CD As Pontes Feminino

SEGUNDA B. CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID-O ESTEO FS (1-4)

Gran triunfo do Esteo antes de pechar a primeira volta recibindo ao Narón

O Esteo pontés de fútbol sala obtivo este sábado un magnífico triunfo en Valladolid, por 1-4, nun encontro no que comezou perdendo pero Jacobo de penalti empatou antes do descanso.

No segundo período anotaron Cokito, Jhony, e preto do final con porteiro xogador os locais Jacobo facía o seu 14º gol da campaña.

Os ponteses son terceiros con 29 puntos, empatados co segundo Albense, garantizando case a salvación no peor dos escenarios posibles, antes de recibir ao Cidade de Narón, sétimo con 21, no derbi que pecha a primeira volta.

Magnífico resultado dos ponteses que nas anteriores seis visitas ao equipo universitario só lograran dous empates por catro derrotas.

CD UNIVERSIDAD DE VALLADOLID. Rubén, Miguelín, Leal, Javi, Muñoz – Sancris, Isaac, David, Picolo, Raulito, Parra.

O ESTEO FS. Javichu, Cokito, Rober, Jacobo, Jhony – Noé, Héctor, Martín, Troncho.

GOLES. 1-0, Raulito (14´), 1-1, Jacobo (20´). 1-2, Cokito (23´), 1-3, Jhony (29´), 1-4, Jacobo (40´).

Tarxetas: Amarelas a Sancris, Raulito, Picolo, Javichu, Troncho, Noé.

Incidencias: Pavillón Fuente de la Mora. Uns 100 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

COPA DO REI. O ESTEO FS-CD BURELA FS (1-4)

O Esteo plantou cara nos dezaseisavos de final ao conxunto lucense de Primeira División

O Esteo pontés de fútbol sala viviu na noite deste mércortes unha xornada histórica tras enfrontarse ao Burela de Primeira División nos dezaseisavos da Copa do Rei.

O primeiro tempo foi de ocasións para ambos equipos, destacar polos locais un man a man de Troncho co porteiro, un disparo cruzado de Jacobo, e un zapatazo ao poste de Noé. Se ben polos visitantes o lucense Lucho disparou ao longueiro, e o ex de Osasuna Alex Diz adiantou ao Burela tras un balón que lle ven de rebote, regatea ben a un defensa e bate a Javichu por baixo.

No segundo tempo levou máis o peso o cadro alaranxado, con máis cambios que os locais, que botaron en falta a Matos, ao que lesionaron o pasado sábado. Tras un disparo de Luisma que o porteiro desvía ao poste, chegou outra ocasión do habilidoso Diz que despexa un inmenso Javichu pero no rebote Everton está máis atento que Cokito e manda o balón  ao fondo das mallas.

Con porteiro xogador os locais fixeron o terceiro na primeira ocasión que tiveron por medio do seu gardamallas polaco Kaluza. De aí ata o final destacar ambos tiros ao poste de Rober e Jhony, o tanto da honra de Noé, e o cuarto visitante sobre a bocina coa portería moi desguarnecida.

Clasifican á rolda dos 16 mellores, de Primeira, Inter, Jaén, Osasuna, O Parrulo, Levante, Cartagena, Peñíscola, Santa Coloma, Burela, de Segunda, Betis, Antequera, Mengíbar, Talavera, de Segunda B Hospitalet, e incorporanse da Copa de Europa, El Pozo e Barcelona.

O ESTEO FS. Javichu, Héctor, Cokito, Jacobo, Troncho – Jhony, Rober, Noé.

CD BURELA FS. Kaluza, Luisma, Juanfran, Pope, Everton – Lucho, Vargas, Joselito, Alex Diz.

Goles: 0-1, Alex Diz (16´). 0-2, Everthon (29´) 0-3, Kaluza (30´) 1-3, Noé (38´), 1-4, Juanfran (40´).

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 350 espectadores, con presencia de parte do plantel do Parrulo.

Tarxetas: Amarelas a Jacobo e Noé.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 – UD OURENSE 1

O Ourense afunde na clasificación ao As Pontes

O refundado UD Ourense visitou onte O Poboado e afundiu un pouco máis ao equipo local, que xa viña de perder 6-0 co Polvorín hai dúas semanas.

Os visitantes levaron o peso no primeiro período, aínda que co paso dos minutos o xogo voltouse máis alterno. Destacar polos vermellos unha cabezada do ex do Fabril Hugo García que salva Liz (12´), e unha xogada a bola parada na área pequena tras cesión na que dispara Alfredo e consiguen desviar o perigo os locais (34´).

Os azuis tamén tiveron as súas aproximacións, un tiro cruzado de Pardo (23´), un cabezazo de Dani tras saque de Gonzalo que Ángel desvía a córner (41´), e outra cabezada de Carlos que sae por pouco (44´).

No segundo tempo, Durán marchase por banda esquerda e o seu centro chut con moito perigo sacao Caridad baixo paus (51´), ata que tras un perda de balón na que ao defensa local non lle quedou máis remedio que botar o balón fora ante a presión rival acabou en saque de banda con centro á area e Iago Blanco remata cruzado, o balón vai ao poste e acaba entrando (61´).

