CD As Pontes Feminino

CINCO XOGADORAS DO CR FENDETESTAS COA SELECCIÓN GALEGA

Este sábado en Ferrol no partido ante Asturias

Cinco xogadoras pontesas do CR Fendetestas, Irea, Paula, Gracielly, Icía e Anlyce estiveron este pasado sábado en Ferrol coa Selección Galega Sub18 nun partido amistoso ante a Selección asturiana.

As visitantes acabaron levándose o triunfo por 19-34. A convocatoria completa foi a seguinte:

CU Ourense RC: Carmen Cabrera, Laura Fernández, Iria Domínguez, Alba Mazaira, María Prada, Soraya Alonso, Sofía Toyos

CR Fendetestas: Irea Cendán Cadahía, Paula Seoane Estébanez, Radija Gracielly Carvalho de Santana, Icía Fernández Fornos, Anlyce Maciel Saraiva

Crat A Coruña UDC: Ana Prieto, Mencía Martínez, Nahir López, Sara Boughaba

Kaleido Universidade Vigo RC: María Abel, Claudia Sotelo, Lucía del Campo

CR Ferrol: Alejandra Victoria, Ada Rey, Lucía García

CR Lalín: Emma Varela, Sofía Villar

Pontevedra RC: Eva Lago

Os Ingleses RC: Lucía Fernández

Rugbi Ribadeo: Carla Méndez

Nova cortesía XF. Fotos cortesía Xose Cendán

LIGA VETERANOS 2019-20

O Muebles Eume conserva o liderado no remate da primeira volta tras unha sufrida vitoria nunha xornada na que os seus perseguidores golearon

XORNADA 11

ESTANCO MARI CARMEN-ELECTRICIDAD J&O (4-1)
MUEBLES EUME-FARMAVIDA (4-3)
LA GALAXIA-A CEPA (7-1)
JEYCAR-MMYPEM (4-3)
LA BAMBA-AS PONTES 74 (8-1)
DESCANSA BAR ENCANTO LECAR 712

CLASIFICACIÓN

1º MUEBLES EUME (28+24)
2º LA GALAXIA (24+31)
3º LA BAMBA (24+17)
4º ESTANCO MARI CARMEN (24+14)
5º BAR ENCANTO LECAR 712 (13-6)
6º JEYCAR (10)
7º MMYPEM (10-1)
8º ELECTRICIDAD J&O (8-19)
9º FARMAVIDA (7-13)
10º AS PONTES 74 (7-34)
11º A CEPA (5-13)

XORNADA 12 (18/19-1-2020)

LA GALAXIA-ELECTRICIDAD J&O
MUEBLES EUME-AS PONTES 74
ESTANCO MARI CARMEN-MMYPEM
BAR ENCANTO LECAR 712-JEYCAR
LA BAMBA-A CEPA
DESCANSA FARMAVIDA

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN.CD AS PONTES 0 – SILVA SD 0

O As Pontes salva un punto con dous xogadores menos

O As Pontes conseguiu rescatar un punto nun final moi polémico no encontro desta tarde no Poboado ante o Silva.

O primeiro período foi de moitas máis ocasións para os locais, e tras un remate de cabeza de Caridad por alto (8´), e un disparo de Carlos (12´), resaltar, un remate de Carlos que salva Adrián coa manopla (19´), un tiro cruzado de Cambón que marcha lamendo o poste (35´), ou un zapatazo de Pajaro desde fóra da área que desvía a córner con apuros o gardameta (42´). Polos visitantes apenas destacar un disparo de Parafita que despexa como pode Liz e o balón paséase pola área (29´).

Xa na segunda parte o xogo volveuse máis alterno, destacar, sobre todo, unha ocasión visitante na que dende medio campo a punto está Marcos de sorprender a Liz, que despexa a córner in extremis (61´). Tamén tiro cruzado perigoso de Fabio (58´), e boa ocasión dentro da área para Cambón, pero trastabillase co balón nos pés (64´).

Os brancos íanse apropiando do xogo co paso dos minutos, e polos locais, con efectivos xustos en ataque, ademais sen Pardo e Quique, con bo banquiño pero de perfil defensivo, no último terzo Carlos e Cambón facían o que podían pelexando contra o mundo.

Pero no tramo final, cando ambos equipos parecían dar por bo o empate cobrou protagonismo o colexiado, nunha xogada na que tras recibir dúas tarrascadas por detrás sen sinalar falta viu a segunda amarela Fidi por protestar, e a continuación tamén pola mesma tesitura Gonzalo, quedando o cadro local con nove xogadores.

Por riba, xa no desconto, o dianteiro local Carlos é derrubado na área, pero ve a tarxeta amarela. Sorprendentemente, aínda con dous xogadores menos, tivo a última o As Pontes, tras un centro do propio Carlos, remata a porta baleira Sánchez e salva un defensa baixo paus (93´).

Os azuis lograron rescatar un punto, aínda que perden a dous medios centros para o decisivo encontro ante o Vilalbés. Primeiro empate entre ambos os equipos. Tres triunfos locais en Coruña, mentres en O Poboado, vitorias pontesas, 3-1 (2014-15), 1-0 (2015-16), e un triunfo visitante, 0-2 (2016-17).

