CD As Pontes Feminino

SEGUNDA B. O ESTEO FS – DOMOTEC PUERTAS DEYMA FS (8-5)

O Esteo vence ao equipo leonés

O Esteo pontés de fútbol sala gañou na tarde deste sábado 8-5 ante o equipo leonés, que cumpre a súa segunda tempada na categoría ocupando unha meritoria oitava praza.

Puxeron terra de por medio os locais cun 4-0, con tantos de Jhony, que abría a lata, Noé chegando só ao segundo pau, Héctor que se vai pegado a banda e marca de tiro raso, e outra vez Jhony que tras varios regates, anotaba de forte disparo por alto. Pouco antes do descanso recurtaban distancias os brancos.

O segundo tempo comezaba co particular hat trick momentáneo de Jhony, nun gran gol no que picaba o balón ante a saída do porteiro e marcaba a porta baleira, pero pronto empataban os visitantes nun balón que desvía un xogador dentro da área.

Nos últimos dez minutos, os locais tentaban aguantar a ventaxa e os leoneses ían en busca de recurtar distancias, e o partido convertiuse nun toma e daca con tres goles por cada bando ata o 8-5 definitivo, completando Jhony o seu póker situándose como segundo máximo goleador do equipo con 13 tantos, a catro de Jacobo.

Os ponteses son terceiros con 36 puntos antes de visitar ao líder Benavente, que ten 46, con só dúas derrotas, na Fraga e hoxe co segundo Albense.

O ESTEO FS. Javichu, Jhony, Rober, Noé, Troncho – Héctor, Cokito, Jacobo, Martín, Faílde (Marcos).

DOMOTEC PUERTAS DEYMA FS. Diego, Corral, Camacho, Furi, Gabri – Guillermo, Germán, Miguel, Alejo, Mario, Marcos.

GOLES. 1-0, Jhony (2´), 2-0, Noé (3´), 3-0, Héctor (12´), 4-0, Jhony (18´), 4-1, Camacho (20´). 5-1, Jhony (21´), 5-2, Corral (23´), 5-3, Corral (32´), 6-3, Jhony (34´), 6-4, Camacho (36´), 7-4, Martín (37´), 8-4, Jacobo (38´), 8-5, Germán (39´).

Tarxetas: Amarelas a Cokito, Corral, Guillermo, Germán e Mañanes.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 200 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

RESULTADOS CD AS PONTES 24-25-26 XANEIRO

Vitoria de Feminino, Cadete, Infantil e Alevín B

TERCEIRA DIVISIÓN

CSD ARZÚA-CD AS PONTES (3-0)

O Arzúa, que perdera os seus catro encontros oficiais co As Pontes, sorprendeu co ascenso a campaña pasada, por diante de equipos con máis caché como Viveiro ou Noia, e a once puntos dun As Pontes que xa tiña todo feito a cinco xornadas do final. Debutando na Terceira, cun dos presupostos máis modestos da categoría, co adestrador Alberto López, que exprime ao máximo o potencial dos seus equipos, co pichichi Íker Hurtado, e un plantel apañadiño, gañou os dous encontros, 2-3 no Poboado, e suma dez puntos máis.

VETERANO

BATALLADOR SD-CD AS PONTES (2-2) 

Iván Ferreiro, Alberto Loureiro. Terceiro clasificado (32+45). Próximo rival Carnoedo.

FEMININO

DISCALZAS SD-CD AS PONTES (1-4) 

Paula Castro (3), Noelia Ameneiro. Primeiro clasificado (15+15). Próximo rival Eume.

XUVENIL

SAN TIRSO SD-CD AS PONTES (6-5) 

Dani (3), Luis Molina, pp. Decimoquinto clasificado (19-8). Próximo rival Racing Vilalbés B.

CADETE

CD AS PONTES-RÁPIDO DE NEDA (9-0) 

Luis (3), Sergio Hermida (2), Juan Molina, Sergio Silvén, Hugo Blanco, Anxo Rey. Primeiro clasificado (21+31). Próximo rival Caranza B.

INFANTIL

CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (4-3)
Antón Varela (3), Cristian Muñoz. Sexto clasificado (12). Próximo rival Racing de Ferrol.

ALEVÍN

SCDR ÁNIMAS BE-CD AS PONTES (2-1)
CD AS PONTES B- SCDR ÁNIMAS (5-0)

BENXAMÍN

CD AS PONTES-RACING DE FERROL (1-6)
EUME DEPORTIVO B-CD AS PONTES B (3-1)

PREBENXAMÍN

SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES (1-1)
CD AS PONTES-SD O VAL (1-2)

Como delegado do equipo valexo estaba o ex medio centro David Franch, que nos seus últimos anos fora xogador do Somozas, e anteriormente de Racing de Ferrol, Castellón, Valencia, B, Cartagonova, Ceuta, Hospitalet e Águilas.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA VETERANOS 2019-20

Muebles Eume é máis líder tralo empate entre La Bamba e o Estanco nunha xornada na que descansou La Galaxia

XORNADA 13 

ELECTRICIDAD J&O-AS PONTES 74 (4-2)
MUEBLES EUME-A CEPA (3-0)
JEYCAR-FARMAVIDA (0-0)
LA BAMBA-ESTANCO MARI CARMEN (1-1)
MMYPEM-BAR ENCANTO LECAR 712 (3-2)
DESCANSA LA GALAXIA

CLASIFICACIÓN

1º MUEBLES EUME (34+31)
2º LA BAMBA (28+19)
3º ESTANCO MARI CARMEN (28+17)
4º LA GALAXIA (27+33)
5º JEYCAR (14+2)
6º MMYPEM (13-3)
7º BAR ENCANTO LECAR 712 (13-9)
8º ELECTRICIDAD J&O (11-19)
9º FARMAVIDA (8-13)
10º AS PONTES 74 (7-40)
11º A CEPA (5-18)

XORNADA 14 (1/2-2-2020)

LA BAMBA-JEYCAR
MUEBLES EUME-ELECTRICIDAD J&O
BAR ENCANTO LECAR 712-AS PONTES 74
MMYPEM-FARMAVIDA
ESTANCO MARI CARMEN-LA GALAXIA
DESCANSA A CEPA

Nova cortesía Tino Prieto, Tomás Franco e XF

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s