—

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – CD RIBADUMIA 2
O As Pontes non puido conseguir a vitoria pese a xogar media hora cun máis, e ademais perdeu un punto nos últimos minutos por un inocente penalti
Derrota do As Pontes na súa estrea nesta fase pola permanencia nos últimos minutos por 1-2 ante o Ribadumia.
Empezaban con máis brío os visitantes, e nada máis comezar, Cerqueiras chegando ao segundo pau tivo unha dobre ocasión, repelida entre Brais e o poste (3´). Replicaron os locais tras un centro de Óscar, tralo que Artai non acerta a meter a cabeza con todo a favor (9´).
Tras unha perda de balón no medio campo, que colleu ao equipo descolocado, aproveitouna o ex xogador local Hugo Soto para regatear ao porteiro e marcar a porta baleira (20´). O dianteiro de Vilagarcía, que non o celebrou, fóra xogador azul en 2010-2012. Pero respondían os locais tras unha xogada con centro de banda dereita de Iñaki e remate de cabeza chegando só ao segundo pau de Artai (29´).
No inicio do segundo período volveu a ter unha moi clara Artai, pero na súa cabezada en posición franca marchou o balón lamendo o poste (55´). Os azuis non souberon aproveitar a case media hora de xogo cun xogador máis, por expulsión de Óscar Iglesias, que viu a segunda amarela por un agarrón a Iñaki cando se marchaba a portería (63´).
Colmo de males, a falta de cinco minutos, Berto cometía penalti por agarrar a un atacante rival cando o balón xa estaba fóra do alcance. Soto rubricou co seu dobrete os tres puntos para os pontevedreses mentres os locais seguen con 19 no seu casilleiro (86´).
O cadro local tamén reclamou un penalti sobre David García co tempo cumprido, e o colexiado viuse superado polos últimos minutos expulsando ao adestrador e un xogador locais co partido xa finiquitado.
CD As Pontes. Brais, Berto, Mitogo (Pardo 81´), Óscar (Quique 63´), David, Fraga, Artai, Pita, Moya, Adrián, Iñaki.
CD Ribadumia. Pazos, Diego, Alex (Matos 88´), Hugo Soto (Charles 88´), Cerqueiras (Chery 75´), Óscar M (Eloy 66´), Carlos (Brais 66´), Domingo, Monchito, Santi, Óscar.
Goles: 0-1, Hugo Soto (20´), 1-1, Artai (29´). 1-2, Hugo Soto, de penalti (86´).
Árbitro: Quintairos Rial (Vigo). Auxiliado por Vilar Álvarez e Arreondas Fernández. Amarelas a Berto, Mitogo, Fraga, Artai, Moya, Brais, Óscar M. Expulsou por dobre amoestación ao visitante Óscar (63´), ao técnico local Chollas (92´), e co partido finiquitado ao local Óscar Martínez con vermello directo.
Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores en tarde moi soleada.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-UNIVERSIDAD VALLADOLID (6-3)
Gran triunfo do Esteo ante os vallisoletanos a pesar de utilizar so dous cambios
O Esteo pontés de fútbol sala logrou hoxe un magnífico triunfo co que abría a segunda fase no que a partidos disputados na Fraga se refire. A pesar de xogar apenas con sete xogadores os corenta minutos xa marchaba cunha magnífica ventaxa de 4-1 ao descanso.
I é que un maxistral Bruno anotou un hat trick, o primeiro tras forte disparo que se colou por entre as pernas do gardamallas (4´), o segundo picando o balón ante a saída do porteiro (8´), e o terceiro regateando a un defensa nun lateral da área e tirando ao segundo pau (19´).
Tampouco estivo mal o experimentado Jacobo que aproveitou un pase en profundidade para marchar en velocidade e picar o balón maxistralmente ante a saída de David. Entremedias recurtaba distancias para os casteláns leoneses Raulito tras saque de banda.
A segunda parte amosou a emoción do fútbol sala de que non hai partido finiquitado, xogando o equipo visitante con porteiro xogador os vinte minutos, o que serviu para ver un gol de Jacobo a porta baleira e un bo de Jhony ante a saída do porteiro, e polos visitantes un de Víctor en xogo de 5 para 4 e un penalti que parou Jacobo pero recolleu o rexeite Callejo.
O Esteo é segundo con 35 puntos antes de visitar ao Unión Arroyo, de Arroyo de la Encomienda, que ten 34.
O ESTEO FS. Javichu, Jhony, Héctor, Jacobo, Bruno – Rubi, Alberto.
UNIVERSIDAD DE VALLADOLID. David, Picolo, Sancris, David R, Javi – Isaac, Raulito, Piti, Víctor, Miguelín, Callejo.
GOLES. 1-0, Bruno (4´), 2-0, Bruno (8´), 2-1, Raulito (12´), 3-1, Jacobo (18´), 4-1, Bruno (19´). 5-1, Jacobo (30´), 5-2, Víctor (33´), 5-3, Callejo (34´), 6-3, Jhony (35´).
Incidencias. Amarelas a Javichu, Rubi, Isaac, Picolo. Pavillón de A Fraga. Uns 50 espectadores.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
—