CD As Pontes Feminino

DAVID ROCHELA GANA A LEO CUP 2020

O Port Thai foi o mellor dos doce equipos participantes

O futbolista pontés David Rochela Calvo gañou a final da Leo Cup este pasado martes co seu equipo Port Thai.

O conxunto de David foi o mellor dos 12 equipos participantes e impúxose neste prestixioso torneo que da inicio á nova campaña 2020, xa que en Tailandia as Ligas xoganse en anos naturais, de Febreiro a Outubro.

Gañaron sucesivamente ao Nakhonratchasima por 2-0 na primeira eliminatoria, e nos cuartos de final ao xaponés Cerezo Osaka por un rotundo 3-0.

Xa nas semifinais impuxeronse nunha interminable quenda de penaltis 12-11 ao Campión de Liga Chiangrai United tralo 2 a 2 no tempo regulamentario.

Xa este martes xogaron a final na que venceron ao Muangthong United por 2-1, tras empatar o tanto inicial faltando dez minutos, e anotar o segundo no tempo de desconto.

Este é o sexto título de David en terras tailandesas, sumando esta Leo Cup á Copa conquistada hai uns meses co seu actual equipo, mailos catro que logrou co Buriram United, unha Liga, dúas Supercopas, e a Supercopa Toyota ante o Nagoya xaponés.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

AMIGABLE. O ESTEO FS-SELECCIÓN DE XAPÓN (1-5)

O Esteo prantou cara no seu terceiro partido internacional, frente á moi probable selección mundialista nipona, que acabou impoñendo a súa maior profundidade de banquiño.

Partido histórico o que vivía o Esteo pontés de fútbol sala este xoves á noite no Pavillón de A Fraga no que recibía á selección de Xapón, equipo que moi probablemente clasifique entre os cinco mellores de Asia para o próximo Mundial de Lituania 2020, que alcanzou España este martes tras gañar a Serbia, Francia e Ucraina.

De feito, o equipo dirixido polo técnico ferrolán Bruno García, foi tres veces Campión de Asia e participou en catro Mundiais, o primeiro celebrado, Holanda 1989, o de China Taipei 2004, gañado por España, e nos de Brasil 2008 e Tailandia 2012.

Terceiro encontro internacional do equipo pontés, que xa gañara ó mítico Bakú United, o mellor equipo inglés, por 6-5 na Fraga en 2013, e perdera 2-3 coa selección mundialista de Vietnam na Gándara en 2014.

O Esteo, que apenas contaba con oito xogadores de pista, dous porteiros, un xuvenil, Xan, e un cadete, Pablo, plantou cara en todo o partido, e chegou a igualar no comezo do segundo período, pero acabou caendo co paso dos minutos ante un cadro xaponés que empregou ata 16 futbolistas.

Un Javichu inconmensurable atallou a multitude de cañonazos xaponeses, pero recibiu tres goles en rexeites nos que nada puido facer, e por desgracia sen porteiro recibiuse un gol co tempo cumprido, anotado polo ex xogador do Osasuna, o capitán Yoshikawa, pero o 1-5 podese dar por bo. Anotou o histórico tanto da honra pontés, Martín, de falta.

O ESTEO FS. Javichu, Jhony, Rober, Noé, Troncho – Héctor, Cokito, Jacobo, Martín, Xan, Pablo, Sergio.

SELECCIÓN DE XAPÓN. Shinoda, Yoshikawa, Ryohei, Shota Hoshi, Nishitani –Shimizu, Minamoto, Ryuta Hoshi, Hirata, Henmi, Morimura, Kato, Yagi, Tamura, Sekiguchi, Hiyama.

GOLES. 0-1, Yagi (8´). 1-1, Martín (22´), 1-2, Shota Hoshi (25´), 1-3, Hirata (27´), 1-4, Minamoto (33´), 1-5, Yoshikawa (40´).

Tarxetas: Amarelas a Troncho e Cokito.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Uns 200 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA B. O ESTEO FS-FS BOAL (13-5)

O Esteo consegue o seu maior número de goles nun partido oficial apenas dous días despois de xogar contra Xapón nun encontro que contou coa presencia de Adri

O Esteo completa unha semana histórica, tras xogar ante Xapón, selección que moi probablemente esteña nuns meses no vindeiro Mundial de Lituania 2020, e con menos de 48 horas de descanso hoxe conseguiu o seu maior número de goles en competición oficial.

O partido tivo pouca historia, e xa se marchou con 7-2 ao descanso, e no segundo período, con porteiro xogador os asturianos, os locais anotaron varios tantos a porta baleira. Noé marcou catro goles, dous Troncho, Jhony e Martín, e un Héctor, Rober e Cokito.

Como dicíamos, trece é o maior número de goles que consigue o Esteo en competición oficial dende a súa fundación. De feito, en Segunda B, o teito estaba en nove goles, nun 9-4 ao Albense (2017) e tamén 9-4 ao Prone Lugo (2019).

