CD As Pontes Feminino

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 – UD SOMOZAS 4

Triste derbi local para un As Pontes con moitas baixas atrás que aguantou 70 minutos

Goleada en O Poboado 0-4, dun Somozas que pelexará na última xornada por entrar entre os tres primeiros.

Nun partido máis igualado do que indica o marcador, os locais, a pesar das baixas e de contar cunha improvisada portería e parella de centrais, mesmo puideron irse ao descanso con vantaxe no marcador, pero tras un disparo do incombustible David García desde o borde da área despexado con apuros por Souto, Dani Pajaro, con todo a favor, enviouna por encima do traveseiro (19´).

Nada máis comezar o segundo tempo nunha xogada de banda a banda marcou Marcos Álvarez, que chegaba só ao segundo pau (47´). Posteriormente, tras unha sensacional xogada do pontés Alex por banda esquerda, Pajaro sácalle un gol cantado a Rojo (65´).

Os locais aguantaron ben ata mediada a segunda parte, pero viñeronse abaixo nun fatídicos cinco minutos, tristemente porque este equipo moi improvisado atrás estábao facendo bastante aceptable.

Pero o recén incorporado Edu aproveitou un despexe cara atrás de Pardo para facer o segundo (70´), e logo, tras sendos centros desde banda dereita e esquerda, Nuño marca de forte disparo raso (73´) e Chacón cabecea ao fondo da rede libre de marca (74´).

Sen máis historia que contar neste derbi, os locais despiden a primeira volta en casa do rival directo Paiosaco e os visitantes reciben ao líder Bergantiños.

CD AS PONTES. Brais, Berto, Pajaro, Mitogo (Pita 74´), Quique, Pardo (Óscar 74´), David, Fraga, Artai, Adrián, Iñaki.

UD SOMOZAS. Souto, Alex, Garrido (Aldán 80´), Leira, Chacón (Barbeito 80´), Toni, Nuño (Dani 75´), Alberto, Marcos, Josito (Estevo 75´), Rojo (Edu 68´).

Goles: 0-1, Marcos (47´), 0-2, Edu (70´), 0-3, Nuño (73´), 0-4, Chacón (74´).

Árbitro: Alfonso Alcalá Rey (Santiago). Auxiliado por García Mallo e Carrillo Chekhov. Amarelas a Berto, Mitogo, Quique, David, Toni, Nuño.

Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores, a metade visitantes.































Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s