CD As Pontes Feminino

SEGUNDA DIVISIÓN B. O ESTEO FS-SANTIAGO FUTSAL (1-3)

Derrota moi inxusta do Esteo ante o líder nas Somozas

Remataba a primeira volta, así como comezaba o 2022, o Esteo, xogando nas Somozas ante o histórico Santiago Futsal, Campión de Copa 2006, Supercopa 2010 e Recopa de Europa 2007 entre outros moitos logros.

E marchaban ao descanso os locais 1-0 tras aproveitar Cokito un balón morto na área, pero ao pouco da reanudación tras saque de córner remataba só na área Pablo logrando o empate.

De ahí ao final o Esteo dispuxo de moitas ocasións, salvadas por Brais. O porteiro burelés que se dera a coñecer naquela final do Campionato de Españal Sub20 gañado 4-3 en Santiago en 2010 con doblete de Quintela e Míguez  á Ceuta de Hamza Maimon na que Brais tivera bastante protagonismo, e que despois pasou pola Primeira División no Parrulo e na Segunda categoría no Noia e no propio Santiago.

Tras desbatarar varias ocasións o cancerbeiro mariñán, o último minuto foi para esquecer cos visitantes sacando rédito do 5 para 4 en ambos sentidos, co segundo tanto en propia meta, nunha vitoria bastante inmerecida. Comezo da segunda volta recibindo ao Segosala.

O ESTEO FS. MFailde, Cokito, Alberto, Jhony, Troncho – Guillán, Héctor, Jandro,  JFailde, Dani.

SANTIAGO FUTSAL. Brais, Adrián, Buján, Javi, Pablo – Pedro, David, Antonio, Luis.

GOLES. 1-0, Cokito (13´). 1-1, Pablo (23´), 1-2, Pablo (39´), 1-3, Javi (40´).

Incidencias. Amarelas a Alberto, Troncho e Antonio. Uns 70 espectadores no Pavillón das Somozas.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

PREFERENTE. CD AS PONTES 3 – ATLÉTICO ESCAIRÓN 0

Sufrido triunfo dun As Pontes que sentenciou nos últimos minutos

Sufrido triunfo do As Pontes en O Poboado ante o último clasificado Escairón, a pesar do abultado do marcador, nun encontro decidido nos últimos minutos.

Os locais, a pesar de non xogar un gran encontro, levaron o peso do partido, pero os visitantes plantaron cara os 90 minutos. No primeiro período resaltar un tiro ao traveseiro de Dani Bellas (34´), o xogador máis participativo do cadro local, pois xa anteriormente un cabezazo seu era despexado con apuros por Marcos Macia (28´).

No segundo tempo os azuis foron a pola vitoria, e mediado o segundo acto, o recén ingresado Brais, internase por banda esquerda, e o seu forte disparo raso acaballe pasando por baixo do corpo a Macía establecendo o 1-0 (66´).

Pero os visitantes, que non renunciaban a nada, subiron liñas en busca de rabuñar un empate. Nunha xogada na que Moha marcha só acábase escorando e disparando frouxo a mans de Paco (85´). Anteriormente puido sentenciar Sergio, pero o seu remate marcha lamendo o pau (80´).

Non foi ata os últimos instantes que o cadro de Rafa Casanova sentenciou o encontro. O segundo tanto faciao o lateral Berto que se incorporaba ao ataque por banda esquerda e desde o borde da área lanzaba un balón curvado que se acaba colando pola escadra no segundo pau (87´). Curioso caso o do zagueiro ferrolán, que na súa terceira tempada no As Pontes suma tres tantos e os tres ante o cadro lucense, con dous no 0-5 da primeira volta.

Xa co tempo cumprido, o ex do Vilalbés Aitor Moreda anotaba de cabeza, libre de marca, tras saque de córner, o 3-0 definitivo (93´), nunha xogada na que xa anteriormente puido haber anotado Javi Rey.

A continuación o colexiado sinalou o final. O As Pontes segue na novena praza, xa con 16 puntos, antes do derbi co Santaballés. Segundo encontro oficial no Poboado co Escairón, tralo 5-1 na 2017-18.

CD As Pontes. Paco, Criado, Berto (David 88´), Vilela (Edgar 55´), Montes, Traba (Iván 40´), Jaime (Brais 55´), Toni, Moreda, Sergio, Bellas (Rey 78´).

Atlético Escairón. Marcos, Rubén, Arca, Arias, Diego, Aitor (Mawdo 23´), Felix (Antonio 88´), Óscar, Moha, Toto, Chave.

Goles: 1-0, Brais (66´), 2-0, Berto (87´), 3-0, Moreda (93´).

Árbitro: Rodríguez Munín (Santiago). Auxiliado por Castro Castro e Vilas Lorenzo. Amarelas a Montes e Jaime.

Incidencias. Campo de Ou Poboado. Uns 50 espectadores en tarde fría e chuviosa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Esta entrada foi publicada en Novas equipo masculino C.D. As Pontes. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s