—
SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-SALA OURENSE (2-1)
Gran vitoria no último minuto dun Esteo con moitas baixas
Gran vitoria do Esteo 2-1 ante o Sala Ourense nun vibrante encontro o disputado este sábado na Fraga, no que apenas puido xogar con dous trocosos para os 40 minutos de encontro, coas baixas de Rubi, Héctor, Troncho e Javichu por paternidade.
A primeira metade rematou sen goles, e na segunda, pese a que se adiantou no marcador o cadro visitante por medio de Alli nunha polémica xogada, os locais empataron pouco despois cun forte disparo de Cokito, e cando apenas faltaban 30 segundos para o remate, nunha contra, Bruno servialla a Jacobo que marcaba o 2-1 a porta baleira.
Con estes tres puntos os ponteses suman 19 na segunda posición antes de visitar ao Parrulo B no derbi.
O ESTEO FS. Jesús, Aitor, Jacobo, Bruno, Cokito – Jhony, Alberto.
SALA OURENSE. Quiroga, Raúl, Alli, Bermejo, Arturo – Fer, Martín, Gus, Igor, Martinciño.
GOLES. 0-1, Alli (26´), 1-1, Cokito (28´), 2-1, Jacobo (40´).
Árbitros: Roldán Pérez, Salinas García, López Seijas. Amarelas a Jhony, Cokito, Jacobo, Alberto, Igor, Arturo, Gus, e Abel Cernadas. Expulsado con vermella directa Raúl faltando 25 segundos.
Incidencias. Pabellón de A Fraga. Partido a porta pechada.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—
SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-DISTRITO VENTORRILLO FS (4-3)
Axustado triunfo local no reinicio ligueiro
Sufrido e valioso triunfo do Esteo 4-3 no encontro disputado este domingo á mañá no Pavillón de A Fraga ante o cadro coruñés do Ventorrillo, presidido pola gran Pilar Neira.
No primeiro partido do 2021 para os ponteses pronto se poñían en vantaxe tras unha boa xogada de Jacobo, que sirve a Héctor e o capitán marca dentro da área, pero antes do descanso lograban igualar os visitantes.
No reinicio, tras unha boa triangulación entre Héctor, Rubi e Alberto, era este último o que marcaba, só no segundo pau, pero pronto voltaban a empatar os coruñeses.
A pouco do final pegaron un estirón os locais con dous goles consecutivos, primeiro Jacobo servíalla a Jhony e este marcaba de tiro raso dentro da área, e despois era o habilidoso Rubi quen marcaba de tiro picado ante a saída do porteiro coruñés.
Pero houbo que sufrir ata o final pois co porteiro xogador Puertas recurtou distancias e a poucos segundos do final entre Jesús e o pau evitaron a igualada e tres valiosos puntos quedaban para un Esteo que marcha cuarto con 13 puntos antes de recibir ao Sala Ourense.
O ESTEO FS. Jesús, Héctor, Aitor, Rubi, Jacobo – Jhony, Cokito, Troncho, Bruno.
DISTRITO VENTORRILLO FS. Óscar, Vitu, Alejandro, Guillán, Chapu – Andrés, Kevin, Berto, Toca, Puertas.
GOLES. 1-0, Héctor (4´), 1-1, Guillán (14´). 2-1, Aitor (23´), 2-2, Kevin (26´), 3-2, Jhony (34´), 4-2, Rubi (35´), 4-3, Puertas (38´).
Incidencias: Amarelas a Jacobo e Andrés. Pavillón de A Fraga. Uns 50 espectadores.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—