CD As Pontes Feminino

ALEX MONTERO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA EN OURENSE

Disputase esta fin de semana en Oira

O xogador pontés do San Tirso SD Alejandro Montero Peteira ven de ser convocado para a segunda fase do Campionato de España Sub16, que se disputará en Oira (Ourense) esta fin de semana.

Na primeira fase Galicia venceu 3-0 a La Rioja e perdeu 1-3 co País Vasco. Xogarán no Campo de Oira contra Extremadura o día 6 e ante Ceuta o día 8, ambos encontros ás 12:30. Deberán tentar gañar os dous partidos e agardar outros resultados para ver si entran entre os catro primeiros.

A lista de 18 futbolistas, con cinco novidades con respecto á primeira, é a seguinte:

RC Deportivo de A Coruña: Cristian Canales, David Mella, Diego Gómez, Martín Ochoa, Hugo Lemos, Rubén López

RC Celta de Vigo: Alex Comparada, César Fernández, Robert Carril, Stefan Bajcetic, Yoel Lago

San Tirso SD: Gabriel Ares, Alejandro Montero, Alex Delgado

CD Lugo: Alberto Freire

Arousa SC: Miguel Fernández

Ural CF: Diego Rodríguez

CD Lérez: Jacobo López

Nova cortesía de Xose Ferreiro

DÚAS MEDALLAS PONTESAS NO CAMPIONATO GALEGO MÁSTER

Prata para Roberto Peón e bronce para Esteban Díaz

A pasada fin de semana disputouse na cidade de Ourense os 31º Campionatos Galegos de Atletismo en categoría Máster, con gran actuación de dous deportistas ponteses, do Trieume.

Roberto Peón foi segundo na proba dos 400 metros lisos (Máster 35), cun tempo de 56:51. O ouro foi para Santiago Dapena (Estrada) e o bronce para Adrián Gómez (Compostela).

Pola súa banda, Esteban Díaz foi bronce nos 3.000 metros (Máster 35-40), cun tempo de 9:12:22, so superado por Jose Manuel Corral, primeiro, e Luis Iglesias, segundo, ambos do Arenteiro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 – OURENSE CF 2

Un golazo de Alex no último minuto da o merecido empate a un As Pontes aínda con vida, cuarto pola cola, e deixa sen liderato ao equipazo ourensán

O As Pontes rescatou un valioso e merecido punto co tempo cumprido tras un golazo de Alex Cabarcos que deixou sen liderado ao gran equipo ourensán, que non puido aproveitar o tropezo do Compostela esta mañá ante o Polvorín.

O encontro foi de maior dominio visitante, que fixo valer o seu gran plantel de medio cara arriba, pero os azuis aguantaron o tipo todo o encontro, con moito traballo da parella de centrais formada por Caridad e Dani.

Adiantáronse os locais tras unha acción trenzada con pase de Fidi que Quique controla dentro da área, regatea e marca de tiro cruzado (20´). Pero cando se achegaba o descanso, tras unha xogada na área pontesa con choque entre varios xogadores, acabou retirándose lesionado Quique e marcando de penalti Renan Zanelli (45´).

Xa no segundo tempo, atallou Liz en dous tempos nunha acción na que chegaban dous xogadores visitantes libres de marca (59´), pero logo era Pardo o que respondía cunha perigosa contra cuio disparo desvía Parra in extremis a córner moi pegado ao pau (61´).

Tralo lanzamento dese córner, era Rivas o que cabeceaba ao poste rematando o rexeite Caridad e sacando un defensa baixo paus (62´). Pero era o Ourense o que lle daba a volta ao marcador cun cabezazo cara atrás de Adri Castro que sorprendeu a Javi Liz (66´).

De aí ao final os locais buscaron o gol que lles dese polo menos un punto, con apenas Carlos e Pardo na área contraria, coas ausencias de Cambón e Quique, e os visitantes de Fran Justo non se botaron atrás nin perderon tempo, senón que buscaron a sentenza.

Pero foi nunha falta ao borde da área que Alex Cabarcos, que xa lanzara un zapatazo previamente que fixo estirarse a Parra (79´), lembrou a Bossa, e colou o balón pola escuadra establecendo a merecida igualada definitiva (90´).

Os azuis, con 28 puntos, son cuartos pola cola, a un da salvación, nunha xornada na que gañaron varios rivais directos, pero tamén Ferrol, Pontevedra e Celta B, e tratarán de traer algo positivo da súa visita ao Arenteiro.

Sétimo encontro oficial en O Poboado contra a antiga Ponte Ourense, tralos seis disputados entre 1995-2005, e primeiro empate, por dous triunfos locais e catro visitantes.

2 CD As Pontes. Liz, Maroñas, Alex, Caridad, Dani, Quique (Berto 44´), Gonzalo, Carlos, Fidi (Sánchez 82´), Rivas, Pardo (Pájaro 77´).

2 Ourense CF. Parra, De Paz (Juanma 75´), Novoa, Portela, Barcia, Cassio, Rodri (Adri 23´), Renan, Lamelas, Pibe (Íker 80), Murillo.

Goles: 1-0, Quique (20´), 1-1, Renan, de penalti (45´). 1-2, Adri Castro (66´), 2-2, Alex (90´).