Os ponteses anotaron doce goles ante, Melyde Eypar (12-2, 2012), Carballiño (4-12, 2012), Negreira Bar Arranca (6-12, 2009), e Automoción La Junquera (8-12, 2005). Dez tantos lográronse ante Cidade de Viveiro (10-0, 2013), Redondela (2-10, 2009), e San Cristobo Arzúa (3-10, 2009).

Nunha semana tan histórica, o Pavillón de A Fraga recibiu a visita do gran Adrián Martínez Vara “Adri”, xogador de O Parrulo, que o pasado martes conseguía en Belgrado coa selección española o billete ao Mundial Lituania 2020, tras gañar a Francia (3-1), Ucrania (3-1) e Serbia (5-1).

O Esteo é cuarto con 39 puntos antes de visitar ao Unión Arroyo, de Valladolid, décimo con 25, pero curioso segundo máximo realizador da Liga, faceta na que o Esteo tamén é cuarto.

O ESTEO FS. Javichu, Héctor, Martín, Noé, Troncho – Cokito, Jhony, Rober, Jacobo, Xan, Sergio.

FS BOAL. Hugo, Fredi, Toni, Gus, Adri – Ayala, Santi, James, Iroha, Gaizka.

GOLES. 1-0, Noé (2´), 2-0, Héctor (7´), 2-1, Iroha (8´), 2-2, Fredi (9´), 3-2, Martín (12´), 4-2, Troncho (13´), 5-2, Noé (14´), 6-2, Troncho (17´), 7-2, Jhony (18´). 8-2, Jhony (26´), 8-3, Adri (27´), 9-3, Cokito (29´), 9-4, Fredi (30´), 10-4, Noé (31´), 10-5, Santi (32´), 11-5, Rober (35´), 12-5, Martín (36´), 13-5, Noé (37´).

Tarxetas: Amarela a Cokito.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Máis de 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES 7-8-9 FEBREIRO

Vitoria de Cadete, Infantil, Alevín A, Benxamín A, e ambos Prebenxamíns

TERCEIRA DIVISIÓN

AROUSA SC-CD AS PONTES (3-1)

VETERANO

SAN MARTIÑO SD-CD AS PONTES (2-2)

Iván Ferreiro 2. Terceiro clasificado (36+54). Próximo rival Cambre.

FEMININO

CULTURAL MANIÑOS SD-CD AS PONTES (4-3)

Andrea Ares 2, Paula Baamonde. Terceiro clasificado (18+16). Próximo rival Galicia de Caranza.

XUVENIL

BERGANTIÑOS CF-CD AS PONTES (7-0)

Décimocuarto clasificado (22-10). Próximo rival Viveiro.

CADETE

CD AS PONTES-CD CARIÑO (3-0)

Luis Molina 2, Anxo Rey. Primeiro clasificado (24+33). Próximo rival CD Narón A, segundo.

INFANTIL

CD AS PONTES-CEDEIRA SD (9-3)

Antón Varela 3, Xandre Fernández 2, Cristian Muñoz 2, Borja Ramos, Anxo Sánchez. Sexto clasificado (15-1). Próximo rival Rápido de Neda.

ALEVÍN

SD RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (0-2)
CD AS PONTES B-SCDR GALICIA DE CARANZA E (0-0)

BENXAMÍN

CD AS PONTES-CULTURAL MANIÑOS SD (9-0)
CCRD PERLÍO B-CD AS PONTES B (2-0)

PREBENXAMÍN

AD MIÑO-CD AS PONTES (0-1)
CD AS PONTES B-RACING SAN PEDRO (7-2)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA VETERANOS 2019-20

Os tres perseguidores aproveitan o descanso de Muebles Eume para gañar os seus partidos e achegarse na clasificación

XORNADA 15 

LA GALAXIA-MMYPEM (3-1)
BAR ENCANTO LECAR 712-ELECTRICIDAD J&O (0-2)
JEYCAR-A CEPA (4-3)
ESTANCO MARI CARMEN-AS PONTES 74 (9-0)
LA BAMBA-FARMAVIDA (3-1)
DESCANSA MUEBLES EUME

CLASIFICACIÓN

1º MUEBLES EUME (37+38)
2º LA BAMBA (34+22)
3º ESTANCO MARI CARMEN (32+26)
4º LA GALAXIA (31+35)
5º JEYCAR (17+2)
6º MMYPEM (16-2)
7º BAR ENCANTO LECAR 712 (16-7)
8º ELECTRICIDAD J&O (14-24)
9º FARMAVIDA (8-18)
10º AS PONTES 74 (7-53)
11º A CEPA (4-19)

XORNADA 16 

MUEBLES EUME-JEYCAR
ELECTRICIDAD J&O-FARMAVIDA
ESTANCO MARI CARMEN-BAR ENCANTO LECAR 712
LA GALAXIA-AS PONTES 74
MMYPEM-A CEPA
DESCANSA LA BAMBA

Nova cortesía T.P., T.F. e X.F. 

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s