CD As Pontes Feminino

DOUS FUTBOLISTAS DO CD AS PONTES CAMPIÓNS DE ESPAÑA EN LAS ROZAS

Galicia será o representante español na 12ª Copa das Rexións UEFA, torneo gañado por Euskadi en 2005 e Castilla León en 2009, sendo finalistas Madrid (1999) e Catalunya (2013)

Dous xogadores do CD As Pontes, Carlos López e Paco Fernández, veñen de vencer coa Selección Galega esta mañá na final do Campionato de España 2-0 a Andalucía.

A selección vencera na primeira fase, en Decembro, a Castela A Mancha (2-0) e Ceuta (4-0). Na fase intermedia, en Febreiro, gañaron 3-2 ao complicado equipo de Euskadi, Campión Europeo desta competición en 2005.

Na fase final, disputada esta semana en Las Rozas, gañaron nas semifinais de onte por 4-1 ante o combinado das Illas Baleares, namentres Andalucía se desfacía de Extremadura por 4-0.

Xa na final desta mañá, a selección galega adiantábase cun gran gol de Carlos, que aproveitaba un despexe na saída do porteiro andaluz para anotar de volea dende fora da área. Trala reanudación, outro gol de Yelco Alfaya facía o 2-0 definitivo.

O dianteiro aresán Carlos López xogou o partido completo ante Baleares, 67 minutos co País Vasco, 53 contra Castela A Mancha, e 77 hoxe cos andaluces. O porteiro ferrolán Paco Fernández pola súa banda xogou a segunda metade contra Ceuta.

A vindeira tempada Galicia será por segunda vez o representante español nunha competición gañada, ademáis de polos vascos en 2005, tamén por Castela León en 2009. Foron finalistas Madrid en 1999, e Catalunya en 2013, perdendo ambos coa rexión italiana de Veneto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro
Fotos Futgal

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s