Árbitro: Rubén Extremadura Hernández. Auxiliado por Rey Simons e Gándara Corrales. Amarelas a Fidi, Maroñas, Alex, Quique, todas para o conxunto local.

Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde chuviosa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro 

SEGUNDA B. O ESTEO FS – ALBENSE FS (5-3)

Gran vitoria dun Esteo con moitas baixas ante o terceiro clasificado

O Esteo pontés de fútbol sala sumou este sábado un importante triunfo ante un rival complicado como o Albense, e facendoo ademais sen Noé, Jacobo, Cokito e aínda sen recuperarse de todo Matos. O primeiro período rematou en táboas tras adiantar Jhony aos locais e empatar o goleador Cris.

No segundo tempo voltabase a poñer por diante o Esteo, tras un bo gol de Martín de tiro cruzado, aínda que empataban outra vez os salmantinos cun remate de Méndez só dentro da área que Javichu desviou como puido pero acabou no fondo das mallas.

Volvía a adiantarse o Esteo tras un gran gol no que Jhony, que viña de estrelar un balón no longueiro, picaba o balón ante a saída do porteiro. Consigue o xogador alavés poñerse como pichichi do equipo con 18 tantos, por 17 de Jacobo e 16 de Noé. Logo era Héctor, tras pase de Rober, o que anotaba o cuarto de forte disparo cruzado que desvía un defensa aínda que xa se colaba o balón.

Con porteiro xogador voltou recurtar distancias o goleador Cris, pero o 5-3 definitivo marcabao Héctor tras unha contra na que lle sirve o balón Jhony e remata ao fondo das mallas dentro da área pequena. De aí ao final non se moveu o marcador e O Esteo é cuarto con 42 puntos antes de visitar ao Tres Cuñados.

O ESTEO FS. Javichu, Jhony, Héctor, Martín, Troncho – Rober.

PIENSOS DURÁN ALBENSE FS. Miguel, Cris, Diego, Morales, Pinto – Moa, Juan, Pacheco, Méndez, Carlos.

GOLES. 1-0, Jhony (7´), 1-1, Cris (13´). 2-1, Martín (22´), 2-2, Méndez (26´), 3-2, Jhony (32´), 4-2, Héctor (35´), 4-3, Cris (36´), 5-3, Héctor (37´).

Tarxetas: Rober, Troncho, Miguel, Carlos.

Incidencias: Pavillón de A Fraga. Máis de 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

RESULTADOS CD AS PONTES 28-29 FEBREIRO / 1 MARZO

Vitorias do Cadete, Veterano, Infantil e ambos Alevíns

VETERANO

RODIS FC-CD AS PONTES (1-6)

Iván Ferreiro 3, Óscar Púas 2, Juan Rodríguez. Terceiro clasificado (42+68). Próximo rival Aranga.

FEMININO

CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (2-1)

Paula Castro. Cuarto clasificado (18+12). Próximo rival O Val B.

XUVENIL

CD CALASANZ B-CD AS PONTES (4-0)

Décimo quinto clasificado (22-17). Próximo rival Victoria B, colista.

CADETE

CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (4-1)
CD AS PONTES-SD O VAL (4-3)

Luis Molina 3, Hugo Blanco 2, Eloy Galdo, Iago Expósito, pp. Segundo clasificado (30+35). Próximo rival Miño.

INFANTIL

CD AS PONTES-SDCR NARÓN O FREIXO C (3-2)

Ali Karim, Xandre Fernández, Antón Varela. Cuarto clasificado (24+4). Próximo rival O Val.

ALEVÍN

MEIRÁS CF B-CD AS PONTES (0-1)
CD AS PONTES B-CULTURAL MANIÑOS SD (4-1)

BENXAMÍN

CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA B (2-3)
MEIRÁS CF B-CD AS PONTES B (10-0)

PREBENXAMÍN

SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES (7-3)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA VETERANOS 2019-20

Nova vitoria do líder, La Bamba e Estanco Mari Carmen siguen na pelexa, e xa queda sen opcións La Galaxia

XORNADA 17 

LA GALAXIA-BAR ENCANTO LECAR 712 (4-4)
LA BAMBA-ELECTRICIDAD J&O (6-1)
ESTANCO MARI CARMEN-FARMAVIDA (1-0)
MUEBLES EUME-MMYPEM (3-1)
AS PONTES 74-A CEPA (0-5)
DESCANSA JEYCAR

CLASIFICACIÓN

1º MUEBLES EUME (43+45)
2º LA BAMBA (37+27)
3º ESTANCO MARI CARMEN (35+26)
4º LA GALAXIA (33+35)
5º BAR ENCANTO LECAR 712 (20-6)
6º JEYCAR (17-3)
7º MMYPEM (16-5)
8º ELECTRICIDAD J&O (15-29)
9º A CEPA (10-13)
10º FARMAVIDA (9-19)
11º AS PONTES 74 (8-58)

XORNADA 18 

ELECTRICIDAD J&O-A CEPA
MUEBLES EUME-BAR ENCANTO LECAR 712
ESTANCO MARI CARMEN-JEYCAR
FARMAVIDA-AS PONTES 74
LA BAMBA-LA GALAXIA
DESCANSA MMYPEM

Nova cortesía T.F e X.F.

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s