CD As Pontes Feminino

PLATA ESPAÑOLA EN SUIZA

Final por equipos esta mañá en Lausana

Moi contundente se amosou Alemaña na final desta mañá en Lausana que gañou por 0-6 ao combinado español de Acha, Alvariño e Castro, que se foi vindo abaixo conforme pasaban os sets.

Os teutóns entraron moi enchufados a esta final e no primeiro set xa se impuxeron por 55-54, e cun solvente 57-55 gañaban o segundo. Xa algo nerviosos os españois, tamén levaron o terceiro por 58-51. 

Non obstante, segundo metal por equipos do equipo español, que vai collendo forma de cara á cita clave de Xuño en Francia onde se porán en xogo as tres prazas restantes por equipos. 

Nova cortesía XF. Foto cortesía RFETA

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – OURENSE CF 1

O As Pontes rescata un punto nos últimos minutos

O As Pontes conseguiu empatar no tramo final e rescatou un punto no seu encontro ante o líder Ourense CF disputado na tarde de hoxe en O Poboado. 

Pronto se adiantaban os visitantes, tras un centro desde banda esquerda de Wadir, que remataba a botepronto no primeiro pau Jerin colando o balón pola escadra (10´), sendo os ourensáns os que levaron o dominio do esférico durante estes primeiros 45 minutos. 

Trala continuación o As Pontes buscou a portería contraria e Mitogo tivo tres aproximacións, unha cabezada por encima do traveseiro (52´), un remate dentro da área despexado a córner por Sergio (63´), e non chega por pouco ao segundo pau a un servizo de David (72´). 

Pero foi nunha falta lateral cometida sobre Iñaki, que David García realizou un lanzamento maxistral que acabou sorprendendo a Sergio, colandolle por riba moi preto do traveseiro (82´). 

Os azuis aguantaron a igualada nos últimos minutos e iso que Wadir puido dar a vitoria aos ourensáns cun remate de cabeza dentro da área que salva Brais cunha gran estirada (92´). 

Os ourensáns seguen líderes con 45 puntos, seis sobre o descenso e os ponteses manteñen a décima praza con 22 a pesar do triunfo do Paiosaco.

CD As Pontes: Brais, Dani, Mitogo (Quique 77´), Óscar, David, Fraga, Artai (Pardo 62´), Pita, Moya, Adrián (Pajaro 68´), Iñaki

Ourense CF: Sergio, Willian (Sanchis 66´), Braganza, Ebuka, César (Alfonso 90´), Jerin, Julio, Wadir, Andoni (Óscar 66´), Cassio, Mustapha. 

Goles: 0-1 Jerin (10´). 1-1, David García (82´).

Árbitro: Alcalá Rey (Santiago). Auxiliado por Calviño Pensado e Antelo Romero. Amarelas a David, Adrián, Ebuka, Wadir, Cassio.

Incidencias. Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Non todo vai ser fútbol ;). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s