CD As Pontes Feminino

MIGUEL ALVARIÑO GAÑA O GRAN PREMIO DE ESPAÑA

No evento disputado esta fin de semana en Segovia

O arqueiro do clube Silex Miguel Alvariño desprazouse esta fin de semana á localidade castelá leonesa e xa foi o primeiro nas tiradas previas, cuns grandes 671 puntos.

Nas roldas eliminatorias foi vencendo sucesivamente por 6-0 a Emilio Lucha, Marcos López, Pedro Pina, en semifinais a Vicent Ribas (7-3), e na final a Carlos Iglesias (7-1).

Por equipos, nunhas roldas que se decidiron todas por 6-0, o Clube Silex (Alvariño, Daniel González Formoso e Pedro Pina), venceu a Arcolid en cuartos, perdeu co posterior campión Almussafes nas semis, e refixeronse gañando na loita polo bronce a Villa de Valdemoro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

ADESTRAMENTOS CD AS PONTES

O mércores realizarase a presentación oficial

Seis meses despois do último enfrontamento oficial, aquel 1 de Marzo de 2020, co empate 2-2 co segundo clasificado, o Ourense CF, cun golazo de falta de Alex Cabarcos no último minuto, volveuse a ver algo de “vida” polos Campos do Poboado.

O equipo pontés comezou a ter os seus primeiros contactos coa que será a temporada de maior incertidume no mundo do deporte por mor da Covid-19, esta campaña 2020-21.

A presentación do equipo levarase a cabo este mércores día 9 coa presenza do presidente Xaime Castro.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

FOTOS DO NOVO CD AS PONTES 2020-21

O equipo pontés continúa adestrando estes días á espera do protocolo da Xunta e a conseguinte presentación oficial, antes do inicio da competición previsto para o 18 de Outubro

O As Pontes comezou na tarde deste luns a súa andaina nunha tempada 2020-21 que estará marcada pola incertidume da Covid-19. Curiosamente, antes de que acabe o mes, o clube pontés, aínda que fundado en 1933, cumprirá 60 anos do seu ingreso na Federación Española e o seu debut en competición oficial.

Será a vixéximo primeira campaña na Terceira División, a máxima categoría do fútbol galego, división na que estivo en 1964-65, 1966-68, 1984-87, 1993-95, 1998-2002, 2010-17 e 2019-20, nun total de 20 tempadas, só superadas polas nove campañas na Segunda División B, entre 1987-93 e 1995-98. Foi dúas veces campión da Terceira nos tempos do Endesa, na temporada 1986-87 e na 1994-95.

O conxunto azulón, prepara este novo curso con moitos cambios nas súas filas, pra comezar, no seu banquiño. O técnico da casa Marco Roca deixou o seu posto, que será ocupado por Luis Santiago. Acompañando ao técnico coruñés estarán Manu Posse como preparador físico, Samuel Martínez de adestrador de porteiros, e Guillermo Vázquez, que será o adestrador adxunto.

Abandonaron o equipo ata once xogadores da campaña anterior, finalizada precipitadamente en Marzo a causa da pandemia. Javi Liz, Marcos Caridad, Óscar Rivas, Alex Sánchez, Alex Cabarcos, Adrián Maroñas, Fidi, Carlos López, Juan Cambón, Sergio Otero e Iván Pérez.

Sen embargo, a dirección deportiva e o técnico coruñés conseguiron confeccionar un conxunto apañado, a pesar da reducción dun tercio do presuposto, do que tratará de lograr o máximo rendemento e pelexar cada partido nunha nova e moi competida Tercera División, da que se prevén que vaia a haber ata oito descensos, polo que o obxetivo do equipo azulón non pode ser outro que tentar conseguir a permanencia un ano máis na máxima categoría do fútbol galego.

Os da vila mineira contarán no seu plantel con Paco e David “Bugy” (Volantes de Baño) como porteiros, Berto e Borja Pita (Racing Xuvenil) como laterais, Dani, Manu Moya (Somozas), Pablo Fraga (Deportivo Xuvenil) e Alex López (Mugardos) de centrais.Como medios centros estarán Gonzalo, David García, Dani Pajaro, e os irmáns Óscar e Adrián Martínez (Boiro), como extremos Rubén Pardo e Artai Miraz (Mugardos), e na punta do ataque Quique e David Mitogo (Somozas). Completarán o plantel os canteiráns Vilela, Dani, Chema, Edgar, os retornados Breijo, Mariño, e o porteiro Iván De Frutos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s