CD As Pontes Feminino

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – UD ATIOS 1

O As Pontes consigue empatar no último tramo ante o equipo do Porriño

O As Pontes rescatou un punto no seu duelo ante o Atios de Porriño poñendo fin a unha serie de catro derrotas consecutivas nesta liguiña de permanencia. 

Tras un primeiro tempo sen grandes ocasións, puxéronse por diante os visitantes trala reanudación, nunha xogada con posible falta ao central Pablo Fraga en que os vermellos se acaban facendo co balón e Mintegui regatea a Bugy e marca a porta baleira (47´). 

Facían o 0-1 os de Yago Yao, ex xogador que foi central de Celta, Sporting, Oviedo, Levante, Cádiz ou Huelva, e incluso o mesmo xogador Mintegui tivo o segundo nun remate dentro da área na xogada posterior que saíu lamendo o poste (48´). Subían liñas os locais e remataba Borja Pita desde fóra da área un tiro cruzado que marcha preto do pau (58´). 

Os azuis lograron o empate no último tramo do encontro tras un centro chut de Del Río desde banda dereita, que no intento de despexe o defensa desvía o balón cara á súa portería rubricando Dani sobre a mesma liña aínda que o esférico xa se colaba (71´). Xurariamos o seu 64º gol en Liga co primeiro equipo. 

Na xogada posterior se interna Artai por banda, cédella a Mitogo, este a Dani, pero salva o porteiro (72´). No último tramo entrou Óscar, e botando de menos ao Tanque de Ortigueira, con infructuosos intentos para ambos equipos remataba o encontro. Suman os locais, antepenúltimos, 20 puntos antes de recibir á UD Ourense.

CD As Pontes. Bugy, Pajaro, Mitogo, Fraga, Vilela (Pita 46´), Artai, Del Río (Óscar 75´), Moya, Adrián, Iñaki, Jandro (Dani 46´)

UD Atios. Diego, Cristian, Esteban, Manu, Sergio De Paz (Pacheco 87´), Toti, Xoel (Jony 66´), Odilo, Mintegui, Javi, Mouriño.

Árbitro: Martínez Barral (Santiago). Auxiliado por Fontes Mosquera e Fernández Ave. Amarelas a Adrián, Óscar e Mintegui.

Goles: 0-1, Mintegui (47´), 1-1, Dani (71´).

Incidencias. Campo de O Poboado. Máis de cen espectadores en tarde fría e soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-CD SEGOSALA (4-4)

Vibrante partido dun Esteo que estivo por detrás todo o partido e que ao final estivo a un paso de gañar

Partidazo de fútbol sala o vivido na mañá deste domingo no Pavillón de A Fraga entre o Esteo e o Segosala, herdeiro do mítico Caja Segovia, Campión de Europa e do Mundo no ano 2000, entre outras moistas cousas.

Pronto se adiantaban os visitantes nun balón que Edu enviou ao longueiro e acabou marcando despois do rexeite do balón (2´), e cunha xogada de estratexia, na que o Julito sirve a Samu que marca chegando so ao segundo pau (13´) chegabase co 0-2 ao descanso.

Os locais tiveron postes de Jhony e Jacobo, unha cabezada de Jhony que saca un defensa baixo paus, e grandes intervencións de Cardaba, tamén de Javichu,  ata que un tiro cruzado de Rubi poñía o 1-2 mediado o período (30´), pero un disparo axustado de Alex que entra tras dar no pau e nas costas de Javichu ponía o 1-3 (33´).

Nos últimos minutos chegou o mellor do fútbol sala, e con porteiro xogador puxose 4-3 o Esteo con tantos dentro da área, de Jhony (34´), Rubi (36´) e Beto (37´). Pero tamén con 5 para 4 empataron os visitantes a falta de 27 segundos por medio de Alex.

O Esteo é quinto con 36 puntos antes de visitar ao Universidad de Valladolid.

O ESTEO FS. Javichu, Troncho, Jhony, Bruno, Rubi – Jacobo, Cokito, Alberto,  Aitor.

SEGOSALA. Cardaba, César, Samu, Edu, Alex – Monir, Julito, Marquitos, Antona, Óscar, Portal. 

GOLES. 0-1, Edu (2´), 0-2, Samu (13´). 1-2, Rubi (30´), 1-3, Alex (33´), 2-3, Jhony (34´), 3-3, Rubi (36´), 4-3, Beto (37´), 4-4, Alex (40).   

Incidencias. Amarelas a Beto, Jacobo, César, Julito e delegado visitante. Uns 60 espectadores. Minuto de silencio pola falecemento do ex médico da Selección Española.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

LIGA GALEGA XUVENIL. CD AS PONTES 3 – EF POLVORÍN 3

Sétima xornada este sábado no Anexo Jose

O Xuvenil pontés de Liga Galega empatou este sábado 3-3 co Polvorín. Situaronse 3-1 antes do descanso, tantos de Edgar, Pablo e Xoel, pero os lucenses empataron no desconto xogando cun menos. Son cuartos con nove puntos, a falta de tres partidos.

Lidera Caranza con 16, seguido de Polvorín con 13, e Viveiro con 12. Por abaixo, Residencia suma 6 e Vilalbés B 4. 

Nova cortesía XF e Raimundo Carballo    

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s