CD As Pontes. Liz, Maroñas, Alex, Caridad, García (Sánchez 72´), Dani, Pajaro, Gonzalo, Carlos, Fidi, Cambón (Rivas 87´).

Silva SD. Ríos, Brais, Justo, Jonathan (Rojo 77´), Marcos, Sergio (Falcones 88´), Parafita (Souto 65´), Jacobo, Prieto, Tome, Fabio.

Árbitro: M.C.C (Ourense). Auxiliado por Rodicio González e Rodríguez Delgado. Amarelas a García, Pajaro e Carlos. Expulsados por dobre amoestación Fidi (84´) e Gonzalo (85´). Ningunha tarxeta para o cadro visitante.

Incidencias: Campo de O Poboado. Unhas 150 persoas.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA B. O ESTEO FS-GIJÓN PLAYAS (4-3)

Sufrido triundo do Esteo ante o equipo asturiano

O Esteo pontés de fútbol sala gañou na tarde deste sábado ante o equipo da maravillosa localidade xixonesa, que ascendeu a campaña pasada, por un apretado 4-3.

Adiantaronse os locais por medio de Jhony, pero pronto remontaban os asturianos antes do descanso, e gracias, porque co tempo cumprido enviaron un balón ao poste nunha xogada na que chegaban dous xogadores sos ante Javichu. Anteriormente Jacobo lanzou unha falta directa preto da escadra.

No segundo tempo houbo ocasións moi claras para Héctor, Troncho e Martín, aínda que tamén pola outra banda, con grandes intervencións de Javichu. Lograbase o empate cun tanto en propia meta no intento de despexe, e logo era Jacobo o que poñía o 3-2 cun auténtico golazo pola escadra.

Os asturianos empataban a pouco do final nunha xogada na que Javichu fixo dúas boas paradas pero xa non puido cun terceiro remate consecutivo. Os visitantes, en postos de perigo, non se conformaban co empate e seguiron tentandoo co porteiro xogador.

Pero estivo moi listo Jacobo para roubar un balón e anotar desde media pista o 4-3 que acabou resultando definitivo. Os ponteses son terceiros con 33 puntos antes de visitar ao Xove.

O ESTEO FS. Javichu, Jhony, Rober, Jacobo, Cokito – Noé, Héctor, Martín, Troncho.

GIJÓN PLAYAS. Mario, Isaac, Mateo, Dani, Tommy – Rubo, Saúl, Jamo, David, Madagan.

GOLES. 1-0, Jhony (11´), 1-1, Mateo (12´), 1-2, Dani (13´). 2-2, Jamo, pp (29´), 3-2, Jacobo (33´), 3-3, Jamo (36´), 4-3, Jacobo (38´).

Tarxetas: Amarelas a Noé, Troncho, Héctor, Isaac, Madagan, David.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA GALEGA. CR FENDETESTAS-CRAT A CORUÑA (0-96)

Contundente triunfo do equipo coruñés

O Fendetestas pontés de Rugbi caeu este domingo á mañá no campo artificial ante o histórico Crat coruñés. Os herculinos xa deixaron sentenciado o encontro co 0-48 ao descanso, a metade do tanteo definitivo.

Destacou Jose Antonio Pajarrón con 34 puntos, de catro ensaios e sete lanzamentos a paus. A vindeira semana os verdes visitan ao CU Ourense B, décimo con dez puntos.

Xogaron Xose, Anxo, Kevin, Carlos, Antón, Bojang, Fede, Beto, Brais, Antonio, Iván, Miguel D, Miguel F, Senen, Lois.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

III CROSS POPULAR VILA DE AS PONTES

Disputouse este domingo na Fraga

Máis de 200 atletas deronse cita este domingo á maña na Carballeira da Fraga para a disputa do Cross Vila de As Pontes.

No evento amenizado por Xalo Maira, comezaron competindo os máis pequenos, deixando para o final a categoría absoluta, na que resultaron gañadores Antonio Teijido (Verxel) e a gran atleta de Ares Paula Mayobre (Running Pinto).

Tralo percorrido de cinco voltas e un total de cinco kilómetros na segunda praza acabaron Xabier Díaz (Lucus) e Zeltia Spencer (Oviedo) e na terceira David Fernández (Coruña Comarca) e Cristina Loeda.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES 10-11-12 XANEIRO

Vitoria de Feminino, Cadete, Infantil, Benxamín A e Prebenxamín A

VETERANO

CF TEKE TEKE ORDES-CD AS PONTES (3-1) Óscar Púas

FEMININO

CD AS PONTES-CD ROSALÍA (2-1) Paula Castro, Paula Baamonde

XUVENIL

CD AS PONTES-SD COMPOSTELA (1-3) Dani

CADETE

SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES (2-3) Hugo, Xose, Eloy

INFANTIL

CD AS PONTES-SRD NUMANCIA DE ARES CF (4-0) Yeray, Antón, Xandre, Bruno

ALEVÍN

RACING DE FERROL B-CD AS PONTES (1-1)
CD AS PONTES B-CD NARÓN (2-2)

BENXAMÍN

CD AS PONTES-RÁPIDO DE NEDA SD (3-1)
SCDR GALICIA DE CARANZA D-CD AS PONTES B (5-1)

PREBENXAMÍN

CEDEIRA SD-CD AS PONTES (1-6)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s