CD As Pontes Feminino

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-DEPORCYL GUARDO (0-7)

O equipo palentino gaña a Liga a falta de catro xornadas

Duro varapau o que sofriu o Esteo no partido disputado na tarde deste sábado ante o Guardo de Palencia. Curiosamente ante este equipo debutou na Segunda B na que cumpre a oitava tempada o cadro pontés con unha vitoria 4-1 un 28-9-2013.

Nada que ver co que aconteceu hoxe que os zamoranos si gañaban conseguían o título e foron absolutos domiñadores do encontro, marchando xa 0-2 ao descanso.

Trala reanudación, situándose con 0-4, co encontro xa sentenciado, co porteiro xogador o resultado foise ata o 0-7 final dun Esteo que mereceu algún tanto pero Gómez estivo inconmensurable.

Ata o de agora a traxectoria do Esteo na Fraga era inmaculada cun total de oito vitorias por tan so un empate no inicial ante o Parrulo B que acabara empatando 3-3 nos últimos segundos trala inxusta expulsión de Javichu.

O Guardo mantén un impoñente rexistro de 54 puntos, que xa non podería ser alcanzado por ningún dos seus perseguidores nas catro xornadas que restan. O Esteo é quinto con 35 puntos e comeza a segunda volta recibindo ao Segosala.    

O ESTEO FS. Javichu, Troncho, Rubi, Bruno, Héctor – Alberto, Jhony, Jacobo, Aitor.

GUARDO. Gómez, Davicín, Beto, Albert, Chochi – Chefo, Junma, Mike, Chuco, Brian. 

GOLES. 0-1, Chochi (10´), 0-2, Albert (15´). 0-3, Chuco (25´), 0-4, Chefo (26´), 0-5, Davicín (31´), 0-6, Beto (33´), 0-7, Chefo (36´).  

Incidencias. Amarelas a Alberto, Héctor, Jacobo, Sergio, e Marcos, todas para o bando local. Uns 70 espectadores. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 2 – CD BARCO 3

Nova derrota dun As Pontes que tivo ocasións para empatar nos últimos minutos

Nova derrota do As Pontes 2-3 ante o Barco no encontro disputado este domingo en O Poboado. 

Pronto se adiantaban os ourensáns, que xa avisaran antes, tras un remate desde o bordo da área pegado ao pau de Óscar Martín (7´), e a pesar dun golazo de David García desde uns vinte metros pola escadra (20´), outro a continuación de Vera, nun balón que o porteiro non acerta e remata completamente só na área pequena (23´), e un terceiro antes do descanso de David Álvarez de falta lateral que rebota nun defensa e acaba entrando pola escadra case sentenciaban o encontro (44´). 

No segundo período, salvo aproximacións puntuais, os visitantes controlaban o partido e mesmo acumulaban dous lanzamentos aos paus ao longo do encontro. Polos locais apenas resaltar outro tiro lamendo a escadra de David e un remate por alto de Vilela tras bo pase de Breijo. Pero foi tras un agarrón na área tras córner que os locais se meteron no partido. Oviedo acertou o lanzamento de Mitogo, pero este recolleu o rexeite para facer o segundo (80´). 

Curiosamente, a pesar de que o encontro parecía finiquitado, os locais dispuxeron de ata catro ocasións para empatar, sobre todo unha de Mitogo que se planta ante Oviedo, pica o balón, e o porteiro toca o xusto para que o esférico marche lamendo o pau (83´), e outra moi clara de Iñaki no desconto que saca un defensa baixo paus.

As Pontes. Brais, Berto, Mitogo, David, Fraga (Alex López 89´), Artai, Pita (Breijo 73´), Del Río (Dani 62´), Moyá, Adrián (Vilela 73´), Iñaki. 

Barco. Oviedo, Marc, Rubio, Navarro, Ivi (De Pedro 46´), Óscar, David (Villar 80´), Vera (Tato 72´), Segura, Rodrigo (Diego 84´), Andrés. 

Goles: 0-1, Óscar (7´), 1-1, David García (20´), 1-2, Vera (23´), 1-3, David Álvarez (44´). 2-3, Mitogo (80´).

Árbitro: Castro Alarcón. Auxiliado por Ordóñez Rodríguez e Galán Laguela. Amarelas a David García, Adrián, Óscar, David Álvarez, Segura, Marc. Expulsado o adestrador Iván González (45´) e o adestrador suplente Jose Núñez (90´), tamén o xogador suplente Carlos Cruz (90´). 

Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores en tarde soleada.   

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s