CD As Pontes Feminino

SEGUNDA B. CD UNIÓN ARROYO – ESTEO FS (6-4)

Derrota do Esteo en Valladolid

Derrota do Esteo en Valladolid nun encontro no que chegou a empatar ata en tres ocasións, 1-1, 2-2, 4-4, pero que acabou perdendo nos últimos minutos nun partido no que sofriu dúas expulsións.

O Esteo é cuarto clasificado con 39 puntos e recibe esta fin de semana ao terceiro Albense.

CD UNIÓN ARROYO. Jairo, Dani, Nacho, Virgi, Cristóbal – Cabezas, Rulo, Diego, Escudero.

O ESTEO FS. Javichu, Jhony, Martín, Noé, Troncho – Héctor, Cokito, Jacobo, Rober.

GOLES. 1-0, Diego (8´), 1-1, Martín (15´), 2-1, Diego (18´). 2-2, Jhony (21´), 3-2, Rulo (28´), 4-2, Virgi (32´), 4-3, Noé (33´), 4-4, Noé (36´), 5-4, Virgi (37´), 6-4, Dani (38´).

Tarxetas: Nacho, Diego, Dani, Héctor, Jacobo, Javichu, Cokito, Jhony. Doble amárela a Noé e Martín.

Incidencias: Pavillón Antonio Garnacho. Arroyo de la Encomienda.

Nova cortesía Moisés Fernández e XF

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES-CD PONTELLAS (7-0)

Contra o equipo co que perdera a penaltis a final de Campións de Preferente o ano pasado, logrou o As Pontes a súa maior goleada na Terceira División, co mesmo resultado que se dera ante Viveiro (1995) e Alondras (1966)

Contundente vitoria do As Pontes na tarde de hoxe 7-0 ante o Pontellas, o equipo que curiosamente lle derrotara na final de campións de Preferente aos penaltis fai apenas oito meses e medio.

A pesar do marcador, e da penúltima praza na que chegaba o equipo visitante, non era un cadro precisamente doado, pois xa gañara na ida 2-1, e nas súas dúas últimas visitas puntuou en campos tan difíciles como Bouzas (1-1), ou UD Ourense (2-2).

Pero pronto se poñían por diante os locais, nunha xogada na que Cambón lle gaña un balón dividido ao porteiro fora da área e acaba marcando a porta baleira (3´), e despois dunha cabezada de Carlos tras centro de banda, desvía Toni, i é outra vez Cambón o que dentro da área pequena, sen oposición, empurra o balón ao fondo das mallas (7´).

Tiveron as súas opcións os de Porriño para recurtar distancias, pero preto do descanso, era Maroñas quen marcaba un golazo tras un centro chut desde banda dereita que se cola pola escadra (42´), e xusto antes da intermedio Caridad cabecea a gol un saque de córner (45´).

A segunda parte só serviu para ver un hat trick do dianteiro aresán Carlos, que esta semana conseguía a clasificación coa selección galega Uefa, xunto con Paco, o quinto e o sétimo, cara a cara, batendo por baixo ao cancerbeiro pontevedrés, e o sexto estando moi listo mentres o cadro visitante estaba a colocar a barreira. Suma 15 tantos.

O As Pontes, cuias dúas máximas goleadas en partido oficial son un 13-0 ao San Mateo en 1978, e o 11-1 a pasada campaña ao Castro o día do ascenso, na Terceira División, este 7-0 é a maior goleada dos azuis, que repetiron o mesmo tenteo ante o Viveiro en 1995, e o Alondras en 1966. Non deixa de ser reseñable o 8-0 ao Colonia Moscardó en Segunda B (1995).

Desgraciadamente, os seis goles sobrantes non se poden almacenar na despensa ou na neveira para cando sexan máis necesarios, e o As Pontes suma 27 puntos, só un por riba do descenso nunha clasificación moi apretada, cando lle agardan dous duros envites para rematar o mes máis curto ante Choco e Ourense CF.

CD As Pontes. Liz, Maroñas, Alex (Iván 80´), Caridad, Cambón, Dani, Pajaro (Fidi 70´), Gonzalo, Carlos, García, Quique (Sánchez 65´).

CD Pontellas. Toni, Pablo, Edu, Maikel, Rey (Guille 46´), Telmo (Santi 46´), Berto, Javi, Charles, Hugo, Nando (Yago 60´).

Goles: 1-0, Cambón (3´), 2-0, Cambón (7´), 3-0, Maroñas (42´), 4-0, Caridad (45´). 5-0, Carlos (50´), 6-0, Carlos (77´), 7-0, Carlos (92´).

Árbitro: Julio José Martínez Barral. Auxiliado por Rodríguez Vaamonde e Ferro Benito. Amarelas a Toni, Javi, Guille.

Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde con ceo encapotado.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES 14-15-16 FEBREIRO

Vitoria de Veterano, Infantil e Alevín B

VETERANO

CD AS PONTES-CAMBRE CF (9-0)

Iván Ferreiro 2, Juan Rodríguez 2, Justo Caaveiro, Narciso Vázquez, Marcos Tojeiro, Javier González, pp. Terceiro clasificado (39+63). Próximo rival Rodis.

FEMININO

CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA (1-4)

Andrea Ares. Terceiro clasificado (18+13). Próximo rival Perlío, cos mesmos puntos.

XUVENIL

CD AS PONTES-VIVEIRO CF (0-3)

Décimo quinto clasificado (22-13). Próximo rival Calasanz B.

CADETE

CD NARÓN A-CD AS PONTES (3-1)

David Cendán. Segundo clasificado (24+31). Próximo rival Eume Deportivo, terceiro.

INFANTIL

SD RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (0-3)

Mateo Núñez, Jorge Acebrón, Antonio Graña. Quinto clasificado (18+2). Próximo rival Ortigueira.

ALEVÍN

CD AS PONTES-RACING DE FERROL (0-6)
SDC GALICIA DE MUGARDOS B-CD AS PONTES (2-3)

BENXAMÍN

SCDR GALICIA DE CARANZA C-CD AS PONTES (4-0)

PREBENXAMÍN

SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES B (6-6)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA VETERANOS 2019-20

Xornada redonda para Muebles Eume, que tralos tropezos de La Galaxia e o Estanco, prácticamente queda con La Bamba como único opositor

XORNADA 16 

MUEBLES EUME-JEYCAR (5-0)
ELECTRICIDAD J&O-FARMAVIDA (0-0)
ESTANCO MARI CARMEN-BAR ENCANTO LECAR 712 (0-1)
LA GALAXIA-AS PONTES 74 (0-0)
MMYPEM-A CEPA (1-2)
DESCANSA LA BAMBA

CLASIFICACIÓN

1º MUEBLES EUME (40+43)
2º LA BAMBA (34+22)
3º LA GALAXIA (32+35)
4º ESTANCO MARI CARMEN (32+25)
5º BAR ENCANTO LECAR 712 (19-6)
6º JEYCAR (17-3)
7º MMYPEM (16-3)
8º ELECTRICIDAD J&O (15-24)
9º FARMAVIDA (9-18)
10º AS PONTES 74 (8-53)
11º A CEPA (7-18)

XORNADA 17 (29-2/1-3)

LA GALAXIA-BAR ENCANTO LECAR 712
LA BAMBA-ELECTRICIDAD J&O
ESTANCO MARI CARMEN-FARMAVIDA
MUEBLES EUME-MMYPEM
AS PONTES 74-A CEPA
DESCANSA JEYCAR

Nova cortesía XF, TP e TF

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s