CD As Pontes Feminino

ALEX MONTERO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Xogará coa Selección Galega en Logroño

O futbolista pontés Alejandro Montero Peteira ven de ser convocado pola Selección Galega Sub16 para a disputa da primeira fase do Campionato de España.

Galicia xogará o venres 27 contra a selección locataria de La Rioja e ao día seguinte sábado co complicado combinado do País Vasco. Ambos encontros serán ás 12:30, nos Campos de Fútbol Mundial 1982.

Xogando este Campionato de España, Alex sigue os pasos de David Rochela, Adrián López, Xoel González, Enrique Fornos, Dani Carballeira, Alex Cabarcos, Fernando Castro, Javi Rochela, Simón Cabarcos, Miguel Vilaboy, Chus Cañizares, Yaiza Paleo, Paty Blanco, Malena Mieres ou Raquel Béjar, entre outros.

Alex acude sendo aínda cadete de primeiro ano. Os 18 convocados son os seguintes:

RC Deportivo de A Coruña: Alejandro González, Cristian Canales, David Mella, Diego Gómez, Martín Ochoa, Seydiba Mendes

RC Celta de Vigo: Alex Comparada, César Fernández, Robert Carril, Stefan Bajcetic, Yoel Lago

San Tirso SD: Kevin Sánchez, Gabriel Ares, Alejandro Montero

CD Lugo: Víctor Arosa

Ural CF: Diego Rodríguez

CD Lérez: Jacobo López

ED Xuventude de Oroso: Rubén Casas

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TRES XOGADORES DE O ESTEO FS NO CAMPIONATO GALEGO

Xogarán coa Selección de Ferrolterra de Fútbol Sala

Os xogadores de O Esteo FS, David Carballo Criado, en Infantil, e Lucas Purriños Gómez e Xoel Galego Doldán, en Benxamín, disputarán mañá o Campionato Galego de Seleccións Comarcais.

Levarase a cabo en Dumbría, Cee e Corcubión, e disputarase en cinco categorías, Infantil e Alevín Masculino e Feminino, e Benxamín Mixto.

Alí xogarán A Coruña, Lugo, Ferrol e A Costa, mentres en Marín participarán Vigo, Santiago Ourense, Pontevedra, nos que se coñecerán os dous clasificados de cada zona para as semifinais e final a levar a cabo en Lalín a semana que ven.

Nova cortesía O Esteo FS e XF

SEGUNDA B. O ESTEO FS-CIDADE DE NARÓN (3-3)

Empate do Esteo nun derbi accidentado

O Esteo pontés de fútbol sala empatou 3-3 co Cidade de Narón no derbi accidentado deste sábado, i é que o encontro comezou moi tarde porque non había luz, e no segundo tempo houbo que interromper o xogo varias veces por goteiras.

Nun primeiro tempo trepidante marchaban os locais ao descanso con 3-2, gracias entre outras cousas a un paradón de Javichu ante dous xogadores rivais que chegaron sos á área local.

No segundo período os visitantes lograban o empate tras un disparo raso de Guille, nun segundo acto no que destacaronn dous tiros ao pau dos azuis e unha ocasión de Noé que tivo a vitoria na súa man pero non alcanzou a concretar un remate de cabeza coa porta baleira.

Os ponteses rematan o ano e a primeira volta terceiros con 30 puntos, e iniciarán o 2020 recibindo ao Gijón, mentres os naroneses, despois de perder 6-0 na Copa de Galicia e 3-2 na Copa do Rei puntuan por primeira vez no derbi no que vai de campaña.

O ESTEO FS. Javichu, Héctor, Rober, Cokito, Troncho – Noé, Jacobo, Martín, Jhony.

CIDADE DE NARÓN. Nico, Diego, Brais, Chapu, Iván – Guille, Mario, Rubén, Jaime.

GOLES. 1-0, Cokito (3´), 2-0, Héctor (4´), 2-1, Chapu (5´), 3-1, Rober (10´), 3-2, Brais (15´). 3-3, Guille (32´).

Tarxetas: Amarelas a Rober, Cokito, Mario, Diego, Rubén.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s