CD As Pontes Feminino

SEGUNDA B. O ESTEO FS-LEIS PONTEVEDRA FS (2-1)

O Esteo escala á terceira praza, empatado a puntos co segundo clasificado

O Esteo pontés de fútbol sala escalou este sábado á terceira praza tras vencer a un rival directo coma o Leis de Pontevedra, que chegara á xogar na Primeira División,  por un sufrido 2-1.

Ao descanso marchouse con 1-0, tras un golazo de Héctor pola escadra mediado o período, pero ao pouco da reanudación empataban os pontevedreses cun bo tanto de Cley axustado ao pau.

Foi Troncho faltando sete minutos o que anotaba o 2-1 definitivo que outorgaba os tres puntos aos locais, tras unha boa xogada de equipo e gran pase de Cokito.

Pero este segundo período foi moi trepidante, con dous postes visitantes, dous balóns salvados baixo paus dos locais, asi como alguna que outra ocasión local a porta baleira recuperando o balón co cinco para catro visitante.

O Esteo é terceiro con 26 puntos, os mesmos que ten o segundo Albense. Próxima visita ao complicado Universidade de Valladolid, sexto. Entremedias recibirá, sen Matos que sofriu unha dura entrada, nun partido histórico, ao Burela.

O ESTEO FS. Javichu, Héctor, Matos, Jacobo, Noé – Cokito, Jhony, Troncho, Rober.

LEIS PONTEVEDRA FS. Marco, Nico, Jhony, Cley, Arroyo – Toño, Bárcala, Sancho, Berto, Sani, Saúl.

GOLES. 1-0, Héctor (10´). 1-1, Cley (22´), 2-1, Troncho (33´).

Tarxetas: Amarelas a Javichu, Rober, Cley, Arroyo.

Incidencias: Pavillón Municipal de A Fraga. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES 5-7-DECEMBRO

Triunfos do Cadete, Alevín B e Prebenxamín A

XUVENIL

CD AS PONTES-CD BOIRO (1-3)
Iván. Undécimo clasificado (19-2). Próximo rival Residencia.

CADETE

CD AS PONTES-AD MIÑO (5-2)
Hugo Blanco 3, Luis Molina. Samuel Seco. Segundo clasificado (6+5). Próximo rival Numancia de Ares.

INFANTIL

SD O VAL-CD AS PONTES (3-0)
Oitavo clasificado (3-2). Próximo rival San Pedro.

ALEVÍN

CD AS PONTES-MEIRÁS B CF (2-3)

EFB AMISTADE DE MEIRÁS-CD AS PONTES B (2-13)

BENXAMÍN

SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES (2-1)

CD AS PONTES B-MEIRÁS B CF (1-9)

PREBENXAMÍN

CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA (3-1)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s