CD As Pontes Feminino

 

O ESTEO FS PECHA O SEU PLANTEL

Con dúas novas incorporacións

O Esteo pontés de fútbol sala pechou estes últimos días a confección do seu plantel, con dúas novas incorporacións. 

O xogador Aitor Moreira chega procedente do Ventorrillo coruñés, pero sen dúbida a incorporación máis importante de todas é a do novo adestrador, Abel Cernadas, que ven do FS Pontedeume, sustituindo a Óscar Vigo. 

O equipo pontés, senon hai complicacións de última hora, deberá iniciar a súa liga esta fin de semana ante o Pizarras Los Tres Cuñados do Barco de Valdeorras no Pavillón de A Fraga.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

 

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – CSD ARZÚA 1

Reparto de puntos no estreo ligueiro do As Pontes no Poboado.

Comezaron apertando moito os visitantes, pois na súa primeira chegada puideron marcar primeiro Míguez e logo o pichichi Hurtado, pero estivo salvador Paco (2´), e despois era Brais Pereira quen estrelaba un lanzamento de falta no traveseiro (15´). 

Logo foron os locais os que chegaron con perigo, tras un tiro cruzado de Óscar (18´) e un cabezazo tras córner de Moya (32´), que se marchan por pouco. 

Tras unha gran ocasión visitante na que Míguez quedou só e voltou salvar Paco (36´), chegou o primeiro tanto do encontro, non sen polémica, xa que tras unha man que semella clara dentro da área arzuá, adiantáronse os visitantes na contra posterior que termina con centro desde banda dereita, e chegando só ao segundo pau marca de tiro cruzado moi ben axustado Lodeiro (37´). 

Rebeláronse os locais, e tras un centro de Pita, controla dentro da área Artai, remata a media volta, e estampa o balón na cruceta (39´). Xusto antes do descanso, empataron tras un penalti transformado por Mitogo, tras unha polémica xogada sen perigo na que un defensor branquiazul controla o balón entre o peito e o brazo no límite da área (43´). 

Na segunda parte non se moveu o marcador, a pesar de que ambos conxuntos dispuxeron de boas ocasións. Polos visitantes, centro moi perigoso de Hurtado que non acerta a rematar Míguez libre de marca na área pequena (48´), cabezazo que marcha lamendo o pau do propio Borja (51´), e tiro cruzado de Íker que vai fóra por moi pouco (63´). 

Polos locais, resaltar un balón picado de Óscar que marcha rozando a escadra (66´), e dentro da área, tras un primeiro remate de Iñaki, recolle o rexeite Artai, recorta ao defensa, pero acaba disparando fora (72´). 

Os últimos minutos foron un correrúas con aproximacións por ambos os bandos, pero concluíu o encontro co primeiro empate en partido oficial entre ambos conxuntos tras catro triunfos consecutivos do As Pontes na 2017-18 e 2018-19, e as dúas vitorias do Arzúa na campaña anterior. Tras dúas igualadas consecutivas e dous puntos, os azuis visitan ao Villalbés.

CD As Pontes. Paco, Alex López, Dani Pajaro, Mitogo (Del Río 75´), Gonzalo, Óscar Martínez (Pardo 71´), Pablo Fraga (Adrián 50´), Artai, Borja Pita, Manu Moya, Iñaki.

CSD Arzúa. Marqueta, Dani Blanco, Vázquez, Queiruga, Jorge Tomé, Brais Pereira, Pedro Delgado (García 65´), Íker Hurtado, Lodeiro (Iván García 80´), Borja Míguez, Alberto Blanco (Álvaro 19´).

Goles: 0-1, Lodeiro (37´), 1-1, Mitogo, de penalti (43´).

Árbitro: Bruno Méndez Castro (A Coruña). Auxiliado por García Gómez e Belmonte Martell. Amarelas a Alex, Adrián e Queiruga. 

Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s