CD As Pontes Feminino

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 2 – CD SANTABALLÉS 2

Empate no Poboado nun vibrante derbi

Reparto de puntos no “derbi” disputado hoxe no Campo do Poboado nunha mañá soleada entre o As Pontes e o Santaballés.

Pese á cercanía de ambas localidades, este era só o terceiro encontro oficial entre ambos conxuntos. Os dous equipos se enfrontaron na 2009-10, o ano do penúltimo ascenso do As Pontes a Terceira División.

Tamén fora na cuarta xornada, que o Santaballés lograra un meritorio 0-0 no Poboado, sendo o resultado de 0-4 no encontro disputado en terras lucenses, nunha magnífica segunda volta do cadro azul, que só cedera unha derrota en Betanzos, acabando por ascender acompañando ao Mesón do Bento, ambos con 84 puntos.

O equipo de Rafa Casanova foi a remolque todo o encontro, pois os vermellos adiantaronse por dúas veces, por mediación do pequeno e habilidoso Novas, que anotou un penalti ao pouco do comezo, e Hugo, apenas reiniciado o segundo período.

Pero a pesar de conseguir empatar en ambas ocasións por medio de Bellas e Moreda, non logrou culminar a remontada o equipo azul pese a levar o peso do partido todo o encontro ante un Santaballés ben ordenado atrás que buscaba algunha contra perigosa e que pasaran os minutos.

Cun forte disparo de Toni que milagreiramente desviou a córner Ivo, rematou o encontro, e con cinco puntos os locais, visitan ao Foz na vindeira xornada.

Xogaron Paco, Criado, Berto, Iván (Jaime 66´), Montes (Moreda 50´), Rey (David 50´), Julián, Vilela (Traba 69´), Yáñez (Sergio 50´), Toni, Bellas.

Polo bando visitante Ivo, Serra, Chechu, Ferreiro (Mito 61´), Jandro, Muñiz, Vérez, Diego, Palomo (Casas 77´), Novas (Fran 90´), Hugo (Martín 64´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-SALA OURENSE (3-4)

Perdeu O Esteo nas Somozas a falta de once segundos para o remate

Triste final no encontro disputado onte nas Somozas no que o Esteo perdeu 3-4 cun gol faltando once segundos.

Na primeira metade adiantabanse os ourensáns, pero empataba pouco despois Jandro. Voltaban a poñer terra de por medio os visitantes con dous goles consecutivos, pero recurtaba distancias co 2-3 Cokito antes do descanso.

Trala reanudación, os últimos tres minutos foron moi intensos, xa que o Esteo empatou aproveitandose dos dous minutos cun xogador menos por expulsión do número 20 dos visitantes, gracias a un gol de forte disparo do gran Jhony dende fóra da área.

Pero os ourensáns souberon aproveitar unha boa xogada de 5 para 4, na que rematou libre de marca chegando só ao segundo pau Raúl, que era o que facía de porteiro xogador, e aínda habendo desaproveitado antes unha falta directa. Colista cun punto visita a complicada cancha coruñesa do Ventorrillo.

O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Guillán, Héctor, Jhony – Jandro, JFaílde, Dani, Eloy.

SALA OURENSE. Dani, Raúl, Guerra, Bermejo, Arturo – Gus, Fer, Igor, Iago.

GOLES. 0-1, Fer (4´), 1-1, Jandro (5´), 1-2, Gus (13´), 1-3, Arturo (14´), 2-3, Cokito (19´). 3-3, Jhony (38´), 3-4, Raúl (40´).

Incidencias. Amarelas a JFailde, Héctor, Jandro, Cokito, Dani, Gus, Raúl. Expulsados o adestrador Marcos Leal por vermella directa (39´) e o visitante Arturo por doble amarela (38´). Uns 100 espectadores en tarde soleada que coincidía cun Somozas-Bouzas.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Futbol Sala As Pontes, Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s