Foi o As Pontes a polo empate con máis vontade que artillería, cun plantel configurado con moi poucos efectivos de medio para arriba, de feito os tres cambios foron centrais, aínda así, a un bo Caridad quedoulle un balón morto na área pequena pero rematou frouxo (69´), e logo era Gonzalo o que botaba unha falta que marcha a rentes do pau (76´).

Os locais non conseguían bater a Ángel Díez, o porteiro que fora Campión de Europa Sub17 en Turquía 2008 con Thiago, Canales, Montoya, Romeu, Rochina, Keko, Pulido, o ex do Lugo, Carmona, ou o ex do Somozas, Sielva, entre outros.

Pero foi o equipo ourensán o que puido sentenciar en tres contras nas que Champi (85´), Arce (88´) e Marquitos (89´) non marcaron de milagre, acabando o encontro co 0-1 co que o equipo local se afunde un pouco máis na táboa e visita un rival directo coma o Estradense con apenas 13 puntos, e sen o goleador Carlos, nin David García, sancionados.

CD As Pontes. Liz, Berto, Alex, Caridad (Iván 80´), David García, Dani, Quique (Maroñas 72´), Gonzalo, Carlos, Fidi, Pardo (Sánchez 77´).

UD Ourense. Ángel, Josu, Alfredo, Vieites, Tiago, Sanin, Carlos (Arce 58´), Champi, Hugo (Viti 80´), Durán, Blanco (Marquitos 72´).

Goles: Iago Blanco (61´).

Árbitro: Gonzalo Villanueva Carballo (Pontevedra). Auxiliado por Sartages Bermúdez e Quintáns Domínguez. Amarelas aos locais Carlos, Fidi, García e ao visitante Marquitos.

Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores, moitos visitantes, en tarde chuviosa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES 13-14 DECEMBRO

Triunfos do Veterano, Feminino, Cadete, ambos Benxamíns e Prebenxamín A

VETERANO

GAITEIRA-CD AS PONTES (0-5)
Óscar Púas 2, Borja Pellón, Marcos Tojeiro, Alberto Fernández. Segundo clasificado (28+41). Próximo rival San Pedro, terceiro.

FEMININO

CD AS PONTES-SD O VAL B (0-0) (10-1, error de acta)
Próximo rival Libunca

XUVENIL

CD AS PONTES-SD RESIDENCIA (1-2)
Vicente. Undécimo clasificado (19-3). Próximo rival Ferrol B.

CADETE

SRD NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES (3-6)
Luis Molina 3,  Hugo Blanco 2, Samuel Seco. Terceiro clasificado (9+8). Próximo rival Mugardos.

INFANTIL

CD AS PONTES-RACING SAN PEDRO (2-4)
Antón Varela, Xandre Fernández. Décimo clasificado (3-4). Próximo rival Mugardos.

Destacar a presenza no campo artifical do gran Jose López Rodríguez, adestrador que fora do Racing de Ferrol, Fabril, Compostela, Pontevedra e Lalín. Tamén foi quen dirixiu ao Endesa de As Pontes nas súas dúas primeiras campañas na Segunda División B, 1987-88, e 1988-89 e nesta categoría tamén o dirixiu na 1992-93.

ALEVÍN

SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES (7-0)
CD AS PONTES B-SCDR GALICIA DE CARANZA C (1-1)

BENXAMÍN

CD AS PONTES-ÁNIMAS SCDR (4-3)
ÁNIMAS SCDR B-CD AS PONTES B (3-4)

PREBENXAMÍN

SD RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (1-3)
CD AS PONTES B-ÁNIMAS SCDR (5-5)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA VETERANOS 2019-20

Muebles Eume da un paso de xigante cara o título tras gañar nas tres últimas xornadas aos seus tres perseguidores, La Bamba (2-1), Estanco Mari Carmen (2-0) e La Galaxia (2-1)

XORNADA 10

JEYCAR-ELECTRICIDAD J&O (4-1)
MUEBLES EUME- LA GALAXIA (2-1)
MMYPEM -AS PONTES 74 (5-0)
A CEPA-FARMAVIDA (7-2)
DESCANSA ESTANCO MARI CARMEN

CLASIFICACIÓN

1º MUEBLES EUME (25+23)
2º LA GALAXIA (21+25)
3º ESTANCO MARI CARMEN (21+11)
4º LA BAMBA (18+3)
5º BAR ENCANTO LECAR 712 (13+1)
6º MMYPEM (10)
7º ELECTRICIDAD J&O (8-16)
8º JEYCAR (7-1)
9º FARMAVIDA (7-12)
10º A CEPA (5-4)
11º AS PONTES 74 (4-30)

XORNADA 11 (11/12-1-2020)

ESTANCO MARI CARMEN-ELECTRICIDAD J&O
MUEBLES EUME-FARMAVIDA
LA GALAXIA-A CEPA
MMYPEM-JEYCAR
LA BAMBA-AS PONTES 74
DESCANSA BAR ENCANTO LECAR 712

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s