CD As Pontes Feminino

DÚAS MEDALLAS NO GRAN PREMIO DE ESPAÑA

Disputado esta fin de semana en Valladolid

Os arqueiros do Clube Silex competiron esta fin de semana no Gran Premio de España disputado en Valladolid.

Nun torneo moi internacional, con arqueiros chegados dende Ucraina, Gran Bretaña ou Irlanda, Alvariño foi cuarto nas tiradas previas (662), mentres que Dani Castro ocupaba a 15ª praza (632) dos 96 participantes. O mellor foi Pablo Acha con 673 puntos.

Nas roldas eliminatorias, Miguel, exento da primeira eliminatoria, gañou a Emilio Lucha (6-0), Pau Ramírez (7-3), caendo en cuartos ante o ucraino Sergii Makarevych por un axustado 6-5 con 10-9 na frecha de desempate, concluindo quinto.

Mellor lle foron as cousas a Dani que gañou sucesivamente a Iván González (6-2), Pere Cincunegui (6-2), o ucraino Heorhiy Ivanytskyi, segundo da previa, 6-5, 10-10 e 10-9 na segunda frecha de desempate, e en cuartos ao británico Keith Harding (7-1).

Nas semifinais deuse o luxo de vencer ao ucriano Viktor Ruban, ouro en Pekín 2008 nin máis nin menos, por 6-2, caendo na loita polo ouro ante o seu compatriora Oleksii Hunbin polo mesmo marcador.

Tampouco foi mal a competición por equipos na que Miguel, Dani e Pedro Pina, Silex, coa cuarta marca da previa, 1829, gañaron nos cuartos de final a Ibn Marwan por 6-2, perdendo en semis con Arqueros de Pozuelo, o gañador final, por 5-1. Repuxeronse e lograron o bronce ante Almussafes Xics, cun folgado 6-2.

Nova cortesía Xose Ferreiro
Fotos Miguel Alvariño

ACTUACIÓN DE ALEX MONTERO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

Disputado esta fin de semana en Ourense

O futbolista pontés Alejandro Montero Peteira ven de xogar esta fin de semana coa Selección Galega Sub16 a segunda fase do Campionato de España.

Alex xogou de titular o venres en Oira ante Extremadura (5-0), pero tivo que ser substituido antes do descanso por un problema nun nocello. Xa recuperado, o domingo tamén foi titular no segundo partido ante Ceuta (5-0), sendo cambiado mediado o segundo tempo.

Das 19 seleccións participantes, Galicia acabou sexta no torneo, con tres triunfos e unha derrota, nove puntos, empatada con Comunidade de Madrid, quinta, País Vasco, sétimo e Navarra, oitava.

Pasaron a semifinais a Comunidade Valenciana, con pleno de 12 puntos, e Cataluña, Castela A Mancha e Aragón, con dez.

Precisamente a selección aragonesa mantivo en vilo aos seus perseguidores, pois perdía 0-2 ante Baleares, aínda que nos últimos minutos conseguiu empatar 2-2 e lograr o punto que certificaba a súa clasificación.

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto Futgal

RESULTADOS CD AS PONTES 6-7-8 MARZO

Vitorias do Veterano, Feminino, Xuvenil, Alevín B e ambos Prebenxamíns

TERCEIRA DIVISIÓN

CD ARENTEIRO-CD AS PONTES (2-1)

VETERANO

CD AS PONTES-ACD ARANGA (5-3)

Borja Pellón 3, Óscar Púas, Adrián Criado. Terceiro clasificado (45+70). Próximo rival Juventud Latina, quinto.

FEMININO

SD O VAL B-CD AS PONTES (1-4)

Paula Castro 2, Andrea Ares, pp. Cuarto clasificado (21+15). Próximo rival Libunca

XUVENIL

CD AS PONTES-VICTORIA FC B (2-1)

Chema, Jose. Décimo quinto clasificado (25-16). Próximo rival Estrada.

CADETE

AD MIÑO-CD AS PONTES (1-1)

Xose Paz. Segundo clasificado (31+35). Próximo rival Numancia de Ares.

INFANTIL

CD AS PONTES-SD O VAL (0-3)

Quinto clasificado (24+1). Próximo rival Racing San Pedro.

ALEVÍN

CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA (4-4)
EUME DEPORTIVO B-CD AS PONTES B (1-5)

BENXAMÍN

ÁNIMAS SCDR-CD AS PONTES (4-0)
CD AS PONTES B-ÁNIMAS SCDR B (4-7)

PREBENXAMÍN

CD AS PONTES-RÁPIDO DE NEDA SD (10-1)
ÁNIMAS SCDR-CD AS PONTES B (1-8)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA GALEGA. CR FENDETESTAS-CR CORETI LALÍN (5-58)

Vitoria dos pontevedreses na derradeira xornada de Liga

O Fendetestas pontés de rugbi pechaba este domingo á mañá a liga regular cunha derrota 5-58 ante o equipo lalinense do Coreti, cuarto clasificado.

Os pontevedreses xa marchaban ao descanso co encontro sentenciado, co 5-36, anotando un total de dez ensaios. O da honra para os locais fixoo o capitán Miguel.

Xogaron Antonio Santaclara, Toño, Xose, Carlos, Antón, Rafael, Lois, Senen, Beto, Ansu, Antonio, Miguel, Brais, Miguel Fdez, Roberto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Outros deportes en As POntes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s