—

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-GUARDO FS (6-3)
Importante triunfo do Esteo nas Somozas ante o segundo clasificado
Triunfo moi importante e sufrido do Esteo este sábado nas Somozas ante o segundo clasificado, o Guardo, por 6-3. Os ponteses van rematar 2021 habendo xogado por última vez en As Pontes un 17 de Maio cun 2-3 ante o Unión Arroyo.
Nada que ver este partido co encontro disputado a campaña pasada no que o conxunto palentino gañara 0-7 na Fraga asegurando o título de Liga.
A primeira metade rematou con táboas, pero no inicio da segunda, tras unha boa asistencia de Troncho marcaba Guillán, e pouco despois o propio xogador pontés marchaba só, e o seu disparo desviabao un defensa colándose por entre as pernas do porteiro visitante.
Pero os castelans leoneses trataron de recurtar distancias buscando que non se marchara moito na clasificación o histórico Santiago Futsal, e mediada a segunda parte empataron por medio de Beto, que logrou batir a Failde, que salvou moitas ocasións, incluso marcou un gol.
Pero dende o borde da área, revolveuse de espaldas a portería Cokito, e pese a desviar un pouco o porteiro o balón acabase colando pola escadra tras petar na cruceta. O propio Cokito servialle unha boa asistencia a Troncho para facer o 6-3 que resultou ser definitivo a pesar do perigoso xogo de 5 para 4 dos amarelos.
Nunha clasificación moi apretada por abaixo, O Esteo é noveno sumando 17 puntos antes do trascendental derbi ante o Cidade de Narón, que ten 12.
O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Héctor, Alberto, Troncho – Jhony, Jandro, Guillán, JFailde, Dani.
DEPORCYL GUARDO FS. Gómez, Beto, Iván, Corral, Raúl – Chefo, Beto, Chochi, Davicín.
GOLES. 1-0, MFailde (3´), 1-1, Davicín (4´), 1-2, Beto (5´), 2-2, JFailde (7´). 3-2, Guillán (21´), 4-2, Troncho (24´), 4-3, Beto (31´), 5-3, Cokito (36´), 6-3, Troncho (38´).
Incidencias. Amarelas a Jandro, Guillán, MFailde, Chochi, Iván. Uns 50 espectadores no Pavillón das Somozas.


















































Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández
—

LIGA GALEGA XUVENIL. CD AS PONTES 2 – SD SAN TIRSO 2
Última xornada da primeira volta
Empate do Xuvenil pontés no encontro disputado esta tarde no Campo Anexo Jose ante o equipo de Abegondo.
Igualada que deixou un mal sabor de boca, pois os locais adiantaronse con tantos de Samuel e Xoel, e dispuxeron de ocasións, pero os verdes empataron nos últimos minutos.
Son oitavos con 9 puntos antes de comezar a segunda volta recibindo ao Ribadeo.



































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—

LIGA GALEGA VETERANOS. CD AS PONTES 12 – AD CARNOEDO 2
Partido sábado á noite no campo artificial
Triunfo do equipo pontés de veteranos no encontro disputado este sábado xa de noite no Puentes Durán. O partido correspondía xogalo en Carnoedo pero por non haber disponibilidade de campo xogouse en As Pontes.
Triunfo plácido do equipo dirixido por Felipe Mieres con tantos, a metade de Iván Ferreiro (6), e tamén Púas, Berto, Rivas, Couso, Felipe e Alberto.
Tralo triunfo 3-2 na primeira xornada ante o Sigras, próxima visita ao outro Carnoedo do grupo, o Mariñas Sada.








































Nova cortesía de Xose Ferreiro
—