CD As Pontes Feminino

A SD EIBAR DE MALENA SEGUIRÁ UN ANO MÁIS NA LIGA IBERDROLA

Trala vitoria esta mañá por 1-2 en Las Gaunas

A SD Eibar, equipo no que xoga a pontesa Malena Mieres, certificou esta mañá a súa permanencia na Primeira División feminina tras gañar 1-2 ao EDF Logroño, xogando cunha futbolista menos dende o minuto 10´ e remontando un 1-0.

As de Íker Dorronsoro precisaban saír da queima cun triunfo canto antes. Non puideron facelo na anterior xornada contra o Valencia, 0-1, pero sentenciarono hoxe en Las Gaunas antes de ter que  recibir ao Huelva. I é que na derradeira xornada visitaban ao intratable FC Barcelona polo que había que facer os deberes canto antes.

Tanto o Eibar, como o Rayo Vallecano, que ganou 5-0 a Santa Teresa, certificaron a súa estadía un ano máis la Liga Iberdrola con 33 puntos, a falta de dúas xornadas. Descendidos xa están EDF Logroño 23, Espanyol e Santa Teresa con 24. A cuarta e derradeira praza xogarana o Real Betis, con 31, e o Deportivo, con 26, que ademáis se enfrontan na seguinte xornada.  

Moi bo rendemento de Malena, que xogou 20 partidos, e magnífica campaña do cadro eibarrés na máxima categoría do fútbol español, nas que cabe salientar o empate en Levante, 2-2, equipo que xogará Champions, os triunfos nos derbis ante Real Sociedad e Athletic, ambos 0-1, ou tamén un 0-1 ante Sevilla e Espanyol. Tamén, moi honrosas derrotas ante os tres grandes, 0-3 co Barcelona, 0-1 e 2-1 co Atlético, e 1-3 e 2-0 co Real Madrid.

Nova cortesía XF. Foto cortesía SD Eibar. 

TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 1 – CD PONTELLAS 1.

Reparto de puntos no duelo polos postos baixos

Reparto de puntos no duelo por evitar os últimos postos no encontro disputado na tarde soleada deste domingo no Campo de O Poboado. 

A pesar dunha dobre ocasión de David García, e logo Quique, ante Toni (20´), foron os visitantes os que se adiantaron no marcador cun disparo de Javi que Brais non acerta a despexar a córner (23´). E pouco despois tivo unha dobre ocasión Somoza, a segunda co porteiro no chan, a medio palmo, que sorprendentemente a acaba enviando fora (30´). 

Cunha triple aproximación local de David, Mitogo e Pajaro acabou a primeira metade. Xa na segunda non acertou Mitogo, cando quedou só ante Toni e a botepronto tiroulle o balón ás mans (60´). Anotou o empate o equipo local, tras un roubo de balón, e centro de banda de Adrián, que Pajaro lanzou un forte disparo desde o borde da área que se acaba colando (66´). Na xogada posterior incluso Pardo dispara preto da escadra nunha contra (67´). 

O partido rematou en táboas, e non foi por ocasións nos últimos minutos. Un trallazo de Jandro que marcha lamendo o traveseiro (90´), e logo un centro chut desde banda esquerda dos de Porriño que acaba pegando no longueiro (91´). Máis clara foi a dos locais, cando tras un centro de Artai, remata en boca de gol Pardo, estrelando o balón no pau e o traveseiro, marcando tralo rexeite Del Río, pero xa en fóra de xogo (92´). 

O As Pontes queda con 23, o Pontellas pecha con 19, quedando por visitar ao Atios e recibir á UD Ourense. Resaltar que o gol de penalti de David García ante o Ribadumia supuxo o gol 3450 oficial dos azuis.

CD As Pontes. Brais, Berto, Pajaro (Artai 73´), Mitogo (Del Río 73´), Quique (Pardo 46´), David, Fraga, Vilela (Óscar 46´), Moya, Adrián, Iñaki.

CD Pontellas. Toni, Pablo, Telmo, Javi (Yago 64´), Nando (Sancho 64), Richi (Berni 75´), Somoza (Jandro 75´), Rubén, Samu, Iago, Taboada. 

Goles: 0-1, Javi (23´). 1-1, Pajaro (66´).

Árbitro: Rubén Pérez Martínez (Ourense). Auxiliado por Rodicio González e López Iglesias. Amarelas a Moya, Adrián, Fraga, Richi, Telmo, Samu.

Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 50 espectadores, en tarde soleada.   

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s