—

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 2
Victoria nos últimos instantes do cadro coruñés ante un As Pontes cun xogador menos todo o segundo tempo
Trala complicada campaña anterior, debutaba o As Pontes esta tarde no Campo do Poboado ante un dos máis favoritos ao ascenso, xunto a Sarriana, o Montañeros, que conta con Herbert, Rubén Rivera, Lazcano, Toni, Kevin, ou o ex pontés Kata, entre outros.
Adiantabanse os locais cun tanto do ferrolán Julián Nieto, pero pronto empataban os visitantes por medio de Charly. Antes do descanso chegaba a xogada polémica do encontro, pois os locais reclamaron un penalti sobre Vilela, no que ademáis foi expulsado o xogador por protestar.
Tivo que remar a contra corrente o equipo azul todo o segundo tempo, e a piques estivo de salvar un punto, pero faltando dez minutos, nunha contra levada polo gran Rubén Rivera, despexa como pode Montes en primeira instancia, chega outro centro desde a zona de córner, nin Paco nin o visitante Toni atinan co balón, que queda morto na área, e o veciño xogador de Vilalba, Currás, marca a porta baleira o 1-2 definitivo.
Continúan cun punto os de Rafa Casanova antes de visitar ao Atletico Escairón, equipo que ten a mesma puntuación. Xogaron Paco, Otero (Criado 65´), Berto, Rey (Jaime 80´), Montes, Traba, Bellas, Vilela, Yáñez (Moreda 71´), Toni, Julián.
















































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-IES CORUXO FS (1-1)
Empate do Esteo no debut nas Somozas nun encontro no que dispuxo de moitas ocasións
O Esteo debutaba este sábado como local, o que é un dicir, pois o facía no Pavillón Municipal do Concello veciño de As Somozas. Tras perder 6-2 en Segovia, os ponteses recibían ao Coruxo da maravillosa cidade viguesa.
E marcharon ao descanso con ventaxa no marcador cun gol de Guillán mediadio o primeiro tempo, e puido ser máis pois un xogador olívico foi expulsado pero non souberon sacar rédito dos dous minutos cun xogador máis.
Trala reanudación voltou o Esteo a ter moitas ocasións, incluso reclamaron un penalti por man na área visitante, pero faltando tres minutos nunha acción na que se lesionou Guillán, seguiu o conxunto vermello a xogada logrando o empate de forte disparo Quique.
A pesar diso, antes do remate, aínda tivo dous disparos ao poste o conxunto de Marcos e Senén, pero nun partido no que O Esteo puido gañar ben, tivo que dar por bo o empate pois co tempo cumprido un atacante do Coruxo quedou so ante Failde afortunadamente mandando o balón por alto.
Primeiro punto do conxunto pontés antes de visitar ao Unión Arroyo de Valladolid.
O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Guillán, Héctor, Troncho – Jhony, Alberto, Jandro, JFaílde, Dani.
IES CORUXO. Toni, Berto, Iago, Quique, Alexis Papa – Bruno, Rodri, Parra, Camilo, Pablo, Cerve, Jorge.
GOLES. 1-0, Guillán (12´). 1-1, Quique (37´).
Incidencias. Amarela a Jandro. Vermello directo ao visitante Rodri (16´). Uns 100 espectadores no moi coqueto pero pequeño pavillón somocense.














































Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández
—