CD As Pontes Feminino

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-RACING DE MIERES FS (2-0)

Agónico e vital triunfo do Esteo que anotou o 2-0 faltando tres segundos

Décimo segundo encontro do Esteo a domicilio, e vital triunfo ante un rival directo pola permanencia, o Racing de Mieres, único conxunto da categoría pertencente ás maravillosas terras asturianas.

Os de Marcos e Senen marchaban ao descanso con ventaxa tralo tanto de Cokito e no segundo tempo puido ampliar a ventaxa Alberto, pero o balón rebotoulle no corpo hacia fora, en lugar de cara a porta co porteiro xa vencido. Pero tamén resbalou Héctor e coa porta baleira un visitante enviaba o balón á cruceta.

Picou o balón Cokito ante a saída do gardamallas asturiano pero o balón marchaba lamendo o poste, e despois quedaba só Alberto, pero foiselle o balón no intento de regate ao porteiro. Mentras, Failde desbarataba calquer opción visitante.

Nos últimos minutos susfriuse co 5 para 4 dos visitantes pero apenas faltando tres segundos Alberto roubaba o balón e dende media pista facía o 2-0 definitivo que daba tres puntos vitais ante un rival directo, que os sitúa con 14 puntos antes de recibir ao ex líder Guardo.

O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Alberto, Jhony, Troncho – Héctor, JFailde, Jandro, Dani, Eloy.

RACING DE MIERES FS. Santi, Fredi, Manu, Rober, Josu – Izan, Vilen.

GOLES. 1-0, Cokito (10´). 2-0, Alberto (40´).

Incidencias. Amarelas a Troncho e Alberto. Uns 100 espectadores no Pavillón das Somozas.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

COPA FEMININA FERROL FÚTBOL 7. CD AS PONTES 2 – SD CULTURAL MANIÑOS 1

Fútbol feminino no Puentes Durán case 22 meses despois

Voltou o equipo feminino a xogar un partido oficial en As Pontes case 22 meses despois, en concreto o último fora un 15 de Febreiro de 2020, que o gran Óscar Freire cumpría 44, cun 1-4 ante o Galicia Caranza, e fixerono remontando nos últimos minutos ao histórico Maniños para impoñerse por 2-1.

Un gran remate de cabeza de Paula Castro tras saque de córner de Carlota facía o empate, e despois nunha magnífica xogada a capitana regateaba a unha defensa e colocaba moi ben o balón a onde non podía chegar a porteira visitante para facer o 2-1 definitivo.

Terceiro triunfo do equipo de Iván Rodríguez, que xa gañara nos partidos a domicilio contra Caranza (0-1) e Rosalía (1-4). Xogaron Iria, Yoli, Indira, Noelia, Nerea, Paula, Carlota, Silvia, Uxía e Xeila.

Resaltar a volta da gran Silvia Caaveiro, que fora central-lateral esquerdo no equipo feminino de fútbol-11 durante moitas temporadas, dun equipo feminino do que dos seus inicios so quedaba Carlota trala retirada de Leti.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – SD RESIDENCIA DE LUGO 1

O As Pontes remata a primeira volta con 13 puntos

Reparto de puntos no encontro desputado este mércores no Campo de O Poboado, con dúas partes ben diferenciadas.

Na primeira de dominio lucense, por certo, co mítico Poratti aos seus 42 no campo, que se adiantaron cun bo tanto pola escadra de Xabi, de disparo dende o borde da área, e outro xogador visitante en posición inmellorable na área pequena colocou en exceso e o balón marchou a rentes do pau.

No segundo período foron os ponteses os que levaron o peso do partido e empataron por mediación de Aitor Moreda e cun cuarto de hora por diante buscaron o segundo nos minutos finais embotellando ao cadro visitante pero ao final houbo reparto de puntos.

O As Pontes remata a primeira volta con 13 puntos, e coa fusión dos dous grupos, momentáneamente estaría cinco puntos por riba dos seis descendidos. Próxima xornada reciben ao San Tirso de Abegondo, que suma 19.

Primeiro empate no Poboado entre ambos co referente do 5-0 da 2017-18. Xogaron Paco, David (Jaime 68´), Alberto, Vilela, Montes, Traba, Brais (Edgar 68´), Toni, Moreda, Sergio, Bellas.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s