CD As Pontes Feminino

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – RACING CLUB VILALBÉS 0

Importante triunfo do As Pontes no derbi

Importantísima vitoria do As Pontes no derbi ante o Vilalbés, o que o fai respirar un pouco situándose na criba do descenso con 21 puntos. Tiñao complicado hoxe o conxunto local, con moitas baixas, un banquiño moi novo, e Sánchez e García improvisando como extremos.

O primeiro período foi de maior dominio local, resaltar un remate de cabeza de Dani por riba do longueiro tras centro de Maro (19´), un balón que rouba Carlos, centra e ninguén consegue rematar (25´), tiro cruzado do propio xogador aresán que Pita despexa a corner (33´), ou un disparo por alto de García (45´). Polos chairegos apenas resaltar, tras un mal pase de Pajaro, na perigosa contra acaba sacando o balón Dani de cabeza (43´).

No comezo do segundo período chegou o único gol do encontro, tras unha mala cesión dun zagueiro a Pita, no que queda so Cambón, que en lugar de disparar de primeiras regatea, dispara, despexa un defensa co corpo, volvelle o balón aos pés do coruñés que lla cede a David García e este marca de forte disparo (50´).

Poñía o equipo azul fin a unha racha de seis xornadas sen marcar en xogada trenzada, agás os dous penaltis moi ben executados por Carlos ante o Somozas.

A raíz de aí replegouse o cadro local e foi a polo empate o conxunto chairego. Gran xogada de Sandá que dispara cruzado e saca coa perna a córner in extremis Liz (58´), seguido dun forte disparo de Sito dende fóra da área que desvía coas luvas a córner o porteiro local (66´).

Sacudiuse un pouco a presión o conxunto local tras unha incorporación ao ataque de Maroñas, que dispara a rentes do pau (68´), pero preto do final chegou a mellor ocasión visitante, i é que tras un centro dende banda esquerda cabecea Sito ao longueiro (81´). Seguirono tentando os lucenses ata o final, e cun remate do pichichi da Preferente 2017-18 Cuadrado que marcha un pouco por riba do longueiro rematou o encontro (92´).

Tres vitais puntos para o conxunto pontés que se sitúa con 21 na criba que marca o descenso, e visita ao equipo que o acompañou no ascenso de Preferente, Arzúa, que está marcando unha gran temporada con 28 puntos.

Os derbis entre ambos equipos son moi igualados, cun global de 15 vitorias azuis, 13 chairegas, e 10 empates. En O Poboado, 8 triunfos para os locais, 6 visitantes e 5 igualadas.

As Pontes. Liz, Maroñas, Alex, Caridad, Sánchez (Berto 88), Dani, Pajaro, Rivas, Carlos, García, Cambón

Racing Vilalbés. Pita, López, Buyo, Vérez (Ángel 62), Josito, Javi Varela (Moreda 77), Jose Varela, Make, Cuadrado, Sandá, Sito

Goles: 1-0, David García (50´)

Árbitro: Óscar Martínez Santos (Santiago). Auxiliado por Rodríguez Munín e Villaverde Mogo. Amarela a Vérez, Pajaro, Carlos, Sánchez, Josito, Pena.

Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores en tarde moi fría e soleada

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES 17-18 XANEIRO

Vitoria de Veterano, Feminino, Cadete, ambos Alevíns e Prebenxamíns, e Benxamín A

VETERANO

CD AS PONTES-CD SIGRAS (6-0) 
Iván Ferreiro (3), Juan Rodríguez, Alberto Loureiro, Juan Esteban. Segundo clasificado (31+45). Próximo rival Batallador. Tarde de intensa choiva, o artificial bota de menos un graderío.

FEMININO

CF SAN SADURNIÑO-CD AS PONTES (0-1) 
Noelia Ameneiro. Primeiro clasificado (12+12). Próximo rival Discalzas.

XUVENIL

CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA (0-1) 
Seis derrotas consecutivas. Eyob Santamariña, de primeiro ano, lateral dereito dos ferroláns. Decimoquinto clasificado (19-7). Próximo rival San Tirso.

CADETE

CD AS PONTES-RACING SAN PEDRO (9-1) 
Adrián Piñón (2), Eloy Galdo (2), Sergio Hermida (2), Luis Molina, Samuel Seco, Mateo Gabeiras. Primeiro clasificado (18+22). Próximo rival Rápido de Neda.

INFANTIL

SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES (3-1)
Antón Varela. Sétimo clasificado (9-1). Próximo rival Eume Deportivo.

ALEVÍN

CD AS PONTES-CCRD PERLÍO (3-1)
CCRD PERLÍO B-CD AS PONTES B (1-7)

BENXAMÍN

SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES (2-5)
CD AS PONTES B-CD CARIÑO (3-6)

PREBENXAMÍN

CD AS PONTES-SDCR NARÓN O FREIXO (4-1)
SCDR GALICIA DE CARANZA C-CD AS PONTES (3-12)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA VETERANOS 2019-20

Nunha xornada na que gañaron os catro primeiros, o Muebles Eume mantén a súa ventaxa

XORNADA 12

LA GALAXIA-ELECTRICIDAD J&O (5-3)
MUEBLES EUME-AS PONTES 74 (5-1)
ESTANCO MARI CARMEN-MMYPEM (4-1)
JEYCAR-BAR ENCANTO LECAR 712 (2-0)
LA BAMBA-A CEPA (2-0)
DESCANSA FARMAVIDA

CLASIFICACIÓN

1º MUEBLES EUME (31+28)
2º LA GALAXIA (27+33)
3º LA BAMBA (27+19)
4º ESTANCO MARI CARMEN (27+17)
5º JEYCAR (13+2)
6º BAR ENCANTO LECAR 712 (13-8)
7º MMYPEM (10-4)
8º ELECTRICIDAD J&O (8-21)
9º FARMAVIDA (7-13)
10º AS PONTES 74 (7-38)
11º A CEPA (5-15)

XORNADA 13 (25/26-1-2020)

ELECTRICIDAD J&O-AS PONTES 74
MUEBLES EUME-A CEPA
JEYCAR-FARMAVIDA
LA BAMBA-ESTANCO MARI CARMEN
BAR ENCANTO LECAR 712-MMYPEM
DESCANSA LA GALAXIA

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s