAS 12- CD ZALAETA DE ARTEIXO 50
Partido disputado este domingo no campo artificial
O Fendetestas pontés de Rugbi perdeu este domingo á mañá no seu partido contra o Zalaeta de Arteixo, vello coñecido dos play off de ascenso de pasadas campañas, nuns duelos moi reñidos.
Pero sen embargo nesta ocasión o equipo arteixán xa deixou sentenciado o encontro marchando 0-24 ao descanso, e pese a que no segundo tempo, con dous ensaios de Antonio Gómez e Andrés, e un lanzamento a paus de Kevin, chegou a recurtar o marcador o equipo local a un 5-24 e un 12-31, os visitantes acabaron sentenciando ata o definitivo 12-50.
Próxima visita ao Santiago nun par de semanas, nun partido no que ambos equipos buscarán a súa primeira vitoria. Xogaron Antonio Santaclara, Anxo, Xose, Carlos, Roberto, Gallardo, Kevin, Andrés, Toño, Brais, Antonio Gómez, Iván, Ansumana, Miguel, Javier e despois Rafael.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
RESULTADOS CD AS PONTES 29-30-NOVEMBRO / 1-DECEMBRO
Triunfos do Veterano, Cadete, Infantil e Alevín B
TERCEIRA DIVISIÓN
POLVORIN FC-CD AS PONTES (6-0)
VETERANO
CD AS PONTES-ADV CARNOEDO (8-3)
Javi González 3, David Couso 2, Iván Ferreiro, Óscar Púas, pp. Terceiro clasificado (25+36). Próximo rival Gaiteira.
FEMININO
DISCALZAS SD-CD AS PONTES (4-3)
Noelia, PaulaB, Indira. Terceiro clasificado (17+12). Clasifican a semis, Caranza Maniños, As Pontes e Rosalía.
XUVENIL
URAL CF B-CD AS PONTES (1-0)
Décimo clasificado (19). Próximo rival Boiro.
CADETE
SD O VAL-CD AS PONTES (1-3)
Sergio Hermida, Hugo Blanco, Adrián Piñón. Próximo rival Miño.
INFANTIL
SDCR NARÓN O FREIXO C-CD AS PONTES (0-3)
Antón Varela 2, Ali Karim. Sexto clasificado (3+1). Próximo rival O Val.
ALEVÍN
CD AS PONTES B-EUME DEPORTIVO B (4-1)
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
LIGA VETERANOS 2019-20
O Muebles Eume asalta o liderato tras vencer ao anterior líder Estanco Mari Carmen. Tamén gañan os seus encontros La Galaxia e un apurado La Bamba
XORNADA 9
LA GALAXIA-FARMAVIDA (4-0)
MUEBLES EUME-ESTANCO MARI CARMEN (2-0)
JEYCAR-AS PONTES 74 (6-0)
LA BAMBA-MMYPEM (2-1)
BAR ENCANTO LECAR 712-A CEPA (3-1)
DESCANSA ELECTRICIDAD J&O
CLASIFICACIÓN
1º MUEBLES EUME (22+22)
2º LA GALAXIA (21+26)
3º ESTANCO MARI CARMEN (21+11)
4º LA BAMBA (18+3)
5º BAR ENCANTO LECAR 712 (13+1)
6º ELECTRICIDAD J&O (8-13)
7º MMYPEM (7-5)
8º FARMAVIDA (7-7)
9º JEYCAR (4-4)
10º AS PONTES 74 (4-25)
11º A CEPA (2-9)
XORNADA 10 (14/15-12-2019)
ELECTRICIDAD J&O-JEYCAR
LA BAMBA-BAR ENCANTO LECAR 712
MUEBLES EUME-LA GALAXIA
MMYPEM-AS PONTES 74
FARMAVIDA-A CEPA
DESCANSA ESTANCO MARI CARMEN
Nova cortesía X.F, T.F, T.P.
—